viernes, 31 de diciembre de 2010

De O Tesón a Ribadeo

-Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estación-
Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisión da memoria. Neste 2010 O Tesón ten realizado diversas actividades, comezando coas dúas asambleas realizadas e finalizando polo desvelado e presión para que as vidrieiras da capela do cemiterio non sexa unha cousa máis que caia en saco roto.
Centrándonos no outono, sen querer ser exaustivos, para a asociación comezou coa xuntanza da Mesa de Asociacións de Veciños de Ribadeo, na que foi revisada unha proposta para o regulamento de participación veciñal e a petición de xuntanza co alcalde para dar unha explicación da mesma. Como se ve, que haxa actividades non significa que as actividades den froito inmediato, pois aínda non se celebrou a xuntanza co alcalde nin tampouco se sabe nada da proposta feita, asemade deixada no seu momento no concello. Non obstante, a relación entre asociacións é algo necesario, como tamén consideramos que o é a o dispor dun cauce permante de relación co concello, unha base que non esteña suxeita ós avatares das boas ou malas relacións do momento e que permita unha actuación a longo prazo. Por iso, seguiremos insistindo.
Dentro das relacións co concello atópanse tamén as preguntas ó pleno, nas que a asociación vai presentando, en prácticamente tódolos plenos ordinarios, diversos temas que considera de interese. Non sempre se ten resposta, nin cando se ten sempre corresponde ó que se pretendía, pero á falta dun regulamento de participación, úsase e aprovéitase o que hai, ben escaso nos dous sentidos de ben. E así, atopamos preguntas diversas, como a realizada sobre o canón lanzacabos doado a Ribadeo pola armada norteamericana e actualmente na Cruz Vermella de Lugo. Estamos esperando o resultado da indagación do concello, como foi dito no momento correspondente, hai xa tres meses longos.
A asociación segue moi de preto os pasos dados pola plataforma se seguemento sanitario, primeiro da costa, e logo, da sanidade pública. É certo que se mantén nun segundo plano, pois é un tema que afecta a toda Galicia e quédanos moi amplo, pero alí estamos tentando que o interese de Ribadeo esteña presente tamén nese foro. E Ribadeo ten intereses en que a sanidade funcione.
Fomos chamados a consultas para a realización de programas eleitorales. Alí estivemos, procurando non saír na foto porque temos claro que debemos ser independentes como asociación, por moito que cada persoa que esteña integrada en O Tesón teña as súas ideas particulares e políticas. A parte do documento 'Base para un diálogo' que lle foi remitido ós interlocutores con posterioridade a cada xuntanza, nas entrevistas tentamos deixar claro que, a parte dun plan de reducción de débeda do concello, as principais reivindicacións que prantexamos son inmateriais: trátase de que o concello funcione, políticos electos e funcionarios, cada quen dentro das súas posibilidades e responsabilidade, co cumprimento das propias normativas do concello, así como consideramos necesaria a mellora da credibilidade que candidatos e electos teñen por parte dos electores. Polo demáis, o documento entregado tiña os apartados de Transparencia e participación, Sanidade, Recuperación de cousas e causas perdidas, Promoción (turística e outras), Ría e mar, Comunicacións, Obras públicas, Servizos e Industria, a parte doutros temas máis dificiles de encadrar nun apartado concreto e dispostos baixo o epígrafe de 'outros'.
Un tema que foi escaparate da asociación durante o mes de outubro foi a realización das charlas 'Ribadeo e ...', que abrangueron os temas de o mar, o medio ambiente, a pintura de Dionisio Fierros e o tempo, en colaboración coa Casa das Letras, e impartidas respectivamente por Pancho Campos, Iván Rodríguez, Celia Castro e Luciano Zubillaga, todas persoas relacionadas con Ribadeo. Deixou un bo sabor de boca ó ver que a asistencia se mantivo e aumentou ó longo do ciclo, e mesmo que foron pedidas máis, pero sobre todo, deixou unha boa impresión que as charlas se aproveitaran. En resposta, xa se anunciou un segundo ciclo para o mes de marzo.
A principal actividade social do periodo levou a un grupo de xente a Meira, onde poidemos desfrutar dunha visita guiada por José Mª Rodríguez á Colexiata de Santa María, resto do antigo mosteiro, así como da man de Carlota Eiros á casa máis representativa do século XIX na vila, ir ós dous presuntos nacementos do Miño, O Pedregal de Irimia e Fonmiñá, para poder xulgar a súa preeminencia, e participar dunha comida de irmandade. Polo camiño, visitamos asemade o lugar onde antigamente se atopaba o Mosteiro de Esperautano e a reproducción do tren mineiro realizado e explicado por Luis Sanjurjo. Un verdadeiro disfrute de tempo e compañía.
Para non alongar máis, pasaremos de longo os dous principais temas que caracterizaron a actividade no último mes: as vidrieiras, tema que continuará, e a recollida de sinaturas tentando a recuperación do xulgado para Ribadeo, no que somos conscientes que o paso seguinte debe ser dado por tódalas forzas políticas de xeito unido, sen fisuras. Lograrémolo?
Estamos no Nadal, tempo que se emprega para felicitacións e bos desexos cara ó novo ano. A directiva de O Tesón fai extensivos a todo Ribadeo, non só ós socios do colectivo, estes bos desexos, pero sen perder de vista aquel vello refrán que di 'a Deus rogando, e co mazo dando'... O futuro está en boa parte nas nosas mans, e se queremos que Ribadeo sexa un mellor lugar para vivir, é algo no que todos debemos participar.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Nota de prensa sobre as vidrieiras do cemiterio

Ribadeo, 20101119

A falta de coñecer exactamente o que pasou, a directiva da AVV O Tesón lamenta profundamente a situación na que se atopan na actualidade as vidrieiras da capela do cemiterio, desmontadas e literalmente tiradas no marco dunhas obras que a escola taller está a realizar no edificio.
Como información básica, queda dicir que as vidrieiras, duns 80 anos de antigüidade, constitúen un patrimonio ribadense de importancia, que se encadra no conxunto artístico de edificios indianos dos que Ribadeo se sinte tan orgulloso e que poden significar un aporte de ingresos a traverso do turismo. O seu valor hoxe é difícil de calcular, pero oito vidrieiras como as que remataron tiradas, desfeitas (a excepción de unha soa, que se conserva en relativo bo estado) teñen un valor económico alto, a parte dos valores antes citados. E xa se pode dicir que son irrecuperables.
O concello foi posto en aviso e xa ten actuado, pero está claro que unha actuación despois dunha desfeita non pode voltar atrás as cousas e deixar todo como estaba anteriormente. Así pois, botemos un réquiem polas vidrieras, pero tamén fagamos que se indague que pasou, vexamos as responsabilidades e poñamos os medios para que non volte a ocorrer. Somos nós, os de Ribadeo, os implicados, e quenes temos que facer que o pobo teña as actuacións que se merece. A destrucción ninguneada do patrimonio non é unha delas.

martes, 16 de noviembre de 2010

Preguntas ó pleno de 20101115

1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Petición de sinaturas para a recuperación du xulgado en Ribadeo

comezou a Campaña...

Á atención do Sr. Ministro de Xustiza, D. Francisco Caamaño
Non dispoñendo Ribadeo de Xulgado de 1ª Instancia e Instrución dende 1965, e téndose incrementado relativa e absolutamente a importancia da vila ribadense neste período, estimando ademais que concorren as circunstancias características que se avalían para atribuír un xulgado deste tipo, e mesmo en mellor posición que outros xulgados concedidos recentemente, as persoas abaixo asinantes esixen a apertura da tramitación correspondente para que se recobre en Ribadeo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.

