viernes, 30 de diciembre de 2011

Denuncia presentada

Os galos levan dende antes do verán, e as queixas tamén.

viernes, 28 de octubre de 2011

Sobre a Sanidade pública

Onte tocoulle ó desmantelamento progresivo da sanidade pública. Centos de manifestantes en Burela contra os recortes sanitarios, titula hoxe a prensa. Pancho Campos, Presidente de O Tesón, leeu o comunicado.
O caso é que en tódalas áreas sanitarias de Galicia houbo manifestación. En todas, dous puntos fundamentais:

- A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos

- Frear os recortes dos mesmos
A plataforma SOS Sanidade Pública considera que o sistema sanitario público está en risco real de deterioración e privatización ó ir cambiando o modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade as consultas e a calidade das prestacións, levadas a cabo con recursos públicos, cara a outro con lagoas n súa universalidade, discriminatorio, non grtuíto e onde os recursos públicos se usan com axuda á privada.

A crise económica está sendo utilizada para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros en Galicia) e nos servizos sanitarios públicos como son a paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros, centrais de chamadas ou as redes informáticas.

A sanidade pública galega achégase perigosamente ao punto de non retorno que só unha gran mobilización de toda a sociedade pode frear.
Preténdese apoiar un sistema sanitario de calidade, eficiente e accesible como o que gozamos e que é absolutamente sostible (como está demostrado ... sempre que haxa unha vontade)

miércoles, 12 de octubre de 2011

Sobre as vidrieiras e declaracións do alcalde

A AVV O Tesón xa dispuxo as participacións da lotería do Nadal. Cada participación do nº 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresión sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor conservada e dous anacos con múltiples desperfectos. O que se pretende con esto é precisamente unha lembranza de que as vidrieiras da capela do cemiterio ribadense foron arrasadas e polo momento que se saiba non hai solución en canto a procura de causas, responsabilidade, legalidade ou reposición ó estado anterior.
A conta desto último, da reposición, o alcalde leva citado varias veces un orzamento orientativo de 16 000 €, a última segundo a prensa hai un par de días cando esto escribo. Dende a asociación botamos as nosas contas e non nos saen. A falta de datos sobre custe inicial das vidrieiras hai cousa de oitenta anos, e doutros moitos datos que nos farían falla para facer un cálculo de base histórica, ou da disposición dos anacos para as consultas pertinentes a especialistas, só se poden facer algunhas contas indicativas. Pero iso si, contas, non contos.
Son oito vidrieiras as afectadas (os rosetóns non pasaron polo calvario), cada unha cunhas 600 pezas. E cada peza, cun tratamento particular, podemos especular que non saería nunha tenda actual a menos de 30 € de media (para pezas únicas ou de tirada moi limitada, non parece excesivo...). Ó anterior, habería que engadirlle non só a montaxe da propia vidrieira, senón tamén a colocación, pero sobre todo, o redeseño de cada unha das pezas e da vidrieira enteira. Se se botan contas, deixando a parte todo o tratamento citado, isto é, tendo só en conta o valor de fabricación das pezas, saen 8 x 600 x 30 = 146 000 €. Ou sexa, que, sen os cuantiosos 'flecos' que quedan a unha beira, unha estimación de custo implicaría unhas dez veces máis cartos que a cantidade da que fala o sr. Alcalde. Ou, o que sería semellante, habería que baixar o custo por anaco ata 3 € para facer as contas anunciadas por el. Onde están esas gangas?
Quizáis non sobre o dicir que 'unhas vidrieiras' seguramente se podan conseguir aínda por menos da cifra que propón o rexedor (de feito, coido que se manexaba unha segunda cifra uns 2 000 € inferior), pero trátase de facer unha reposición, non un engano. Así pois, para que serían eses 16 000 €?
De calquera xeito, e con ser moi importante, hai que lembrar que non se trata tanto ou só diso, da reposición, senón de mirar cara ó futuro e evitar outros males semellantes. Trátase de que 'quen as fixo, as pague', si, pero iso só serve para unha vez, co que non sería abondo cara á prevención. Niso, na prevención, está o que os feitos non se repitan, pero é algo que parece estar aínda lonxe. Mentras, o que se leva dito nas intervencións do alcalde para aclarar os feitos non aclara moito; é máis, quizáis sen pretendelo deixa polo camiño un mar de dúbidas polas lagoas de acción, comunicación ou resultados que van quedando. Algo que dun xeito ou outro afecta ou debera afectar a tódolos electos na corporación.
Máis sobre as vidrieiras:
Nota de publicación de referenza
A primeira nota no blog
Ideas para a recuperación
e moitos máis ... (polo momento)

sábado, 8 de octubre de 2011

Últimas actividades

Onte tivo lugar a primeira das charlas do ciclo "Ribadeo e ... 2011", anunciada polo cartel
Cartel correspondente á charla de onte
Cunha asistencia escasa de público, a conferenciante espuxo a súa idea de saúde integral para o corpo e relatou as súas experiencias coas medicinas alternativas.
Charla que será seguida pola anunciada a continuación:
Cartel da segunda charla
Asemade, púxose xa á venda a lotería do Tesón, cun motivo para chamar a atención sobre o sucedido coas vidrieiras do cemiterio:
O motivo: resto de vidrieira ben conservado (o único), e outros dous desfeitos.

