lunes, 3 de agosto de 2015
Louselas, o libro
O próximo venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas na librería Casa das Letras de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro "Louselas (Ribadeo, Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica", de Eduardo Ramil Rego e Jose Ramil Soneira.
Os datos que temos sobre os inicios da poboación humana na rexión cantábrica son escasos, a pesar dos moitos vestixios atopados en diferentes depósitos. A maioría dos estudos coñecidos son parciais e pouco exhaustivos. Esta publicación é un fito na investigación, é a primeira vez que se presenta en Galicia unha monografía científica sobre un xacemento do Paleolítico Inferior.
O xacemento de Louselas (Ribadeo) está situado preto da saída da ría de Ribadeo. Nel recuperouse o maior número de ferramentas achelenses da rexión Cantábrica, atribuída a unha fase pouco evoluída, con escasa representación na Península Ibérica, e que permite propoñer unha antigüidade de 450.000 anos para o xacemento. Os homínidos que se estableceron en Louselas corresponderían á especie Homo Heidelbergensis, portadores da cultura Achelense.
A presentación do libro é unha actividade organizada por Mariña Patrimonio, Casa das Letras, A. C. Francisco Lanza e Asociación de Veciños O Tesón
jueves, 16 de abril de 2015
domingo, 12 de octubre de 2014
Borrador da acta da asemblea xeral mantida o 20141011
Asamblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Alto do Cantón Bar,
20141011, 20:00, con asistencia de 5 socios.
Antes
de comezar decídese trasladar a asemblea ó alto do Cantón bar.
1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior
Dáse
por lida a acta anterior e é aprobada por unanimidade.
2.Memoria
de actividades e balance económico do ano ata o presente
Pásase
revista ás actividades relacionadas coa asociación e realizadas
dende a última asemblea, entre outras:
A
denuncia pública da terraza do xardín, as alegacións ó Peprich, a
petición de exposición das vidreiras da capela do cemiterio antes
da súa exposición, a polo momento fallida viaxe a Burela, o estado
das obras da residencia de maiores, as xornadas Ribadeo a Debate, as
dúas xuntanzas da mesa de asociacións, o destino das preguntas
realizadas ó pleno do concello, a rectificación da inclusión de O
Tesón como participante na plataforma Ribadeo en Común, a nota
resume do pasado ano e o noso xuízo sobre o plan preliminar para As
Catedrais.
Faise
un resume xeral, incidindo en que o concello non da unha resposta
real ás numerosas interpelacións que levamos feito, non tendo
avanzado no Regulamento de Participación Cidadá.
No
mesmo punto pásase revista ó balance económico, co resultado embaixo referido, punto é aprobado
por unanimidade e no que hai que resaltar unha devolución pendente ó noso favor de 198 €, non incluída.
A
31/12/12 había un saldo de 6 909,68 €
Saídas:
4 066,69 €
Entradas:
3 742,80 €
Saldo
a 31/12/13: 6585,79
A
raíz da exposición das contas comentouse o fracaso económico da
publicación das cartas da ría de Ribadeo, que se tentará dinamizar
mediante a súa venda noutros lugares, como a oficina de turismo e
a rede galega de venda a distancia Biblos.
3.Próximas
actividades e previsións de ingresos e gastos
Decídese
de xeito unánime manter o orzamento de cara ó próximo ano, e tamén
continuar coa sucesión de actividades de anos pasados, incluíndo
dúas actividades culturais, unha no outono e outra na primavera. A actividade deste aoutono, aínda por rematar de programar, será un ciclo de cine comprometido.
4.Rogos
e preguntas
Coméntase
sobre o estado final das vidreiras do cemiterio, inaccesibles para unha
revisión detallada despois da súa colocación, pero aparentes, e o cambio
contractual das
sepulturas no cemiterio, que haberá que mirar máis de detalle, carecendo
de coñecementos legais para facelo.
Ás
20:40 dáse por concluída a Asemblea.
domingo, 21 de septiembre de 2014
Rectificación sobre afirmacións verquidas nos medios en relación a O Tesón e a Plataforma veciñal
Nota
de prensa
20140914
A
raíz de reiteradas notas nos medios nos que se a da nova da
constitución dunha plataforma cidadá, dende O Tesón queremos
axustar o seguinte:
1.Ás
xuntanzas mantidas teñen asistido membros de O Tesón e da súa
directiva.