Nome e apelidos Sinatura DNI





































































domingo, 31 de octubre de 2010

A charla de onte, a viaxe de pasado mañá e ... quizáis o xulgado dalgún día

Deixo adxunto unha nota de prensa de O Tesón:
AVV O Tesón
Nota de prensa
Ribadeo, 20101031

Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte día 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tesón mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por título xenérico 'Ribadeo e ...' foron o mar, o medio ambiente, o pintor Dionisio Fierros e o tempo (no sentido de temperie), e a súa acollida anima á asociación a anunciar xa un segundo ciclo para os venres do próximo mes de marzo, con contidos que serán anunciados máis adiante.

En canto á conferencia “Ribadeo e ... o tempo”, nela Luciano Zubillaga expuso en tres partes ben diferenciadas unha introducción ó tempo en Ribadeo. Na primeira, prólogo do conxunto, espuxo a dependencia que existe entre a nosa vida e o tempo e a importancia do método, esquematizando as partes posteriores.

Pasou logo a distinguir tempo de clima. É dicir, algo función non só do lugar, senón do momento (e que polo tanto pode ser igual en dous lugares momentáneamente aínda que non o sexa en xeral), distinguido dunha característica que define a un lugar ou conxunto de lugares. Posteriormente fixo un repaso dos aparellos meteorolóxicos que se usan na Pedro Murias, desde os sinxelos termómetros diferenciados pola súa colocación, ós máis raros heliógrafo ou anemocinemógrafo, para medir as horas de Sol o primeiro e para gardar o rexistro da velocidade e dirección do vento o segundo. Espuxo bases de análise do clima que non deixan de ser curiosidades para o cidadán, como o descenso da temperatura media a medida que se avanza en altura (do orde de 0,6ºC cada 100m, o que leva a temperaturas de -40 ou -50ºC a gran altura), ata a pregunta/resposta “clima agradable? - lugar adecuado”, que nos levou á situación do noso planeta arredor do Sol, ó seu xiro ou á influenza da atmosfera.

Na parte final, introducida por o xeito en que se realizan as medicións, mantidas por formalidade, veracidade e método no traballo, pasou revista ó detalle das observacións tanto no antigo complexo de Benquerencia como na Pedro Murias. Comezou co parte diario da estación manual, vendo como se cobre e o seu tratamento, por folla de cálculo e o seu envío a MeteoGalicia e AEMET para contrastar os datos das dúas estacións automáticas que funcionan na granxa. Seguiu logo cos datos mensuais e anuais e a análise de medicións recollidas na última década, da que resulta o 2004 o ano máis seco e o 2008 o máis húmido cunha precipitación prácticamente dobre, e a detalles máis concretos, como a análise da choiva no verán de 2010, calificable como seco para Ribadeo. Como final, centrouse nas medias meteorolóxicas, e destacou que na década a temperatura media fóra de 13,8ºC, cunha variación entre 17,4 e 10,2 para as medias das temperaturas máximas diarias e as mínimas diarias (é dicir, unha diferencia media máxima entre día e noite de 7,2ºC), así como que a media anual de choiva estableceuse en 932,7 mm.

Posteriormente houbo un turno de preguntas no que saíron diversos outros temas colaterais, como a conservación de datos meteorolóxicos dos primeiros tempos da Pedro Murias.

No acto, asemade, a AVV O Tesón deu dous avisos. O primeiro, o comezo da recollida de sinaturas pro recuperación do xulgado en Ribadeo, que se fixo ó finalizar a conferencia e que será extendida nos próximos días a diversos establecementos ribadenses, buscando a cohesión de pobo e partidos políticos, aglutinados en unha mesma dirección e evitando facer do xulgado un tema de loita política: é algo no que Ribadeo debe estar unido.

O segundo, o aviso doutra actividade da asociación, unha viaxe a Meira o próximo día 20, no que está previsto visitar a colexiata, o pedregal de Irimia e Fonmiñá, entre outros lugares. O custe (comida a parte) é de 10 € para socios e familiares próximos e 12 para a xente en xeral, apuntándose nos teléfonos 663749442 – 629806592 – 696200678 ou direitamente a un membro da directiva da asociación.

Nota de prensa: CHARLA, XULGADO E VIAXE

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ribadeo, 20101031

Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte día 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tesón mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por título xenérico 'Ribadeo e ...' foron o mar, o medio ambiente, o pintor Dionisio Fierros e o tempo (no sentido de temperie), e a súa acollida anima á asociación a anunciar xa un segundo ciclo para os venres do próximo mes de marzo, con contidos que serán anunciados máis adiante.

En canto á conferencia “Ribadeo e ... o tempo”, nela Luciano Zubillaga expuso en tres partes ben diferenciadas unha introducción ó tempo en Ribadeo. Na primeira, prólogo do conxunto, espuxo a dependencia que existe entre a nosa vida e o tempo e a importancia do método, esquematizando as partes posteriores.

Pasou logo a distinguir tempo de clima. É dicir, algo función non só do lugar, senón do momento (e que polo tanto pode ser igual en dous lugares momentáneamente aínda que non o sexa en xeral), distinguido dunha característica que define a un lugar ou conxunto de lugares. Posteriormente fixo un repaso dos aparellos meteorolóxicos que se usan na Pedro Murias, desde os sinxelos termómetros diferenciados pola súa colocación, ós máis raros heliógrafo ou anemocinemógrafo, para medir as horas de Sol o primeiro e para gardar o rexistro da velocidade e dirección do vento o segundo. Espuxo bases de análise do clima que non deixan de ser curiosidades para o cidadán, como o descenso da temperatura media a medida que se avanza en altura (do orde de 0,6ºC cada 100m, o que leva a temperaturas de -40 ou -50ºC a gran altura), ata a pregunta/resposta “clima agradable? - lugar adecuado”, que nos levou á situación do noso planeta arredor do Sol, ó seu xiro ou á influenza da atmosfera.

Na parte final, introducida por o xeito en que se realizan as medicións, mantidas por formalidade, veracidade e método no traballo, pasou revista ó detalle das observacións tanto no antigo complexo de Benquerencia como na Pedro Murias. Comezou co parte diario da estación manual, vendo como se cobre e o seu tratamento, por folla de cálculo e o seu envío a MeteoGalicia e AEMET para contrastar os datos das dúas estacións automáticas que funcionan na granxa. Seguiu logo cos datos mensuais e anuais e a análise de medicións recollidas na última década, da que resulta o 2004 o ano máis seco e o 2008 o máis húmido cunha precipitación prácticamente dobre, e a detalles máis concretos, como a análise da choiva no verán de 2010, calificable como seco para Ribadeo. Como final, centrouse nas medias meteorolóxicas, e destacou que na década a temperatura media fóra de 13,8ºC, cunha variación entre 17,4 e 10,2 para as medias das temperaturas máximas diarias e as mínimas diarias (é dicir, unha diferencia media máxima entre día e noite de 7,2ºC), así como que a media anual de choiva estableceuse en 932,7 mm.

Posteriormente houbo un turno de preguntas no que saíron diversos outros temas colaterais, como a conservación de datos meteorolóxicos dos primeiros tempos da Pedro Murias.

No acto, asemade, a AVV O Tesón deu dous avisos. O primeiro, o comezo da recollida de sinaturas pro recuperación do xulgado en Ribadeo, que se fixo ó finalizar a conferencia e que será extendida nos próximos días a diversos establecementos ribadenses, buscando a cohesión de pobo e partidos políticos, aglutinados en unha mesma dirección e evitando facer do xulgado un tema de loita política: é algo no que Ribadeo debe estar unido.