jueves, 11 de agosto de 2011

Sobre o xulgado. Nota de prensa 20110810

Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con sinaturas, con 1376 sinaturas, encamiñado a conseguir o retorno do xulgado de primeira instancia a Ribadeo, nunha campaña que foi promovida pola asociación veciñal. A prensa testemuñou daquela a presenza de representantes de tódolos grupos políticos, presentes naquel momento e na actualidade nos plenos municipais. As sinaturas foron enviadas por correo o primeiro día do ano, e foi notificada ós medios e tamén de xeito oficial a súa consecución e o seu significado.
Dende o fin de ano pasaron moitas cousas en Ribadeo e en España. Non só o tempo, máis de sete meses, senón tamén cambios na corporación muncipal despois das eleccións, ou a convocatoria de eleccións xerais a nivel estatal para o próximo 20 de novembro. Pero, no tema do xulgado, que pasou? Dende aquel momento, e despois dunha campaña pola nosa parte encamiñada a conseguir o máximo de sinaturas e impulsar a petición, non se soubo nada máis do tema. Que información hai sobre os trámites seguidos pola corporación ou outra instancia diferente do concello, en relación a conseguir a volta do xulgado a Ribadeo? Ningunha. Que se fixo? Temémonos que nada. Suxiriuse no seu momento unha moción de apoio no pleno, procurouse unha unidade para que os políticos saíran na foto manifestando o seu apoio. Ata agora, nada. E, mesmo pasado un mes da presentación do último escrito, tampouco resposta a el polo momento.
Sabemos que a recuperación do xulgado, despois de case medio século, non é cousa pequena. Así, houbo iniciativas anteriores, sen procurar o apoio popular, de cara a conseguir a súa volta, sen éxito. Pero tamén sabemos que se pode facer. Naquel momento, tamén a Viveiro reitrouselle o xulgado. E retornou ó cabo dun tempo. A Ribadeo, non.
Mentras, temos unha oficina xudicial na Praza de Abaixo de Ribadeo, cun Xuíz de Paz, cargo ocupado na actualidade por Victor Manuel Sanjurjo Láncara, Choupín. Ocupa unha casa enteira. E está destartalada. Calquera que se achegue alí a algunha das poucas xestións xudiciais que se poden facer, poderá atoparse un edificio que foi magnífico nun estado de abandono que non encamiña a pensar na consecución dun nivel superior de servizo. Quizáis por aí se podería comezar a manifestar a querencia do xulgado por nosos representantes: urxindo a que as instalacións actuais sexan mantidas e adecuadas, facilitando de paso o acceso á xente maior ou impedida, facilidade que nunca tiveron.
Outro 'mentras': Mentras o que se busque sexa o non moverse para saír na foto, non será doado que Ribadeo volte a ter un xulgado que a poboación reclama.
Por último, un detalle: Pode ser que Ribadeo non teña dereito ó xulgado. Nese caso, debería demostrarse que ten menos dereito que outras poboacións que si o teñen. Pode ser que as novas tecnoloxías o fagan innecesario. Iso é voltar á mesma resposta anterior: sería menos necesario que noutras poboacións que si o teñen? Mentras esa demostración non teña lugar, os políticos que nos representan non están facendo os seus deberes nesta materia.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Nota de prensa: Nove meses sen resposta

* Un caso relativo ó tratamento da información no concello, coido que unha curiosidade -máis que un non querer facelo-, pero de calquera xeito, un non facilitar información corrente que debera ser facilitada. *
Hai nove meses, a comezos de novembro pasado, O Tesón fixo dúas preguntas para ser respondidas ó finalizar o pleno daquel mes. Non se contestaron e comezou unha situación que da como resultado que se teñan contestado preguntas posteriores pero non as prantexadas daquela, mesmo tendo coincidido en parte con preguntas relacionadas por algún grupo político en plenos posteriores. Non vou detallar aquí algún detalle do transcorrido nos nove meses: algúns deles terían servido como atenuantes, outros como agravantes, pero a cousa é que algo presentado o 11 de novembro pasado aínda non ten resposta.
Por partes. Hai anos que, a instancias de O Tesón, viu a luz en Ribadeo unha regulamentación mínima de resposta por parte dos integrantes no pleno á cidadanía. A parte correspondente da acta onde se aprobou esa participación descafeinada (correspondente ó pleno de 13 de setembro de 2004) está recollida en http://ribadeo-historia.blogspot.com/2008/05/acta-do-pleno-do-concello-de-ribadeo-de.html. O sistema de preguntas así permitido, con todas as restriccións impostas, foi usado polo Tesón de xeito consistente pleno tras pleno, na grande maioría dos plenos ordinarios.
Así as cousas, as preguntas presentadas ó pleno do pasado novembro de 2010 eran:
"1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación."
En canto ó punto primeiro, a dicir de xeito complementario que nalgún pleno foron expostas contas parciais correspondentes a consumos do ascensor, é dicir, o pago de diversas facturas soltas, pero non un cálculo consolidado (previsión ou sinxela constancia de datos pasados) do que costa mantelo e conxunto. E a petición, de diversas formas, xa fora prantexada con abonda anterioridade ó pleno, mesmo á súa construcción.
Mentras, tense dito de manter cerrado o mamotreto en época de pouca afluenza de visitantes, pero aí segue.
En canto ó servizo para que as bicicletas podan atravesar a ponte dos Santos, trataríase de que o paso fora o máis fluído posible. Calquera que atravese a ponte en bici, e hai unha morea de casos, sabe que o espazo, a anchura, é reducida, incrementándose aínda a estreitez nalgún punto debido ó sistema de colocación do valado separador entre o paso habilitado para peóns en bicis e o de automóbiles. No Tesón somos tamén conscientes de que non é tampouco normal que unha autovía teña un paso de peóns súa beira, pero tampouco é o único caso.
Mentras, non hai alternativa, e esta é unha cuestión que incide na afluencia ás praias aturianas ou na visita de xente residindo nas Figueiras, por exemplo, e súmase ó deficiente acceso a Ribadeo dende Asturias nas glorietas de Vilaselán, aínda sen noticia de solución.