2.En
tódolos casos fixéronno a título particular.
3.O
anterior foi mesmo expresado públicamente nunha xuntanza por unha
persoa encargada de facelo, aclarando que despois de ser tratada en
directiva a invitación, O Tesón ve con simpatía un movemento que
se entende que ten como base a participación cidadá, pero non pode
verse involucrado como parte.
4.Dentro
de O Tesón hai xente con diversas posturas e simpatías políticas,
polo que sería unha incongruencia asociar o nome do Tesón co dunha
única entidade que ten as miras postas na política dunha
institución como o concello.
Somos
conscientes, como sabemos se dixo tamén na xuntanza da plataforma,
que unha entidade que se está a formar pasará por diversos
avatares. Entre eles, o sufrir deformacións da información
existente sobre ela, e nese sentido, dende O Tesón estamos disposto
a asumir outra vez máis o risco de que as nosas propias accións
podan ser malinterpretadas: o único xeito que hai de evitalo sería
non actuar. E iso, nunha asociación nada para actuar a favor de
Ribadeo, iría contra os nosos principios.
viernes, 5 de septiembre de 2014
Unha lembranza arredor do regulamento de participación cidadá
'Historia' da
'participación
cidadá' en
Ribadeo neste
século:
A proposta de Regulamento Orgánico de Participación cidadá presentada pola Mesa de asociacións en setembro de 2010
Proposta de Regulamento Orgánico de Participación cidadá (aprobada inicialmente en xaneiro de 2011 coa inclusión da difusión vía web no art. 11)
A proposta de Regulamento Orgánico de Participación cidadá presentada pola Mesa de asociacións en setembro de 2010
Proposta de Regulamento Orgánico de Participación cidadá (aprobada inicialmente en xaneiro de 2011 coa inclusión da difusión vía web no art. 11)
O
regulamento de
Allariz, de
hai 20 anos: http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/08/participacion-cidada-non-esta-de-moda.html
lunes, 1 de septiembre de 2014
Proposta de presentación para unha plataforma cidadá en Ribadeo (20140901)
Atención: é unha proposta para discutir na xuntanza do 2 de setembro, 20:30, no Cantón bar.
Proposta de
presentación para a xuntanza do 2 de setembro
O motivo desta xuntanza
é botar a andar un proceso colectivo que teña como finalidade poñer
en mans da veciñanza o goberno do concello de Ribadeo.
Algo que, dito así,
pode parecer a presentación doutra candidatura electoral mais que se
sume ás xa existentes, pero que quere ir moito mais alá, pois nace
da necesidade de rachar coas formulas de participación e de
representación política ás que estamos afeitos para construír
unha verdadeira alternativa cidadá.
Para quen se achegue
despois de ler na prensa, ou escoitar nalgún medio, que a proposta
responde ao interés dalgún grupo ou partido político, tamén é
obrigado facer algunha aclaración, pois esta vai ser, seguramente,
unha batalla na que nos teñamos que empregar a fondo se queremos
chegar cunha mensaxe clara e nítida a toda a veciñanza.
É certo que no grupo
promotor houbo persoas que pertencen a partidos políticos, do mesmo
xeito que houbo persoas que pertencen a outras organizacións de
carácter veciñal, sindical, etc., e mesmo quen actuou de xeito
individual; en calquera caso, a partir desta primeira xuntanza
aberta, onde todo está por decidir, as formas de interactuar a nivel
individual e a nivel grupal están supeditadas ao consenso e en
ningún caso deberían ser un tropezo para a horizontalidade que se
desexa neste proceso, pois iría en contra da esencia mesma da
plataforma.
Polo tanto, a propia
plataforma debera ser garante que calquera persoa poida propoñer e
traballar en pé de igualdade coas demais.
En definitiva, seremos
o que nos queiramos ser, aínda que non vai ser doado escapar das
etiquetas que, posiblemente, nos poñan desde diferentes medios ou
desde algunha organización que defende o xeito tradicional de facer
política.
Dentro das motivacións
que levaron a facer esta convocatoria, e antes de comezar co proceso
de construción colectivo, cómpre comentar unha serie de impresións
das que vos queremos facer participes e abrir debate.
Entendemos que o
sistema actual de representación e de participación política non é
garante de democracia.
Un sistema que promove
o abstencionismo político durante o período que comprende entre
eleccións e que unicamente atende á importancia da participación
para esas datas concretas -as “festas da democracia”- non pode
selo.