O segundo, o aviso doutra actividade da asociación, unha viaxe a Meira o próximo día 20, no que está previsto visitar a colexiata, o pedregal de Irimia e Fonmiñá, entre outros lugares. O custe (comida a parte) é de 10 € para socios e familiares próximos e 12 para a xente en xeral, apuntándose nos teléfonos 663749442 – 629806592 – 696200678 ou direitamente a un membro da directiva da asociación.

domingo, 24 de octubre de 2010

Avisos da asociación para outubro e novembro

Onte, na charla sobre Dionisio Fierros, deuse aviso catro cuestións máis:
- Próxima charla, próximo sábado, á mesma hora (20:30), Luciano Zubillaga Zubillaga a persoa encargada de recollida de datos meteorolóxicos estas últimas décadas na 'Pedro Murias', Ribadeo e ... o tempo.
- II ciclo de charlas 'Ribadeo e ...', previsto para Marzo. Posibles temas, Ribadeo e o ensino, a competencia, hernán Naval, ...
- 20 de novembro, sábado, viaxe a Meira, con visita á colexiata, Pedregal de Irimia, Fonmiñá, ... : apuntarse a partires do próximo sábado.
- A partires da próxima semana, recollida de sinaturas a favor do retorno do xulgado a Ribadeo.

lunes, 18 de octubre de 2010

Nota de prensa sobre a charla Ribadeo e ... Dionisio Fierros

AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20101018

Unha volta realizada a segunda charla do ciclo “Ribadeo e ...”, protagonizada por Iván Rodríguez Lombardero, o próximo sábado 23 de outubro, ás 20:30 na Casa das Letras ribadense, Celia Castro Fernández falará sobre 'Ribadeo e ... a pintura de Dionisio Fierros'.

En canto a “Ribadeo e ... o medio ambiente”, a charla, que situo o medio ambiente ribadense a partir de conceptos conceptos como a pegada ecolóxica ou das opcións de protección medioambiental ou mesmo das condicións para un mundo sostible, constituíu un éxito de público e atención, que se proxecta xa sobre o conxunto do ciclo e fai pensar nunha próxima tanda de charlas de cara á primavera.

En relación a 'Ribadeo e ... a pintura de Dionisio Fierros', a protagonista, ribadense de nacemento e de corazón, é licenciada en Xeografía e Historia, especialista en arte antigo e medieval e museoloxía. Catedrática de historia do arte na escola 'Ramón Falcón', é autora do libro “Estudio Iconográfico y Estilístico de los Capiteles de la Catedral de Mondoñedo”, e autora asemade de diversos artigos sobre arte, como as súas intervencións en “Pintores lucenses del s. XX” e “Pintores lucenses en la segunda mitad del s. XX”. Membro fundador da Asociación do Camiño de Santiago en Lugo e do Camiño norte, ten participado na montaxe de diversos museos. Na actualidade está estudando a obra de Dionisio Fierros.

Despois da charla sobre Dionisio Fierros, queda unha cuarta charla deste ciclo, o 30 de outubro, sábado, de Luciano Zubillaga Zubillaga, que tratará sobre 'Ribadeo e ... o tempo'.

Lémbrase que as charlas están pensadas para unha duración variable, pero menor que unha hora, e unha rolda de preguntas posterior. A entrada é libre.

martes, 5 de octubre de 2010

Ciclo de charlas 'Ribadeo e ...'

A AVV O Tesón de Ribadeo, continuando na liña de anteriores actividades culturais relacionadas con Ribadeo, comunica que ten programado para o presente mes de outubro o primeiro ciclo de charlas 'Ribadeo e ...'

As charlas previstas para este primeiro ciclo, que terán lugar os días reseñados ás 20:30 en colaboración coa Casa das Letras de Ribadeo, son:

9 de outubro, sábado - Francisco Javier Campos. Ribadeo e ... o mar

15 de outubro, venres - Iván Rodríguez Lombardero. Ribadeo e ... o medio ambiente

23 de outubro, sábado - Celia Castro Fernández. Ribadeo e ... a pintura de Dionisio Fierros

30 de outubro, sábado - Luciano Zubillaga Zubillaga. Ribadeo e ... o tempo

As charlas están pensadas para unha duración variable, pero menor que unha hora, e unha rolda de preguntas posterior.

Nota de prensa da Mesa de asociacións sobre o Regulamento de participación cidadá

Nota de prensa da Mesa de asociacións
(AVV O Tesón como portavoz)
Presentación dun novo borrador do regulamento de participación cidadá
Dende hai varios anos, a xuntanza de asociacións veciñais integradas na Mesa de asociacións está a tratar de que se cumpra o contemplado na lexislación estatal sobre participación cidadá nos concellos.
Así, xa hai dous anos que foi presentado no concello unha proposta de regulamento de participación veciñal. Que saibamos, dito documento foi ignorado ata o momento, non recibindo ningún tipo de contestación ou comentario sobre o mesmo.
A comezos do presente ano, os participantes da mesa na xuntanza correspondente recibiron unha proposta da alcaldía, evidentemente independente da anterior feita por parte da Mesa de Asociacións, para a súa revisión. As suxerencias en relación a dita proposta foron tratadas en xuntanza o pasado dez de setembro, e tras un prazo de revisión do documento xa reformado por parte das asociacións participantes naquela reunión (Vilaosende, Remourelle, Anzas, Vilela, Cedofeita e O Tesón), a reproposta foi presentada hai quince días no concello, xunto cunha petición de reunión co alcalde para aclaración da nosa postura, non tendo ata o momento resposta por parte da alcaldía.
Adxúntase o documento revisado.
En Ribadeo, a 5 de outubro de 2010
- Nota: na presente entrada non se adxunta como tal o documento, faráse máis adiante -

viernes, 1 de octubre de 2010

A mesa de Asociacións e o Regulamento de Participación cidadá

Hai xa tres semanas que a Mesa de asociacións de Ribadeo, e dez días que foi presentado ó alcalde un escrito co texto seguinte:
"... xa hai dous anos a Mesa de asociacións fixo chegar ó sr. alcalde unha proposta de Regulamento de Participación Veciñal,
Que non se recibiu contestación algunha da mesma,
Que a comezos deste ano os participantes da mesa na xuntanza correspondente recibiron unha proposta do concello independente da anterior para a súa revisión,
Que en xuntanza mantida o venres 10 de setembro, con participación das AAVV de Vilaosende, Remourelle, Anzas, Vilela, Cedofeita e O Tesón, fíxose a revisión pedida,
Polo que
Adxúntase o documento revisado,
E solicítase unha xuntanza dos representantes das asociacións con vde."
Dez días despois, tempo prudencial para que o Concello esteña enterado, comeza a difusión ampla deste feito. En canto ó Regulamento enteiro, pronto, en Publicado en Ribadeo.

martes, 21 de septiembre de 2010

20100920, pleno: As preguntas de O Tesón

A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada fóra xa do pleno propiamente dito, como está está establecido.
1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito xa hai tempo que se estaba a realizar un listado que sería difundido, pero non dispoñendo aínda do mesmo, lembramos de novo dita solicitude.
R:O listado de ob ras pódese consultar xa no despacho de Cultura.
2.Tendo observado que hai tempo que non se fala oficialmente da liña de subministro elećtrico a Ribadeo nin da subestación segundo parece necesarias ambas para o comezo de funcionamento do polígono industrial, solicitamos coñecer a actualidade de ambos temas.
R: Posiblemente haberá que facer outro protocolo por incumprimento de prazos. A cousa está en que previo á declaración de utilidade pública é a exposición pública, que aínda non se fixo. Hai unha modificación pedida pola Comisión dos Camiños de Santiago, o sotorreamento á beira do Camiño. É previsible ademáis que a execución das 13 reservas do polígono se poda facer sen a realización da suestación, pero non se pode manter a situación así indefinidamente.
3.Tendo pendente de consecución a realización unha saída cara a Ribadeo dende a Autovía vindo de Galicia e un entronque coa circunvalación para conectar coa chamada estrada do monte, solicitamos coñecer o estado da cuestión.
R: En realidade son dúas preguntas, con respostas semellantes. en concreto, en relación á A8, está aprobado, pero non hai nin idea de cando se vai facer.
4.Tendo noticia da existencia dun canón lanzacabos doado pola Armada norteamericana para o salvamento de náufragos ribadense, que foi visto ultimamente na Cruz Vermella de Lugo, solicitamos coñecer se se está a facer algún tipo de xestión para o seu retorno a Ribadeo, xunto coa lancha de salvamento marítimo no Forte de San Damián.
R: O alcalde respostou que descoñecía o tema, pero que fará xestións para ver que se pode facer (en relación a isto, un asistente comentou posteriormente que en época de Lalo como alcalde estaba no seu despacho sobre catro pilares). O alcalde aproveitou para comentar que a lancha de salvamento foi recentemente pintada e encargouse unha placa de metacrilato para ilustrar a súa historia.
Continuará...