domingo, 10 de julio de 2011

20110708 Asamblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón

Asamblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón
Lavadoiro, 20110708, 20:00, con asistencia de 12 socios.
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
É aprobada por unanimidade.
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Preséntanse os movementos da conta segundo segue:
ENTRADAS
                                                                               Imposición           Saldo
20110101 Exercicio Anterior ………..…………………....                    4947,17
20110222 Cotas Socios ….………………………………. 20,00             4967,17
20110616 Intereses conta .……………………………….. 0,20             4967,37
20111218 Intereses conta .……………………………….. 0,19             4967,56
20111223 Remesa Recibos ………………………………. 540,00         5 507,56
20111223 Remesa Recibos ………………………………. 590,00         6 097,56
SAÍDAS
                                                                               Reintegro             Saldo
20110101 Comisión administración …………………. 3,78                    3,78
20110120 Devolución recibos s/remesa ………………10,00               13,78
20110120 Gastos devolución s/remesa .................. . 1,51                 15,29
20110322 Cheque nº 008546132 ............................ 53,36                  68,65
20110619 Comisión mantemento …………    ...……. 12,00                 80,65
20110919 Cheque nº 008546133 ……………...….. 48,07                  128,72
20110922 “ nº 008546134 ……………………....….. 12,00                  140,72
20111218 Comisión mantemento ………………....…. 12,00               152,72
20111223 Gastos liquidación s/remesa ………...….. 66,26                218,98
20111223 Gastos liquidación s/remesa …………….. 72,40               291,38
20111224 Devolución recibos s/remesa ……….…… 50,00               341,38
20111224 Gastos liquidación s/remesa ………..……. 7,67               349,05
20111227 Devolución recibos s/remesa …………. 40,00                 389,05
20111227 Gastos liquidación s/remesa ………….. 6,14                     395,19
20111228 Devolución recibos s/remesa ………  . 10,00                     405,19
20111228 Gastos liquidación s/remesa …………   1,53                    406,72
20111231 Devolución recibos s/remesa …………. 10,00                   416,72
20111231 Gastos liquidación s/remesa ………… 1,53                       418,25
Sumas Iguais ……………………………………… …                       …    6 097,56
Superavit …………………………………………                      … 5 679,31
A continuación, preséntase a memoria de actividades, destacando:
En canto á relación coas institucións, a asociación estivo ó tanto do regulamento de participación cidadá, presentando propostas, comentando as que nos pasaron, e presentando alegacións. Polo momento, o tema está parado despois dunha aprobación inicial.
Houbo un caso curioso coa petición dunha subvención ó concello, a súa concesión e retirada posterior da mesma, con motivo da publicación do libro (en 2009) de José Mª. Aínda que non se chegou a formalizar, falouse de pedir o nome de As Grobas e As Catedrais para rúas.
Fíxose, dentro das posibilidades e falta de difusión debido ó segredo, seguemento da tramitación de PXOM e outras normas e actividades relacionadas, incluído o Plan de Ordenación do Litoral, o Polígono, a nova liña eléctrica ou a subestación de próxima construcción.
Seguiuse a preguntar de xeito máis ou menos sistemático nos plenos do concello, dende o lugar dos cadros que son doados de xeito obrigado polos expositores á pertinencia da volta da Ribadeo co canón lanzacabos doado o século pasado pola armada norteamericana, sobre o que quedou o alcalde en facer pesquisas pero sen aportar despois novos datos.
Seguiuse coas xuntanzas da mesa de asociacións, das que cara a comezos de outono espérase facer outra.
Representantes da asociación asistiron a diversos actos de diversas institucións, como a presentación dos videos de 'memoria de muller', sobre os oficios, un acto societario de Os Aventados ou as asambleas de a Asoc. Ponte dos Santos, na última das que se recolleron os datos máis recentes sobre as vidrieiras.
En canto a peticións, houbo un seguemento dende o comezo do caso das vidrieiras da capela do cemiterio. Foi exposto o compromiso co tema, mesmo de cara ó futuro, así como os pasos dados e os contactos habidos, mesmo con familiares dos Moreno. Deixouse constancia das últimas novas sobre o tema, que sitúan a dúas empresas solicitando o facerse cargo da súa reparación por valor de 13 000 e 16 000 € respectivamente, cifra que non parece que poda chegar a cubrir unha mínima parte dunha reposición adecuada.
Seguiuse o listado de cadros propiedade do concello, de tal xeito que creemos que agora se teñen en consideración doutro xeito tanto para o seu listado como para a súa conservación.
Do mesmo xeito que o anterior, tentouse de que o cadro do Viejo Pancho da Biblioteca Municipal no edificio do Cantón fóra aproveitado doutro xeito, pasando na actualidade á oficina de turismo a pesares de que se dicía que non se podía sacar de alí.
Tampouco deixamos pasar o tema do Castro das Grobas, do que se prometeu un informe público para o outono de hai dous anos, ó tempo que seguimos outros temas, como a conservación dos canóns dos 90 que están no matadoiro, ou o estudo das posibilidades dun museo, agora que se fala de locais de exposición na antigua alxinatos (por exemplo, con fondos das cunchas e insectos de David A. López Álvarez) Sorpréndennos na prensa o mesmo día da asamblea novas sobre o ruído, e aínda que pareza que en xeral vai mellorando, non cesa, mesmo aparecendo novos focos. Neste momento faise mención do recente falecemento de Dna. M.Carmen Rodríguez Pagés, socia que loitou durante anos por mellorar este tema.