Cada catro anos
firmamos un cheque en branco a un grupo de persoas que terán que
decidir por nos, no mellor dos casos en base a unha especie de
contrato verbal, que se chama programa, e no peor, en base a
criterios persoais ou impostos polas súas estruturas de partido,
compostas xeralmente por persoas alleas á realidade local.
Sen entrar a valorar o
labor de ninguén e aínda presupoñendo as boas intencións e o
esforzo que supoñen estas tarefas de representación, estamos
seguros que o feito de afondar na idea de "suxeitos pasivos",
que delegan a súa responsabilidade á sorte da honestidade e o bo
facer dos políticos de oficio, é a verdadeira causa dos males dos
que adoece un sistema que se da en chamar democrático, pois,
posiblemente, desa falta de garantías nacen o clientelismo, a falta
de transparencia, o despotismo ou, mesmo, a intransixencia para
opcións alternativas.
Por dicilo doutro
xeito, a nosa proposta non quere estar fundamentada na oratoria nin
na pretensión de convencer a ninguén de que temos mellores ideas e
mellores formas de xestionar, se non, sinxelamente, en mudar os
métodos democráticos e procurar que os nosos representantes atendan
directamente á voz do pobo dentro dunha lóxica de procura do ben
común.
Pero, para mudar esta
visión monolítica de entender o exercicio político, é dicir, para
botar abaixo ese muro que separa aos gobernantes dos gobernados,
cómpre desfacernos tamén dalgunha das ideas que, querendo ou sen
querer, temos aceptadas no imaxinario colectivo como insalvables.
A primeira delas é a
de que o único vehículo posible para empoderar á cidadanía e
acceder as institucións públicas, son os partidos políticos.
Os partidos políticos,
sen negar a súa utilidade en determinados contextos, a maioría das
veces rematan por ser un fin en si mesmo e converten o goberno do
pobo nun goberno dunha minoría dominante, rexeitando calquera forma
de participación cidadá para seguir salvagardando os seus
privilexios como organización.
Para evitar esta
fórmula, a lei orgánica do réxime electoral xeral ofrece a
posibilidade de presentarse ás eleccións cunha figura xurídica que
ten por nome "Agrupación de electores".
Seguindo os
procedementos axeitados, para o que non fai falta nin darse de alta
como asociación, poderíamos presentarnos ás eleccións do concello
de Ribadeo cun aval mínimo de 100 firmas, e unha lista de 15
persoas como candidatos.
Pero a proposta de
crear unha plataforma veciñal vai moito mais alá que a de de
configurar sinxelamente unha candidatura veciñal.
A plataforma, como
dicía ao principio, ten como finalidade impulsar un proceso de
construción colectiva que se preocupe primeiramente de crear unha
nova estrutura de goberno en base ao asemblearismo.
Polo tanto, e aínda
que todo está por decidir, o obxectivo principal da convocatoria é
convidar a toda a veciñanza a participar da creación dese engranaxe
de asembleas onde calquera asociación, ou veciño a nivel
particular, organizados en grupos de traballo, sectoriais ou
territoriais, poda participar na toma de decisións e poda ter
cumprida información da xestión que se está a realizar.
A agrupación de
electores, neste proceso, é so un eslavón mais na cadea, e a
elección dos representantes neste caso, ao contrario da formula de
partidos, debe responder unicamente ao criterio popular.
Isto, seguramente,
requirirá dun exercicio de xenerosidade e intelixencia para atopar
entre nós ás persoas que están en mellor disposición para asumir
certas responsabilidades, pero o verdadeiro traballo está detrás,
no dia a dia da plataforma e das asembleas, onde, cada quen, ademais
de exercer a súa corresponsabilidade como veciño, terá a
oportunidade de poñer ao servizo do común a súas capacidades.
Para ir rematando, é
posible que alguén bote en falta dentro desta proposta uns
principios básicos ou fundamentos ideolóxicos; como todo está
aberto aínda, cómpre dicir que esta cuestión se irá traballando
en base ao debate e ao proxecto de futuro deseñemos para o noso
concello.
Abonda saber, polo de
agora, que quen participe desta plataforma o fai movido por un ideal
de xustiza, solidariedade e de procura do ben común por diante do
interese particular ou dunha organización concreta.