martes, 3 de agosto de 2010

Nota de prensa Mesa de asociacións 20100703

Nota de prensa
Xuntanza da Mesa de Asociacións xullo 2010

Como estaba previsto dende xaneiro, o primeiro fin de semanda do pasado mes de xullo tivo lugar a xuntanza da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo. A xuntanza foi convocada, a modo de lembranza, pola AVV O Tesón, sendo chamadas as AVV de veciños así como algunha asociación máis de tipo social.
Asistiron asociacións de Remourelle, As Anzas, Vilaosende e Vilela, a parte da xa citada.
Foron tratados diversos puntos, a partires dunha orde do día aberta. En primeiro lugar, tratouse sobre o hospital da costa e zona sanitaria, sendo comentado o estado actual da cuestión, os argumentos de cada parte e temas relacionados coa manifestación.
Pasouse despois ás reparacións polo temporal, onde se comentou a concesión de 4,8 M€ en concepto de reparacións para 14 concellos, mentras que por outra parte, só as perdas xerais en Ribadeo están cifradas 0,8 M€. Xurdiu a oferta de que, para poder facer máis rendibles os cartos, as asociacións poden facer obras contando con voluntarios.
Pasouse logo ó estatuto de participación cidadá e relacións co concello. Comentouse que na próxima xuntanza co alcalde, se a hai, debérase levantar acta dun xeito oficial, que podería ser feita por algunha persoa do concello, como o axente de sostibilidade, despois de ter falado a conveniencia da súa asistencia a algunha xuntanza, plantearse o ser invitado e no seu caso, aceptar. A destacar que, segundo se quedou na xuntanza de xaneiro, debera ser o alcalde quen convocara e asistir a xuntanza. Despois de pasar o tempo convido, foi avisado e mesmo esta nota de prensa foi retrasada á espera dunha convocatoria que non chegou polo momento.
Dentro das relacións co concello e a participación cidadá, lembrouse a posibilidade de aproveitamento das reducidas canles actuais, por exemplo a posibilidade de facer preguntas ó pleno.
Dado que foi presentado xa hai dous anos por parte da mesa de asocicións a proposta de O Tesón un borrador de estatuto de participación cidadá, e sen ser contestada, foi presentado un borrador por parte do concello na xuntanza pasada, quédase o venres 10 de setembro, ás 19h, no mesmo lugar, para facer unha xuntanza monográfica e a partir dela, dar unha resposta común ó concello sobre o regulamento de participación cidadá.
Rematouse con temas varios. Así, comentouse que o acordo cos madeiristas para o mantemento das pistas está sen asinar, aínda que parece que se lle está a esixir fianza sen desenvoltar máis regulación que a que hai a nivel supramunicipal. Asemade, tamén se reiterou a oferta de limpeza de ríos por parte das asociacións do rural, e tratáronse os temas das obras da estrada de circunvalación e as súas deficiencias actuais, e o as que están por comezar do paseo das Aceñas.
A xuntanza durou dúas horas e media.

miércoles, 23 de junio de 2010

Manifestación en defensa da Sanidade Pública na Mariña

MANIFESTACIÓN 26 DE XUÑO ÁS 12 DA MAÑÁ

SALVEMOS O HOSPITAL DA COSTA

DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA NA MARIÑA

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña {na que está integrada O Tesón] convoca unha manifestación o vindeiro sábado 26 de xuño ás 12 da mañá con saída do Hospital da costa e remate na Praza da Mariña en Burela.

Pregamos encarecidamente a presenza dos veciños da Mariña, así como o voso compromiso en convidar amigos e veciños para que participen na mesma.

Neste sentido queremos lembrarche que o que nos estamos xogando é que o Hospital da Costa siga a manter os servizos que hoxe ten ou a maioría deles se trasladen ao novo hospital de Lugo, o que significaría un retroceso máis de 25 anos na calidade asistencial dos mariñáns.

Na mesma manifestación imos esixir da Xunta de Galiza que cumpra os seus compromisos coa Atención Primaria e que se remate co estado de abandono na que está asumido a mesma o que a coloca ás portas do colapso.

Sen outro particular unha aperta

sábado, 12 de junio de 2010

Unha comparativa sanitaria

Dende hai xa perto de dous anos, a AVV O Tesón vai seguindo os avatares do servizo sanitario na zona. Hai un par de meses unha asociada de O Tesón atopouse nunha situación que a levou a acudir por urxencias ó Hospital da Costa. Nada especial que dicir da atención neste caso. Si, en cambio, sobre o custe dos servizos hospitalarios.
A Seguridade Social, o Sergas, leva unha contabilidade e facturacións sexa unha cuestión interna ou externa, é dicir, sexa a atención producida sobre un paciente con cartilla do Sergas ou non. E iso leva direitamente a unha comparación, dado que en principio pode parecer un erro o pago/cobro no hospital de Burela fronte a outros centros hospitalarios.
Estamos no caso dunha Atención Básica de Urxencias, incluíndo recoñecemento por un médico de Medicina Xeral e dúas Radiografias. A factura que da orixe a este artigo aplícalle 331,83 €, segundo tarifas establecidas pola Xunta no D.O.G. de 9 de outubro de 2009 (Decreto 392/2009, do 1 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias).
Un servizo semellante, salvo erro nas consultas realizadas, ten como custe:
-En POLUSA (Lugo): 90 €
-En Sanatorio Virxe dos Ollos Grandes (Lugo): 80 €
-En Policlínico La Rosaleda (Santiago de Compostela): 50 €. por consulta médica e 35 € por radiografïa. Total: 120 €
-En Clínica Universitaria de Navarra: 129 € por consulta médica básica e entre 75 e 100 € por radiografía. Total ata 329 €
Vaia por diante que a atención á que nos referimos podería ter xerado máis asistencia sen variación de prezo (poñamos por caso, ter necesitado 3 radiografías en lugar de 2), mentras que nos centros privados consultados en xeral, novos controles incrementarían o custe facturado. Aínda así, unha relación de 4 a 1 nos importes parece que non é funcional. Mellor, que algo non funciona.
Non sabemos as causas desta diferencia, pero si se pode apreciar que pode ser utilizada, e máis se non se poñen en claro as causas, para xustificar un ataque á sanidade pública, aínda que ó noso entender habería que analizar as causas precisamente para mellorar o rendemento do servizo público.
E nesas estamos: na actualidade, seguen as controversias sobre a xestión do hospital basada en Burela ou en Lugo, loitando por ter no futuro unha área de xestión integrada propia da Mariña, que inclúa primaria e especializada, pola ampliación do nº de camas, a implantación de oncoloxía, ampliación de hemodiálises, pleno funcionamento de Consulta Maior Ambulatoria, a existencia de resonancia magnética, hospitalización a domicilio ou a posta en funcionamento dos servizos de tarde. Somos conscientes que un retroceso neste punto alonxaría a solución sanitaria da porta das nosas casas, ó tempo que implicaría unha cuestión económica de fondo non desprezable (por exemplo, onde iría a parar o gasto en papelería do hospital, a unha empresa mariñá ou a outra luguesa?). Fálase de racionalización, e coidamos que non hai persoa que non asinta a que é convinte que os servizos se presenten dun xeito racional. Pero, representa unha racionalización que a xestión dunha zona esteña a 100 km do hospital de referencia?
E, ó fondo, un temido desmantelamento de servizos sanitarios públicos vía concesións diversas a centros ou asociacións privadas mentras se restrinxen as posibilidades de actuación sanitaria pública. Aí están os exemplos dos centros hospitalarios madrileños, que parecen ser referencia para o futuro que nos espera e que non parece que vaia en beneficio do presuposto mentras vai en detrimento do servizo sanitario. Será casualidade que precisamente nestes momentos nos Estados Unidos de América esteñan a tratar de darlle máis pulo ó servizo sanitario público no medio duns altísimos custes derivados da xestión privada e existencia dun sector público anano? … cun custe sanitario moi alto e servizo moi malo.