Loitouse polo xulgado, con recollida de sinaturas no pobo, foto dos políticos para a súa entrega, etc, pero seguirase a traballar nelo, pois no concello non houbo nin unha moción para ser aprobada conxuntamente, e de Madrid non se sabe nada. Está previsto retomar o tema despois do verán, incluíndo unha posible viaxe a Madrid.
En canto a cultura, ó resumo das Charlas 'Ribadeo e …', impartidas na Casa das Letras por Pancho (o mar), Celia Castro (a pintura de Benito Prieto Coussent), Iván Rodríguez (o medio ambiente) e Luciano Zubillaga (a meteoroloxía), engádese ó feito o ánimo para unha nova tanda, debido ós bós resultados obtidos.
A asociación actuou de anfitriona na presentación do libro de Pablo Mosquera 'Guía para el viajero', realizada na Casa das Letras.
En canto a actividades sociais, a viaxe a Meira, actuando José Mª como guía, resultou moi ben, aínda que con poucos socios participantes.
Estudouse a posibilidade de facer un facsímil co exemplar de Bandera Católica no que aparece a primeira imaxe da torre dos Moreno. Por motivos técnicos non se realizou ata o momento.
Comezouse a preparar a historia da asociación para a súa edición, que é polo momento a de máis recorrido en Ribadeo-vila, pero leva algún tempo parada.
Outros temas foron a denuncia contra La Nueva España polo trato ó nome da ría, onde espúxose como resultou, e engadiuse que segue a haber un cartel na escollera cun nome falso para a ría. Asemade, segue a haber diferencias de nomes en Google, algo que a asociación denunciou xa hai anos.
O apoio á área sanitaria de A Mariña viuse variado ó longo do ano por como foron transcorrendo os acontecementos.
A desaparición do bacharelato de adultos como presencial en Ribadeo levounos a apoiar a súa continuidade e, entre outras cousas, a emitir unha nota de prensa en apoio da súa permanencia.
A asociación ten recibido diversos ataques na primavera do ano 2010 dende diferentes posicións, o que interpretamos como unha sinal de equilibrio pola nosa parte, e polo feito de que estamos molestando a xente que non está afeita a que a molesten. As memorias foron aprobadas por unanimidade.
3.Presentación de orzamento e programa de actividades
No desenvolvemento da memoria xa se anunciaron diversos puntos que terán continuidade. En liñas xerais, preténdese continuar co actuacións que se veñen mantendo.
Considérase necesario un maior contacto entre socios e tamén coa directiva, e a necesidade de incorporación de xente nova á directiva, cousas ambas polas que se pretende impulsar as actividades sociais.
Está programada unha viaxe para visitar San Martiño e comida en Mondoñedo a mediados de setembro. Asemade, propónse continuar as charlas mes de outubro. Tentarase facilitar a aportación de ideas e difundir a historia de O Tesón.
Faise lembranza de que non se deixarán esquecer diversos temas nos que ata o momento non se viron grandes resultados:
-propónse pedir ó concello que as vidrieiras sexan expostas, e facer unha publicación en formato papel dos apuntes ('As vidrieiras da capela do cemiterio') que xa hai publicados sobre as vidrieiras en internet, despois de axustarlle algún comentario, e estudar a realización dun obradoiro sobre vidrieiras, para concienciar á xente sobre o seu valor e mesmo axudar na súa reconstrucción.
-respecto do xulgado, pedirase informe do xa realizado polas institucións, e non se descartan actuacións doutro tipo, como a visita a Madird, ó Ministerio de Xustiza. -á plataforma da residencia de maiores, daráselle unha pequena axuda a modo de testemuña de que se apoiará se necesitan máis.
-continuarase con accións diversas para manter e impulsar o nome da ría de Ribadeo, tendo en conta que esta mesma semana saíu en prensa nacional unha referencia á ría do Eo, e hai carteis por Ribadeo no que se emprega a mesma denominación, sen contar que hai xa anos que a asociación denunciou o uso por Google dun nome tan rimbombante como 'río de Ribambo', ou noutro orde de cousas, a diferencia de revisión fotográfica que se establece polo Ministerio de Agricultura no seu visor do sigpac entre as dúas metades da ría.
Tentarase facer cargo dos novos temas que vaian xurdindo.
En canto ó orzamento, foi presentado o seguinte:
Ingresos:
Remanente.......................................................... 5 697,56
Recibos............................................................... 1 170
Outros................................................................. 600
Total ….............................................................. 8 467,56€
Gastos:
Comisións.......................................................... 300
Correos............................................................. 500
Imprenta........................................................... 2 000
Aporte previo pro Residencia.......................... 100
Lotería e outras doacións................................. 200
Remanente........................................................ 5 367,56
Total................................................................. 8 467,56€
tendo en conta que se deixa un remanente para poder afrontar publicacións que non temos fixo que se den realizado neste período, pero que en calquera caso, serán levadas a cabo máis adiante.
A programación foi aprobada por unanimidade.
4.Rogos e preguntas
Unha primeira intervención foi a petición de novos correos electrónicos de socios, para axilizar o contacto.
Houbo outra nova intervención para anunciar que o sábado 23 haberá unha cadea humana na Ponte dos Santos, promovida polo movemento 15M.
Ás nove da noite dase por concluída a Asamblea e pásase a tomar algo nun local próximo.