Isto xa é en si mesmo
un posicionamento de partida pois, sabendo das practicas habituais
cas que convivimos, temos abondo argumentos e exemplos para definir
un punto de non retorno.
Finalmente, tamén é
importante dicir que aínda que o traballo non vai ser nada doado,
por aquelo de que construír un modelo sempre é mais custoso que
destruílo, a nosa idea forma parte dun xeito de entender a política
ao que lle chegou o seu tempo, e existen unha morea de experiencias
similares que se están poñendo en marcha nas que nos podemos
apoiar, das que se pode aprender e mesmo interactuar para facer este
camiño.
sábado, 2 de agosto de 2014
Resume da xuntanza entre representantes da Mesa de Asociacións e alcalde (20140801)
Nota de
prensa
Xuntanza
de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía
Ribadeo,
20140801
A última hora do venres
1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a
xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde,
acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
A xuntanza, que durou
preto de dúas horas, fora preparada por seis das asociacións
participantes o pasado sábado, acordando presentar a serie de temas
que foron tratados.
O ambiente foi tranquilo,
de confianza e colaboración, sempre tendo en conta que é no día a
día no que se poden amañar as cousas, sendo o intercambio de ideas
e pareceres o xerme para ese traballo diario, para o que non soe
haber solucións milagreiras.
O primeiro tema tratado
foi o regulamento de participación cidadá, posto enriba da mesa
polas asociacións hai máis de media década e do que houbo un
proxecto que tivo aprobación inicial do pleno, pero non chegou á
aprobación definitiva polas alegacións presentadas. De novo
brindouse o apoio asociativo para facer un documento que se considera
moi importante para a calidade democrática dun concello, pasando
dunha relación fluída que depende das circunstancias a algo cunha
base normativa. Nese sentido, o alcalde apuntou que o tema podería
tratarse de novo no próximo pleno ordinario, se ben sen ser un
compromiso. Si apuntou que daríase difusión ás convocatorias dos
plenos na procura de que os veciños teñan un mínimo de información
sobre a xestión dos asuntos do concello que neles se trata.
Asemade, e mentres non hai novidades no regulamento, ó final da
xuntanza quedouse en que o primeiro fin de semana de setembro teríase
outra para tratar os temas que daquela se estimen.
Pasouse logo a outro
conxunto de temas relacionado coa construción, dende a terraza con
baseamento de formigón no xardín ata o tratamento das licenzas de
obra, pasando pola construción da residencia, cos problemas cos
acuíferos e depósito de materiais en Sta. Cruz. Sendo temas ben
diferentes, e polo tanto, con solucións diferentes, pediuse en
conxunto unha maior atención, e dalgún xeito, coordinación entre
alcaldía, gabinete técnico e policía local. O conxunto foi
rematado lembrando que varios colectivos teñen presentado alegacións
contra o PEPRICH. Respecto a este último, o alcalde indicou que ó
rematar o prazo de alegacións particulares pasarían a un estudo das
mesmas, indicando os representantes societarios que quizais fora boa
idea comezar de novo e facer as cousas ben dende o inicio, dado os
múltiples erros que se estiman.
O verquido producido no
CAVI e as súas consecuencias foi tratado, tendo en conta que o
centro de alimentación de vacuno irmandiños (CAVI) está en
Barreiros, non en Ribadeo, pero as augas verquen cara ó encoro de
Lexoso, que contribúe á rede pública ribadense. Apúntase que xa
hai varios anos que foron denunciados verquidos, e que en datas
parellas ás últimas denuncias, apareceron peixes mortos no pequeno
encoro que hai no río grande en Cedofeita, o que se ben non parece
ter relación con dito verquido, tampouco é a primeira vez que
ocorre. Tamén foi tratado un problema menor de medio ambiente, o
cheiro dos contedores en particular nalgúns lugares das parroquias.
Denunciouse que a estrada
da Deputación á entrada de Ribadeo necesita un bo repaso, xunto coa
nivelación de arquetas na mesma á beira do Colexio Público.
Sendo os anteriores os
temas tratados na xuntanza previa da Mesa de Asociacións,
abordáronse outros, como o estado do tema dos xulgados, tanto de
Mondoñedo como da hipotética volta a Ribadeo, en relación coa
aparición do alcalde na prensa hai non moito tempo, o estado da rede
de abastecemento de auga, necesitada dunha renovación integral, ou
da relación entre Ribadeo e a Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)