sábado, 22 de mayo de 2010

Sobre a presentación do libro de Pablo Mosquera

Onte tivo lugar a presentación do libro de Pablo Mosquera na Casa das Letras. A coincidencia do acto con outros catro eventos non facilitou a asistencia de xente, que se manifestou en vinte persoas como público. Como estaba previsto, falaron A. Gregorio presentando ó autor, J.Mª Rodriguez introducindo o libro e o propio autor con verbas sobre diversos temas relacionados co libro, incluída a idea da súa realización. A falta da gravación do acto, que se fastidiou, a continuación inclúense as verbas dos dous primeiros (que sufriron algunha variación no acto)
--
Boas tardes.
Os contactos entre O Tesón e Pablo Mosquera, e por extensión, os Aventados, fan posible este acto de hoxe nesta casa da cultura que se nos brindou e que é a Casa das Letras.
Temos na mesa a José Mª Rodríguez, que fará a presentación e ó autor, Pablo Mosquera, que falará da Mariña, do que fala o libro “Senderos para el Viajero”. Ambos son coñecidos abondo como para non necesitar presentación previa, pero cabe dicir que unha pequena visita a internet, onde me atopei cun medio millón de ocorrencias de 'Pablo Mosquera', fíxome variar a miña cómoda postura inicial de escudarme no coñecemento previo por parte do público para tentar facer un pequeno desbroce informativo.
Co permiso de José Mª, e como a presentación esta volta corresponde a un libro de Pablo, só direi del a lembranza do seu último libro polo momento, 'Sobre os castros de Ribadeo', presentado hai non tanto tempo neste mesmo lugar.
En canto a Pablo, xa dixen que o que me fixera cambiar de idea sobre a presentación foi a cantidade de información e desinformación na rede. Así, atopeime cun Pablo Mosquera campeón galego coido que de tenis. A cousa sería para para engadir ó curriculum, pero resulta que era na categoría alevín no ano 2004, co que non cadran as contas. E vinme na necesidade de aclaralo, mesmo cando a solapa do libro que hoxe se presenta contén unha relación parcial de feitos relacionados con el.
A quen temos aquí é a Pablo Alejandro Mosquera Mata, de alcume 'Bígaro'. Nalgunha biografía din que é político, escritor e articulista. Non obstante, de profesión, é médico, especialista en saúde laboral, e no seu ámbito profesional ten desenvolvido diversos cargos, entre os que destacan a dirección de Hospital en Vitoria, Burela e Jarrio. E na súa profesión segue.
En política, foi parlamentario vasco por Álava cinco mandatos, e parlamentario foral alavés en tres, tendo impulsado e creado un partido, Unidad Alavesa, do que foi presidente. Do seu paso pola política queda asemade a súa membresía como parte do Goberno Foral de Álava. Abandoou a política activa hai xa perto dunha década para virse dende o País Vasco a Galicia, ou máis en concreto, á Mariña.
En canto ó seu aspecto literario, a parte doutras obras como 'Entre líneas', ten colaborado con numerosos diarios e revistas, sendo ademáis tertuliano en varios medios. Calquera pode telo escoitado de xeito recente en Onda Cero ou leído na Voz de Galicia, o mesmo que pode ter accedido a centeares de artigos seus noutros medios, como El País ou El Progreso, o mesmo que en diarios de ámbeto vasco.
Pero quizáis sexan outros intereses os que nos aproximen máis ó actual libro: retomando ó chegar a súa terra o interese asociativo que o levou a participar na fundación do Foro de Ermua, de igual xeito ten hoxe entre mans ós Aventados, asociación cultural que é con diferencia na actualidade a que máis se está a mover na Mariña, e que non por casualidade terá mañá un dos seus numerosos actos, esta vez en función do poeta Miguel Hernández, ó tempo que hoxe mesmo é o propio Pablo e Alfonso Otero Regal saen nos papeis a conto doutra actividade da asociación mantida mércores en Viveiro. Un só detalle define quizáis esta asociación tan vencellada a Pablo: non hai moito, declarou que é doado ser un 'aventado': chega con ser alguén que ama á súa terra. Ista, na que estamos.
E co citado detalle, coido que queda algo clarificada a traxectoria vital de Pablo, e encarriladas as verbas xusto abondo para ceder a palabra a José Mª e comezar, agora si, a presentación do libro.
--
La cosmología aristotélica, inspirada en Ptolomeo, sobre los cuatro elementos del cosmos, tierra, aire, agua y fuego, no se acabó con Galileo, sino que pervive en el grupo de los Aventados de San Ciprián. Su cabeza visible, Pablo Mosquera, que nos honra aquí con su presencia, se encarga de recordárnoslo a través de este precioso libro que hoy pone a nuestro alcance. Un libro en el que el autor, como buen aventado, rinde tributo a los cuatro elementos que, según Ptolomeo, componen el mundo físico en el que vivimos y del que somos parte. Un mundo que Pablo se encarga de descubrirnos a lo largo de las páginas de este libro. Un libro en el que su autor nos revela bellezas ocultas, en situaciones y cosas, que a los demás se nos esconden.
Nos habla del viento cuando lo oye azotando en la noche los blancos mantos de la Santa Campaña en su recorrido nocturno por las costas del litoral mariñano, por tierras de San Andrés de Teixido o celebrando sus aquelarres en Os Farallóns de San Ciprián, invitada por la Maruxaina.
Nos habla del agua cuando nos cuenta los naufragios de tantos caminantes incógnitos y desconocidos peregrinos que las aguas engulleron en los muchos y trágicos siniestros sufridos en nuestra mar bravía a lo largo de nuestras costas.
Nos habla del fuego cuando con imaginación nos va relatando los destellos luminosos de los hermosos faros que, sin otros indicadores ni señales de tráfico que los guiasen, iluminaban los caminos de las naves que cruzaban el mar frente a nuestras costas.
Se ocupa de la tierra cuando, guiando los pasos de los peregrinos, les va descubriendo los bellos parajes que se esconden detrás de cada recodo de nuestras costas, desde Ribadeo hasta San Andrés de Teixido.
De todo esto y de mucho más nos habla el autor en la primera parte de su bello libro, escrito con una hermosa prosa, imaginativa y cunqueiriana, con la que va guiando a los viajeros y peregrinos hacia los lugares más señeros de nuestra costa britona. A través de estas páginas, siempre nuevas por su contenido poético y su frescura, nos va descubriendo bellezas y cosas que a los demás mortales se nos ocultan.
Yo me imagino a Pablo, sentado a la vera del campo santo de Vares, contemplando la isla Coelleira. Y en ella, esa reliquia de nuestra antigua cultura britona que, allá por el año 540, acogió al primer barco de los britones llegado a nuestras costas, y en donde levantaron el primer monasterio para albergar a Mailoc que llegaba con sus monjes britones para combatir los restos del priscilianismo y las incipientes herejías arrianas importadas por los suevos. Desde ese bastión de la Coelleira saltarían más tarde los monjes, con su abad al frente, hasta San Martín para fundar el gran Monasterio de Máximo, en donde quedó establecida la sede de nuestra diócesis britona, que después de su breve paso por Ribadeo, quedaría establecida para siempre en Vallibria, la actual Mondoñedo. Testimonio de los lazos que unían a esos dos monasterios britones y de esa herencia pasada compartida es la relación de dependencia que ambos monasterios, el de San Martín y el de l Coelleira, mantuvieron a lo largo de los siglos de existencia hasta el siglo XVIII, en la baja Edad Media.
Luego nos va exponiendo el autor, con numerosos y exhaustivos datos y fechas, los avatares vividos por los peregrinos desde el siglo X en su caminar hacia Compostela, guiados por la Via Láctea, que nosotros llamamos el Carro de Santiago. Y llevando de la mano a estos modernos peregrinos, que caminan movidos por una espiritualidad sin religión, en busca de la paz interior y del encuentro con la Trascendencia, el autor los conduce por los caminos de nuestra historia y los recovecos de nuestros paisajes, mientras les va recordando la intensa actividad ballenera habida en los puertos de la mariña. Todo ello adornado con hermosas leyendas que hablan de famosos acontecimientos pasados.
La historia del Marqués de Sargadelos le sirve al autor para dar a conocer al visitante que recorre nuestras tierras mariñanas el primer florecer de la industria de nuestra tierra gallega: la transformación del hierro, del caolín o del lino, la importación y exportación de nuestros productos textiles y agrarios, todo ello bajo el impulso hechicero y prodigioso de la figura del ribadense Antonio Raimundo Ibáñez, 2º regidor del concejo de Ribadeo.
Y no falta tampoco, como no podía ser menos, un recuerdo a la gran labor evangelizadora del hereje Prisciliano a lo largo de la Gallaecia. Un apóstol que, predicando pobreza y austeridad, criticó enérgicamente todo contubernio entre el poder civil y el religioso por lo que tuvo grandes enemigos que lograron su ajusticiamiento en Tréveris, desde donde fue traído y enterrado en algún lugar de la Gallaecia. De todos es conocido el “rum-rum” que circula entre muchos y destacados escritores que atribuyen a la tumba de Prisciliano el origen de las peregrinaciones a Compostela. Un Prisciliano, apóstol de la Gallaecia, de cuya labor misionera dan testimonio tantas ermitas y santuarios escondidos en las zonas agrestes de nuestras montañas, como Santo Estevo do Ermo, y en recodos ocultos de nuestras costas, como San Andrés de Teixido y tantos otros lugares que florecieron en nuestro antiguo reino de la Gallaecia, que abarcaba desde el Atlántico, ocupando toda la tierra de la orilla norte del Duero hasta las Vacongadas.
En resumen, el lector encontrará en este libro el canto de un gallego a su tierra y a sus tradiciones. Un recuerdo a las raíces que lo fueron formando y lo sosotienen y de las que aún se alimenta la Galicia actual.
Y termino felicitando a Pablo Mosquera por su aportación al mundo de la cultura con la aparición de este libro que viene a llenar un vacío en nuestra cultura comarcal y que, sin duda, colmará de placer a todos los que se paren a leerlo, como me ha ocurrido a mi mismo. Como dice Flavio Josefo en sus Antigüedades “importa tanto acertar con un estilo literario que haga placentero lo que se relata, como atenerse a la realidad de los hechos”. Y estas dos cualidades que, según Flavio Josefo debe tener un historiador, las encontrareis en este libro, escrito con un lenguaje culto, pero al mismo tiempo sencillo.
Felicidades al autor por este regalo.