miércoles, 6 de julio de 2011

Asamblea de xullo

Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no restaurado local do lavadoiro (rua dos Fornos) o venres día 8 de xullo ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que non se fará por falta de quorum)

Os puntos previstos na orde do día son:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
3.Presentación de orzamento e programa de actividades
4.Rogos e preguntas

Dentro do programa de actividades acordarase a xa tradicional viaxe societaria.
Asemade, tense acordado que despois de rematar haxa un acto social ofrecendo pinchos nun local de hostalería.
En Ribadeo, a 24 de xuño de 2011

sábado, 28 de mayo de 2011

Nota prensa 20110528

Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se prantexou públicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e no pobo diversas informacións que fan pensar nunha variación total de plantexamentos respecto a antes das eleccións.
Nesta situación, a directiva da AVV O Tesón quere aportar unha idea que non é nova, pero que polo momento non se aplicou en Ribadeo. Noutros lugares, algunha formación declarou antes e despois das eleccións que a súa misión principal no consistorio sería observar e transmitir á cidadanía o trascorrer diario do que alí ocorre, facendo transparente a política municipal. Para poder facelo dun xeito ecuánime, terían que complementalo co aporte da súa opinión máis que con tratar de tomar a iniciativa nos plenos ou a outros niveis políticos no respectivo concello.
De igual xeito, en Ribadeo na actualidade, e antes de que coñezamos como se clarifica a situación final destes dous partidos, consideramos que sería bó que algunha persoa, allea ó goberno e sen exercer tampouco como oposición belixerante, tomara unha iniciativa semellante: o manter á cidadanía informada do que se coce no interior do Pazo de Ibáñez, á espera dun regulamento de participación cidadá que permita realmente á cidadanía isa participación que se está a pedir cada vez máis ó longo do estado. Evidentemente, o exercer unha misión así, implica unha obxectividade que presupón á renuncia dalgúns prantexamentos previos que se soen asumir implícitamente nos partidos. É dicir, unha xenerosidade de cara ó pobo de Ribadeo que pedimos a ditos partidos que teñan en conta.
Ribadeo, a 28 de maio de 2011.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Respostas ás preguntas de O Tesón no pleno de 20110322

AVV O Tesón
Nota de prensa
20110322

A AVV O Tesón ten presentado ó pleno do concello de Ribadeo este luns 21 de marzo as seguintes preguntas:
1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para o que se chamou a representantes dos partidos políticos e no que se falou do apoio do concello, solicitamos coñecer se se fixo algo por parte do pleno ou do concello en xeral para apoiar dita petición, así como o coñecemento de calquera nova sobre o tema e, se hai previsto un amaño do edificio que presta acubillo ás oficinas xudiciais actuais.
2.Tendo recibido queixas de que mentras se ten normalizado o pago de cotas no mercado á xente que se sitúa tradicionalmente nel, hai novos colectivos que non aboan cota e instalan pequenos tenderetes, solicitamos coñecer se se teñen tomado medidas para evitar dita discriminación.
3.Tendo xurdido nos medios a nova da existencia dunha nova comisión de festas ó tempo que algún representante da anterior comunica que segue a existir e que está legalizada, en contra do que ocorre coa nova, solicitamos coñecer a situación dende o concello.

Como está establecido, deuse contestación das mesmas ó final, fóra de acta, se ben hai que aclarar que non foron respondidas as preguntas prantexadas en novembro (conxunto de preguntas detallado ó final desta nota)
En canto ás preguntas contestadas, en relación ó xulgado, a resposta foi sinxela: non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado ó xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as eleccións e poderíase comprometer un futuro equipo de goberno. Cabe engadir que tampouco se presentou ningunha moción conxunta de apoio, como foi dito no seu momento.
No relativo ó mercado, o alcalde entende que a pregunta é referente a manteiros actuando nel, e di que a policía Local e o encargado do cobro teñen orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.
Respecto ás dúas comisións, aclara que non é responsable do que digan os representantes das mesmas, pero que lle consta que a nova comisión está ben constituída, aínda que non ten todos os detalles. A subvención de 2010 serálle pagada á anterior comisión, e aclara asemade que non quere entrar en polémica sobre o tema.
Hai que dicir asemade que xusto no momento de comezar a contestar as preguntas un edil do grupo socialista levantouse e marchou.
Quedan pois por responder as preguntas prantexadas en novembro, a pesares de que no pleno tratáronse puntos relacionados coa primeira delas:
Preguntas prantexadas en novembro:
1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación.

Respostas ás preguntas de O Tesón no pleno de 20110322

AVV O Tesón
Nota de prensa
20110322

A AVV O Tesón ten presentado ó pleno do concello de Ribadeo este luns 21 de marzo as seguintes preguntas:
1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para o que se chamou a representantes dos partidos políticos e no que se falou do apoio do concello, solicitamos coñecer se se fixo algo por parte do pleno ou do concello en xeral para apoiar dita petición, así como o coñecemento de calquera nova sobre o tema e, se hai previsto un amaño do edificio que presta acubillo ás oficinas xudiciais actuais.
2.Tendo recibido queixas de que mentras se ten normalizado o pago de cotas no mercado á xente que se sitúa tradicionalmente nel, hai novos colectivos que non aboan cota e instalan pequenos tenderetes, solicitamos coñecer se se teñen tomado medidas para evitar dita discriminación.
3.Tendo xurdido nos medios a nova da existencia dunha nova comisión de festas ó tempo que algún representante da anterior comunica que segue a existir e que está legalizada, en contra do que ocorre coa nova, solicitamos coñecer a situación dende o concello.

Como está establecido, deuse contestación das mesmas ó final, fóra de acta, se ben hai que aclarar que non foron respondidas as preguntas prantexadas en novembro (conxunto de preguntas detallado ó final desta nota)
En canto ás preguntas contestadas, en relación ó xulgado, a resposta foi sinxela: non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado ó xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as eleccións e poderíase comprometer un futuro equipo de goberno. Cabe engadir que tampouco se presentou ningunha moción conxunta de apoio, como foi dito no seu momento.
No relativo ó mercado, o alcalde entende que a pregunta é referente a manteiros actuando nel, e di que a policía Local e o encargado do cobro teñen orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.
Respecto ás dúas comisións, aclara que non é responsable do que digan os representantes das mesmas, pero que lle consta que a nova comisión está ben constituída, aínda que non ten todos os detalles. A subvención de 2010 serálle pagada á anterior comisión, e aclara asemade que non quere entrar en polémica sobre o tema.
Hai que dicir asemade que xusto no momento de comezar a contestar as preguntas un edil do grupo socialista levantouse e marchou.
Quedan pois por responder as preguntas prantexadas en novembro, a pesares de que no pleno tratáronse puntos relacionados coa primeira delas:
Preguntas prantexadas en novembro:
1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación.