martes, 18 de mayo de 2010

Mesmos dereitos: nota de prensa sobre o regulamento do Hospital-Asilo

Mesmos dereitos
Estes son os requisitos de ingreso no hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, segundo estaban ata o pleno de 10 de maio:
“Maior de 65 anos ou de 60 e pensionista.
Residente no concello cunha antigüidade de alomenos 2 anos.”
En xaneiro, plantexouse no pleno unha modificación do artigo do regulamento que facía variar os requisitos de ingreso. O motivo, o ser coñecedor un grupo político de dous casos de xente que quería entrar e non cumpría o requisito de antigüidade no concello, tendo sido veciño de Ribadeo.
Tivo lugar a aprobación de primeiras dunha modificación, coa apertura do periodo de alegacións. O tesón presentou as súas:
'En relación ó prazo de alegacións para a variación do Regulamento que rixe o Hospital Asilo, expón
Que a asociación considera convinte ter unha consideración cos ribadenses que tiveron que emigrar, para o que propón incorporar como requisitos nos correspondentes estatutos:
“1.Maior de 65 anos no caso xeral, ou de 60 sendo pensionista.
2.Residente no concello de Ribadeo cunha antigüidade de alomenos dous anos de empadroamento. No caso de ter emigrado, poder demostrar fehacientemente unha residencia en calquera momento da súa vida de dous anos, máis un ano por cada cinco que teña estado empadroado fóra de Ribadeo.”
A variación proposta, no punto 2, tenta favorecer ós nados ribadenses ou veciños que pasaron tempo en Ribadeo con anterioridade, de xeito que por exemplo calquera que tivera emigrado xa ós 13 anos de idade e sexa pensionista con 60 anos tería acceso a unha praza aínda que viñera direitamente de calquera outro lugar, despois de estar empadroado 47 anos consecutivos fóra de Ribadeo.'
Non tivo ningún voto a favor, sendo rexeitada polo tanto xa en comisión, e como a outra proposta de variación tampouco foi adiante (do BNG; só tivo os propios votos), quedaron variados os requisitos de entrada, de xeito que agora calquera que pasara dous anos empadroado en Ribadeo, cando fóra, ten os mesmos dereitos. Só unha pregunta: é lóxico que alguén que pasara os dous primeiros anos da súa vida en Ribadeo, aló polos corenta co século pasado, teña os mesmos dereitos de asilo que quen pasara en Ribadeo entre os 10 e os 12 anos, polos cincoenta, ou oito meses nos cincoenta, oito nos sesenta e oito nos setenta, ou quen pasara os dous últimos antes de pedir a súa entrada no asilo?
Polo dito no pleno no que se fixo a aprobación inicial, foron dúas persoas as que motivaron este cambio. A mesma semana que foi aprobado con carácter definitiva a proposta de ter dous anos de censo en calquera circunstancia, na Comarca del Eo de 15 de maio aparecían outras dúas persoas que non teñen praza e quixeran tela. Ó mellor é que dende o Tesón non explicamos a nosa postura a tempo, fiándonos nun diálogo social transparente. O caso é que non prosperou. E que os criterios de entrada no hospital deben perfeccionarse.
AVV O Tesón
** Unha nota final: por erro, non aparece que o punto terceiro das condicións tamén habería que cambialo, pois di que se favorecerá á xente coa renda máis baixa, pero a) non especifica cómo e b) non considera que a parte da renda, pode haber patrimonio.

sábado, 15 de mayo de 2010

Nota de prensa: denuncia ó "La Nueva España"

AVV O Tesón
Nota de Prensa
Denuncia contra 'La Nueva España'

Tras decisión da directiva da asociación de veciños O Tesón, no día de onte, xoves 13 de maio, o Presidente da mesma ten presentado denuncia contra o diario 'La Nueva España'. O motivo da denuncia é, despois de longos anos de ter usado dito diario de xeito constante o topónimo de 'ría del Eo' en troques do legal 'ría de Ribadeo', a acusación de dito diario de que diversas instancias galegas queren impor o topónimo legal de xeito insidioso. Así por exemplo no artigo “Galicia quiere los cañones del Eo”, do día 5 do presente mes, entre outras cousas relativas ó nome da ría e ó patrimonio, aparece o texto “para las dos orillas de la ría del Eo, cuya denominación los nacionalistas gallegos querían cambiar por el de ría de Ribadeo”.
Po iso, ante o que consideramos un ataque que ven sendo reiterado de diversos xeitos contra os intereses de Ribadeo, e ante a falta doutras respostas, decidimos intervir para tentar que cesen ditos ataques coa presentación da denuncia mencionada e en defensa do nome e patrimonio ribadenses.
Ribadeo, 14 de maio de 2010.