sábado, 19 de marzo de 2011

Preguntas ó pleno de 20110321

A AVV O Tesón ten pasado unha nota de prensa ós medios indicando que presenta para este luns as seguintes preguntas no pleno (a máis das dúas que aínda ten sen contestar dende hai catro meses):
1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para o que se chamou a representantes dos partidos políticos e no que se falou do apoio do concello, solicitamos coñecer se se fixo algo por parte do pleno ou do concello en xeral para apoiar dita petición, así como o coñecemento de calquera nova sobre o tema e, se hai previsto un amaño do edificio que presta acubillo ás oficinas xudiciais actuais.
2.Tendo recibido queixas de que mentras se ten normalizado o pago de cotas no mercado á xente que se sitúa tradicionalmente nel, hai novos colectivos que non aboan cota e instalan pequenos tenderetes, solicitamos coñecer se se teñen tomado medidas para evitar dita discriminación.
3.Tendo xurdido nos medios a nova da existencia dunha nova comisión de festas ó tempo que algún representante da anterior comunica que segue a existir e que está legalizada, en contra do que ocorre coa nova, solicitamos coñecer a situación dende o concello.

domingo, 6 de marzo de 2011

Comeza a labor da comisión pro residencia de maiores


Comezou en Rinlo a plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo a súa camiñata para explicar os comezos do proxecto polas aldeas. Explicouse a xénese e as pretensións, e comezouse a asinar en apoio, segundo a folla de sinaturas que se pode descargar en publicado en Ribadeo, e entregar despois a alguén da comisión, ou asinar en calquera dos locais que se poñerá a disposición (polo momento, e xa nestes días próximos, as farmacias.) O resto da lista (segundo nota de prensa, e exceptuado Ribadeo) será:
7 de marzo, luns, 20:00, escola de Vilaselán
9, mércores, 19:30, escola de Vilaframil
13, domingo, 13:00, Círculo Habanero de A Devesa
20, domingo, 11:00, escola de Remourella
- 12:30, escola de Arante.
23, mércores, 21:00, teleclub de Couxela
25, venres, 21:30, teleclub de Vilaosende
27, domingo, 11:00, escola de As Anzas
- 12:00, escola de Cubelas
29, martes, 20:30, escola de Vilela
- 21:30, escola de Cedofeita
- 22:15,Teleclub de Piñeiro
3 de abril, domingo, 12:oo horas, escola de Ove.
Nota de prensa emitida polo portavoz da comisión en días pasados e debida á suxerencia dun político local de que a plataforma se presentara ás eleccións:
NOTA DE PRENSA I
Ante las lamentables manifestaciones del portavoz del PP, Sr. Rodríguez Andina, hechas ayer en una emisora local y recogidas hoy, día 4 de marzo, en la prensa, sobre la sugerencia hecha a la Plataforma pro Residencia de Mayores de que se presenten a las elecciones como único medio posible para expresar su representatividad popular, en mi nombre propio y como portavoz de la mencionada Plataforma, debo hacer las siguientes matizaciones al mencionado portavoz del PP:
1º) Manifestar mi total disconformidad con sus declaraciones por cuanto pretenden ignorar y aun negar el derecho constitucional que tenemos los ciudadanos de poder asociarnos y presentar iniciativas populares, como es el caso presente.
2º) El respaldo popular que tenga la aspiración propuesta por la mencionada Plataforma tiene otros cauces distintos de expresarse, aparte de la propuesta hecha por el Sr. Rodríguez Andina.
3º) La representatividad política obtenida en las urnas por los partidos políticos no es garantía, como defiende el portavoz del PP, de eficacia en la solución de los problemas sociales de Ribadeo. Esa representatividad, de que gozó el Sr. Rodríguez Andina en todos sus años de gestor de los destinos del concejo y aun de los que estuvo en la oposición, aun reconociendo esta necesidad social, no sirvió en absoluto para hacer una sola propuesta para resolver el problema de la necesidad de una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo.
4ª) La mencionada Plataforma ya tiene manifestado que, ni pretende entrar en el juego político y apoyar pretensiones políticas concretas. Únicamente intentar la unanimidad entre todos los partidos para que, junto con el pueblo y gozando de su apoyo, se tomen como una prioridad inexcusable la construcción urgente de una nueva Residencia de Mayores, a fin de evitar la constante emigración de nuestros vecinos para pasar sus últimos días alejados de su tierra, de sus vecinos y de sus seres queridos.

sábado, 19 de febrero de 2011

Nota de prensa sobre a Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo

Nota de prensa sobre a Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo


No día de onte, venres 18 de febreiro, tivo lugar unha xuntanza promovida pola AVV O Tesón e na que participaron, ademáis representantes das AVV Atalaia, Vilaosende, Remourelle, Vilaselán, Cinxe, Devesa, Anzas, Vilaframil e Vilela, Así como das comunidades de montes de Ove, Piñeira, Devesa e Vilela.

Na xuntanza fíxose unha introducción por parte de Antonio Gregorio á situación actual e a traxectoria seguida ata chegar á mesma, pasando logo á palabra ós membros da mesa, José Mª Rodríguez, Juan Pulpeiro, José Antonio Ares e Pancho Campos, en calidade de impulsor, mantedores da idea inicial e presidente de O Tesón, respectivamente.

A idea da xuntanza era elixir unha comisión representativa para a concienciación social, expandir a idea, procurar apoios e dar os primeiros pasos na definición dunha futura residencia de anciáns no concello. Quedou claro asemade que existe a demanda dun ben social, que se pretende non quede mediatizada por ningún partido, á vez que se apela a todos eles, en conxunto, para levala adiante.