P.S.: Acompáñase a continuación a parte principal do texto da denuncia:
“(...) presentamos denuncia contra do diario ovetense La Nueva España, que de forma reiterada e ensidiosa nomea a Ría de Ribadeo co nome erróneo de Ría do Eo.
Os veciños consideramos que esto atenta de forma clara contra o noso patrimonio histórico de Ribadeo, e esto ocorre desde fai máis de 20 anos, a partires de abrirse o tráfico a Ponte dos Santos en 1987, e agora incluso de forma máis teimuda, se cabe, a partires da resolución do Ministerio de Fomento de 13 de marzo de 2008, na que a Comisión Especializada de Nombres Geográficos, decide e sostén, literalmente, “con contundencia” que o único nome que debe otorgarse á ría e o nome de Ría de Ribadeo, pois: “es la que está generalizada en toda la cartografía hidrográfica, topografía, atlas y publicaciones geográficas de caracter científico, a nivel mundial, no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erróneo...”
Pero agora vemos que este xornal, xa non só se conforma coa difamación da nosa topónimia histórica senón que con un cinismo inusual, no artigo de mércores 5 de Mayo de 2010, menciona que os restos que hai no fondo do “estuario” son de pertenza “asturiana” e retrata a raqueros do pecio histórico de “El Galgo de Andalucía” como se de héroes e patriotas se tratara. Con este artigo cremos que se falta o máis absoluto rigor histórico, para crear polémica coa soa finalidad do afan de lucro evidente por parte do Consello de Redacción do xornal, posto que se obvia a historia de esta fragata española de 24 canóns de avancarga,que desde 27 de setembro de 1719 está afundida a causa do ataque pirata de tres fragatas inglesas, “Weymouth”; “Galley” e outra máis da que non se sabe o nome, que entraron a roubar o porto e a Vila de Ribadeo, e cuxo Concello tivo que pagar rescate para librarse do ultraxe a que foi sometido.
Con este tipo de actuacións fora de toda ética e código deontolóxico periodístico que debe existir en toda Redacción de un periódico público, creemos que se atenta de forma clara contra do respeto fraternal entre xentes que se rixen pola mesma Constituición Española, que ampara os dereitos e rixe as libertades do noso pais.
Os artigos sobre patrimonio que se vulneran da Constitución Española de 1978, cremos que son os seguintes: (...)
E os artigos de competencias das comunidades Autónomas: (...)
Desde a Asocación de Veciños “O Tesón”, esiximoslle a esa redacción unha rectificación pública e o uso do topónimo Ría de Ribadeo sempre no sucesivo”

martes, 11 de mayo de 2010

Nota de prensa 20100511 sobre presentación do libro de Pablo Mosquera


AVV O Tesón
Nota de Prensa
Presentación libro Pablo Mosquera

Co gallo da recente aparición do libro de Pablo Mosquera 'Senderos para el viajero', a Asociación de veciños O Tesón, en colaboración coa Asoc. Os Aventados e coa Casa das Letras de Ribadeo, propicia un acto de presentación do mesmo o venres 21 de maio ás 20:30 horas.
No acto, que terá lugar no salón multiusos da Casa das Letras de Ribadeo, tomarán a Palabra o autor, Pablo Mosquera, que falará sobre as interioridades do libro, así como José Mª Rodriguez Díaz, que previamente encadrará o tema, e o moderador do acto.
A entrada é libre e gratuíta, coa única limitación do espazo dispoñible.
Ribadeo, 11 de maio de 2010.
P.S.: Acompáñase imaxe da portada do libro en ficheiro adxunto.

miércoles, 5 de mayo de 2010

O regulamento do Hospital-Asilo

A raíz dunha nova de prensa, deixo a ligazón á alegación presentada polo Tesón, así como ó regulamento do hospital asilo aínda vixente e ó comentario do pleno no que se fixo unha variación inicial.
Coido que máis impactante que o plantexamento dunhas ou outras condicións foi o motivo do cambio: dúas persoas que nun momento determinado queren entrar e atópase que non reúnen as condicións. Entón, por relación cun partido, vai e plantéxase o cambio. Porque ese foi o tema: non unha percepción xeral, senón intereses determinados nun momento concreto.

lunes, 5 de abril de 2010

Alegacións ó regulamento do Hospital Asilo

Alegacións presentadas á aprobación inicial da variación do regulamento do Hospital Asilo. (Aquí, aprobación de 2008, e aquí, variacións aprobadas inicialmente este ano)
"En relación ó prazo de alegacións para a variación do Regulamento que rixe o Hospital Asilo, expón
Que a asociación considera convinte ter unha consideración cos ribadenses que tiveron que emigrar, para o que propón incorporar como requisitos nos correspondentes estatutos:
“1.Maior de 65 anos no caso xeral, ou de 60 sendo pensionista.
2.Residente no concello de Ribadeo cunha antigüidade de alomenos dous anos de empadroamento. No caso de ter emigrado, poder demostrar fehacientemente unha residencia en calquera momento da súa vida de dous anos, máis un ano por cada cinco que teña estado empadroado fóra de Ribadeo.”
A variación proposta, no punto 2, tenta favorecer ós nados ribadenses ou veciños que pasaron tempo en Ribadeo con anterioridade, de xeito que por exemplo calquera que tivera emigrado xa ós 13 anos de idade e sexa pensionista con 60 anos tería acceso a unha praza aínda que viñera direitamente de calquera outro lugar, despois de estar empadroado 47 anos consecutivos fóra de Ribadeo.
En Ribadeo, a 13 de marzo de 2010."

miércoles, 24 de marzo de 2010

Nota de prensa contestación ás preguntas pleno 20100315

Respostas a unhas preguntas
Como soe facer dende a aprobación do procedemento polo pleno hai xa case seis anos, a AVV O Tesón presentou ó pleno do pasado 15 de marzo preguntas para enterarnos e dar a coñecer á cidadanía algunha das cousas polas que nos preocupamos. Neste caso, as preguntas dirixidas ó alcalde para ser contestadas ó remate do pleno segundo foi aprobado no seu día, eran:
“1.Tendo xa pedido no pasado aclaración sobre o paradeiro de diversas obras cedidas ó concello por mor de ter facilitado exposicións ós autores, ou por outras causas e doazóns, e dado que a resposta incluía a realización dun listado, solicitamos coñecer como se está a realizar dito listado, se falta moito para a súa finalización e outros detalles como se están localizadas todas as obras revisadas ata o momento.
2.Coñecedores da existencia dun cadro de gran tamaño e aparentemente tamén gran valía, de Suarez Couto representando ó 'Viejo Pancho', ata hai pouco localizado na antiga biblioteca dos baixos do Cantón dos Moreno, solicitamos coñecer se hai algún tipo de previsión para o seu coidado e posta en valor.”
A primeira ven a conto de que os artistas que realizan exposicións en sala municipal, maiormente pintores, deben ceder unha obra ó concello. Dado que esta cesión vénse facendo dende hai decenios, nestes momentos calculamos que o número de obras a disposición do pobo de Ribadeo debera estimarse en centeas, obras que non parecen locer como deberan.
En canto á segunda, o cadro é lembrado por moita xente que ten usado a vella biblioteca nos baixos do Cantón dos Moreno, sendo visto aínda hai pouco por algún asociado. A súa disposición na biblioteca, xunto co tamaño e a impresión que causa, fai que nunha primeira visión sexa considerado importante pola xeralidade de quen o coñece.
En canto ás contestacións, á segunda pregunta, de boca da concelleira de cultura, pode resumirse no anuncio de que o cadro de Suárez Couto foi examinado polo alto pola técnica do Museo Provincial en outubro de 2009, estimando o seu estado favorable, pero non emitindo un informe en profundidade por ser necesario para eso un estudo asemade en profundidade que non foi realizado e que requeriría un peritaxe custoso. Para o cambio de lugar e o seu aproveitamento noutra zona, estívose a estudar pero debido ó seu tamaño non hai moitos sitios nas dependencias relacionadas co concello que o podan acoller, centrándose os posibles lugares no primeiro andar do edificio de Ibáñez. Aínda así, a dificultade básica parece estar no traslado, que requeriría o desmonte do cadro, polo que de pronto seguirá na biblioteca. É dicir, está mirado, pero faltan solucións: algo ó que tamén se referiu a concelleira, requerindo o aporte de ideas nese sentido.
En canto ó listado de obras cedidas ó concello, despois do recordatorio da concelleira á persoa encargada, espérase dispor del con prontitude, momento no que será presentado para o seu coñecemento público.