Expuxéronse ademáis diversos feitos, como que hai ribadenses nas residencias de lugares veciños pola escasa oferta de prazas en Ribadeo, a situación actual do pretendido centro de Alzheimer ou un primeiro avance sobre as condicións mínimas desexables para unha futura residencia.

Unha breve deliberación levou á conveniencia de que a comisión non sexa moi numerosa pero ó tempo de lugar á participación do maior número de asociacións posible, na procura de que teña unha amplia base e ademáis esteña preparada para unha longa travesía ata lograr o obxectivo pretendido.

A comisión quedou fixada en cinco membros, contemplando unha renovación rotatoria por períodos inferiores ó ano e coa previsión de asambleas cada dous ou tres meses cos membros das asociacións presentes e outras que se podan incorporar.

A primeira comisión quedou constituída por José Mª Rodríguez, Juan Pulpeiro, José Antonio Ares, José Ángel Salvatierra e Antonio Gregorio, estando prevista a súa primeira xuntanza para o próximo venres.

Ribadeo, 19 de febreiro de 2011.

miércoles, 12 de enero de 2011

20110111 Nota de prensa sobre a celebración dos 10 anos da wikipedia


Celebración dos 10 anos da existencia da Wikipedia
A wikipedia é unha enciclopedia, un conxunto de enciclopedias, diccionarios e outros repositorios de coñecemento basados na tecnoloxía wiki, e de creación comunal. O próximo 15 de xaneiro cumprirá 10 anos este proxecto distribuído de coñecemento libre.
O Tesón, en contacto con outros grupos ó longo de Galicia, do estado e a traverso da fundación wikimedia, de todo o mundo, colaborará na celebración deste cabodano cunha charla presentación de introducción á wikipedia, na que se tomará como referencia a versión galega - Galipedia-, (prevista para as 12 da mañá na Casa das Letras ribadense) e a iniciación á edición de artigos e uso da Galipedia, que terá lugar a continuación no telecentro da Casa da Xuventude, cedido polo concello..
Destácase que en España está previsto a celebración deste evento en catro localidades, Madrid, Barcelona, A Coruña (Culleredo) e Ribadeo. A celebración na nosa vila corresponde con ser Ribadeo un dos primeiros e máis extensos artigos redactados na Galipedia (http://gl.wikipedia.org), que nada o ano 2003, conseguiu unha extensión de máis de 66 000 artigos para consulta na actualidade.
En canto ó conxunto da Wikipedia, destacar que na actualidade segue a medrar todo o proxecto, participando unha morea de xente, por non falar da versión inglesa, que é con diferencia a enciclopedia máis grande do mundo, ou da ramificación en diversas wikis temáticas, dende novas a repositorios de materiais documentais diversos.
En canto á celebración da conmemoración, arredor do mundo haberá actos diversos, que se poden consultar en
http://ten.wikipedia.org/w/index.php?title=Main_Page/gl&uselang=gl.
A fundación wikimedia ten enviado algún pequeno agasallo para as persoas que asistan.
Adxúntase o cartel realizado para Ribadeo, confeccionado a partir doutro realizado por Elisardojm para a celebración en Culleredo, o outro lugar de Galicia no que se realizarán diversos actos de celebración.

miércoles, 5 de enero de 2011

Os 10 anos da Wikipedia e O Tesón

O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha morea de xente, por non falar da versión inglesa, que é con diferencia a enciclopedia máis grande do mundo.
Como celebración do cabodano, arredor do mundo haberá unha morea de actos, que se poden consultar en http://ten.wikipedia.org/w/index.php?title=Main_Page/gl&uselang=gl. No momento no que estou a escribir, en España hai actos previstos en catro localidades: Madrid, Barcelona, A Coruña e Ribadeo. En Ribadeo, dende a AVV O Tesón, programamos unha sinxela actividade en dous tempos para o sábado 15. No primeiro tempo, que será ás 12 da mañá na Casa das Letras, terá lugar unha pequena presentación de introducción á wikipedia, na que se tomará como referencia a versión galega, Galipedia, e máis tarde, haberá unha sesión de edición para poder intreoducir á xente que o desexe ó uso da enciclopedia tanto en consulta como para colaborar. Esta segunda parte desenvolverase de diferente xeito segundo os asistentes ó acto. Asemade, conseguíronse da fundación wikimedia algúns agasallos para as persoas que aistan.

Sobre a suba da luz e protesta social


Un balance
Por unha beira, nun prato da balanza, a 'suba da luz', o aumento do prezo da enerxía eléctrica que chega ás nosas casas, ás empresas, ... Pola outra, o outro prato da balanza, ganancias empresariais, cortes de luz en Ribadeo, fontes tradicionais de enerxía sen desenvolvemento rápido das alternativas, cálculo a ollo dos importes cobrados mes a mes, e o chascarrillo do café: 'a suba representa o que un café', como saiu nos xornais dicindo un representante gubernativo.
Tempo ten corrido dende que nun programa de televisión lle preguntaron a José Luis Rodríguez Zapatero o prezo dun café e contestou que 0,60 €, que resultou ter como explicación o ser o prezo subvencionado do café con Congreso, abondo inferior que un café nunha cafetería 'normal' española. Dende aquela, os cargos socialistas deben terse posto ó día coa inflacción real, máis que coa estatística, e o café parece valer xa abondo máis, equivalente á suba da luz no mes; quizáis sexa que agora o prezo de referencia para os políticos corresponde ó dun hotel de cinco estrelas.
O aumento dun 9,8% do prezo da electricidade, redondeando, un 10%, é doado de calcular para cada factura. Cada quen sabe a canto ascende, e se é un café no mes ou máis ben se parece a un café á semana o que ten que afrontar como suba. Nos tres últimos anos, a suba total supera o 20%, se ben hai que prantexar que son diferentes compoñentes os que nos chegan nun recibo de electricidade (que, como outros recibos, ás veces é difícil de descifrar). Ademáis, dise por parte do propio goberno para explicar a factura que preto da metade do montante non é propiamente pago de electricidade, senon pago de diversas débedas que se lle xuntan. É unha desculpa, pero, ó tempo, carga as tintas sobre cousas sobre as que non cremos que debera facelo. Por exemplo, mistúrase o invertido nas centrais nucleares, subvencionadas polo goberno aínda que algunha se parara, coa promoción das solares ou eólicas. Corresponde ó mesmo?
Somos conscientes de que hai que apoiar alternativas á clásica producción de enerxía nuclear-carbón-hidroeléctrica, e tamén o somos de que non chega con promover as lámpadas de baixo consumo para mellorar a eficiencia enerxética. Pero se non se subvencionan as eólicas, por exemplo, non se lles deixa nacer, e como non dispoñamos de fontes de enerxía alternativas, por unha beira iremos de cú por falta de enerxía, e por outra, seguiremos vendidos ós petroleiros, ó tempo que estaremos apoiando indirectamente a negación ou minusvaloración do cambio climático, porque nos interesará como consumidores de enerxía suxas... Outra cousa é que haxa excesos nas subvencións, que os hai: ó fin, estánse a subvencionar empresas ben saneadas económicamente.
Hai uns días saiu na prensa unha nota que remitía a que se enviaran as facturas de electricidade que se consideraba que estaban mal ou que por algunha razón se quería protestar. O tesón non está na federación que promove este envío de facturas, Federación de AVV 'Lucus Augusti', e os plantexamentos que se poden ler enrriba non corresponden tampouco de xeito exacto ó que dita federación mantén. Pero si que nos sumamos á protesta por unha suba que creemos que non debera ter lugar, así como consideramos incocebible que no século XXI sigamos a recibir facturas por estimación.
Por elo, fomos invitados a colaborar na recollida de reclamacións sobre as facturas. Reclamación que debe facerse por períodos de alomenos dous meses, por mor de ser facturadas a ollo alomenos un mes de cada dous, e que tentaremos canalizar para a súa resolución a traverso da federación. Como complemento, a parte do que podamos facer nós, non podemos esquecer que en Ribadeo temos unha OMIC cunha xa unha longa experiencia en reclamacións.
Antonio Gregorio Montes

domingo, 2 de enero de 2011

Entrega de sinaturas para conseguir o retorno do xulgado a Ribadeo



... do onde nunca se debeu deixar marchar...

A nota de prensa de O Tesón:













AVV O Tesón
Nota de prensa
20110101

Onte, 31 de decembro, ás 12 da mañá, tivo lugar a sinatura conxunta por parte de representantes de tódolos grupos políticos representados no Concello de Ribadeo do escrito de acompañamenteo ás 1376 sinaturas recollidas para axilizar a volta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción a Ribadeo. A sinatura foi levada a cabo por Pancho Campos, Presidente de O Tesón, e polos concelleiros electos Fernando Suárez, Begoña Sanjurjo, Balbino Pérez e Paco Rivas, simbolizando así o apoio de tódolos partidos.
A Asociación de veciños O Tesón, como promotora da iniciativa, a máis de asinar o mesmo escrito e presentar as sinaturas para o seu envío a Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, presentou diante de tódolos presentes no rexistro do concello unha petición para tratar en pleno o tema, en dúas formas diferentes: A renovación da petición do Xulgado e o apoio e recoñecemento ás sinaturas recollidas.

Así pois, comeza o 2011 cun novo pulo a favor da recuperación de cousas perdidas por Ribadeo, sabendo que non é doado, pero entre todos o podemos conseguir. A unión á que se pode chegar, representada nas fotos arredor das sinaturas conseguidas, da unha esperanza neste comezo de ano de que se poda conseguir un futuro mellor para Ribadeo e os ribadenses.

Documentos adxuntos:
Carta enviada ó Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño
Escrito ó pleno para renovar a petición de xulgado e apoio ás sinaturas
Portada libro de sinaturas
3 fotos de xente presente no acto: políticos de tódolos partidos e 3 representantes da AVV O Tesón (do centro á beira da foto, Arturo Linares, Pancho Campos e Antonio Gregorio)

Escrito a Francisco Caamaño:
Quienes abajo firman, representantes de los partidos políticos presentes en la corporación municipal de Ribadeo y de la AVV O Tesón, promotora de la iniciativa y con dirección postal Aptdo. 92, 27780 Ribadeo,
Presentan ante vd. las firmas recogidas por la asociación vecinal con el propósito de agilizar la petición correspondiente para que Ribadeo recupere el juzgado de 1ª Instancia e Instrucción (en nº de ).
En todas y cada una de las páginas de firmas se puede leer:
“Non dispoñendo Ribadeo de Xulgado de 1ª Instancia e Instrución dende 1965, e téndose incrementado relativa e absolutamente a importancia da vila ribadense neste período, estimando ademais que concorren as circunstancias características que se avalían para atribuír un xulgado deste tipo, e mesmo en mellor posición que outros xulgados concedidos recentemente, as persoas abaixo asinantes esixen a apertura da tramitación correspondente para que se recobre en Ribadeo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.”
[“No disponiendo Ribadeo de Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción desde 1965, y teniéndose incrementado relativa y absolutamente la importancia de la villa ribadense en este período, estimando además que concurren las circunstancias características que se evalúan para atribuír un juzgado de este tipo, y mismo en mejor posición que otros juzgados concedidos recientemente, las personas abajo firmantes exigen la apertura de la tramitación correspondiente para que se recobre en Ribadeo el Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción”]
Documentación que presentamos ante vd. con el fin propuesto.
En Ribadeo, a 31 de diciembre de 2010