sábado, 13 de marzo de 2010

preguntas para o pleno de 20100315

as dúas preguntas que ten plantexadas a AVV O Tesón para o pleno deste luns.


  1. Tendo xa pedido no pasado aclaración sobre o paradeiro de diversas obras cedidas ó concello por mor de ter facilitado exposicións ós autores, ou por outras causas e doazóns, e dado que a resposta incluía a realización dun listado, solicitamos coñecer como se está a realizar dito listado, se falta moito para a súa finalización e outros detalles como se están localizadas todas as obras revisadas ata o momento.

  2. Coñecedores da existencia dun cadro de gran tamaño e aparentemente tamén gran valía, de Suarez Couto representando ó 'Viejo Pancho', ata hai pouco localizado na antiga biblioteca dos baixos do Cantón dos Moreno, solicitamos coñecer se hai algún tipo de previsión para o seu coidado e posta en valor.

jueves, 11 de marzo de 2010


Asociación de Veciños “O Tesón”
Actividades do mes: MARZO 2010

Participación: “Escola Galega de Saúde para Cidadans” mediante asistencia o TALLER: “Formación Para a Participación Cidadá” [Notas tomadas sen comentarios]
realizado pola Xunta de Galiza no Salón de Actos do Complexo Hospitalario Xeral-Calde
En Lugo, martes 9 Marzo. Horario de 16:30 h a 21:00 h.

O pragrama adxunto, mostra as ponencias e temas dos que se trataron. Tiveron especial atención as intervencións do doctor en menciña D. Felix Rubial Bernárdez- Director Médico do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, o cual trazou en líneas xerais a estructura do Servizo Galego de Saude, como se xestionaba ata o de agora e como se pretende xestionar de aqui en diante. Os apuntes que eu fixen da sua exposición son os seguintes (Nota: algún dato pode non ser tal-cual)
A Consellería ten que garantir a calidade da Sanidade Galega como pilar de benestar da cidadanía, e para eso ten que estructurar os campos de actuación facendo fincapé en que o Paciente e o eixe do Sistema, sobre os que deben incidir unhos Servicios de Calidade, de atención contínua e continuada, que teñan en conta, tanto a enfermidade como o enfermo.
As liñas extratéxicas que se queren levar a cabo serán:
a)Velar pola eficacia do método de diagnóstico e tratamiento
b)Velar pola eficiencia do consumo adecuado de recursos
c)Priorizar as patoloxías
d)Priorizar as prescripcións, tratando no futuro próximo que sexan recetas eléctrónicas e de productos xenéricos.
e)Fomento e potencialización no uso de novas tecnoloxías (HCE)
f)Incremento das Historias Clínicas dixitalizadas, para uso en tódolos centros hospitalarios de Galiza.
Para levar esto o “terreo práctico” farase un “Acordo de Xestión” que organizará os acordos propostos e cuxas liñas a seguir serán:
1)Información clínica. Optimizar os Historiales Clínicos, dixitalizando a súa xestión, para que os problemas de un paciente estén en maus de tódolos profesionais médicos que o atenden na estructura sanitaria do SERGAS.
2)Accesibilidade as historias (tendrán caracter confidencial ríxido)
3)Eficiencia asistencial. Modelo organizativo para compartir información entre a Asistencia Primaria e a Asistencia Especializada.
4)Sostenibilidade (garantir a economía)
5)Seguridade os profesionais de traballo seguro
6)Comunicacións. Interna de forma ascendente-descendente e lineal para coa comunicación externa.
7)Impulsar a Investigación e a Docencia e calquera Innovación, traducila en cursiños para profesionais que enseñen as novas técnicas.

A Sanidade Galega ten garantía xurídica, na Lei de 8/2008 de Galiza e na Constitución Española Art.9.2 e 129.1.
O cidadán ten o Dereito de Participación na Xestión Pública polo simple feito de ter Eleccións dos seus representantes cada 4 anos, coas que pode facer Control das políticas que usan e poder continuar ou rexeitar a xestión.
O Sistema de Saúde toma forma mediante Leis como: Lei de Saúde 4/1986 /Art.5 e 53... 8/2008 Art. 13 do 10 de Xullo (DOG 14.244 24-xullo-2008) onde se estructura a rede de Hospitais e Centros Hospitalarios, e a incidencia da súa Xestión nos pacientes, así como, regulan:
a) Órganos de Participación Social (consellos, comisións e voluntariado)
b) Foros de Participación (organizacións empresariales e sindicatos)
c) Consello Galego de Saúde
d) Comisións de Participación Cidadá (entidades locais e veciñais)
e) Voluntariado (sen afán de lucro, excepto tareas propias de profesionais)
f) Organos de asesoramento (non colexiados)
g) Organos integrados por profesionais.
¿Que fai a DXSPP? (Dirección Xeral de Saúde Pública)
Desenvolve as políticas necesarias para o desenrolo dos obxetivos, procurando establecer estadísticas que expliquen os problemas xerais, para logo poder particularizar cada caso, atendendo a mellor xestión.
Para esto hai que saber: ¿de que morremos os galegos?
Hoxe sabemos que de enfermedades Cardiovasculares 36%
Cancro 26%
Respiratorias 13%
Accidentes 5%
E para modificar esta estadística a mellor, debemos incidir:
1) En boas políticas para mellorar o Estilo de Vida (procurando eliminar hábitos de vida sedentaria, que practican máis do 40% da poboación, incentivándoa a facer exercicio físico frecuentemente; unha alimentación equilibrada baseada na Dieta Galega que nada ten que envidiar a Dieta Mediterránea; non fumar; nos nenos promover a lactancia natural materna, máis que a artifical... etc.)
2) Impulsar políticas de Medio Ambiente (para que a poboación disfrute do mellor aire, augas, etc.)
3) Política do Servicio Sanitario, que aínda que o puidera parecer, non é o máis importante.
Para lograr esto, ¿que pretende facer este goberno da Xunta de Galiza?
1)Unha mellor xestión
2)Participación cidadana
3)Mellor comunicación destes procesos (medios de información)
4)Mellor formación escolar
¿Con qué ferramentas conta?
1)Vixiancia e aplicación das normas en tódolos termos da vida dos galegos
Ámbitos de aplicación:
- Familiar, Escolar, Municipal, Ocio, Hostelería, Laboral e Sanitario
¿Que é a Acción Integral porposta como novo modelo organizativo?
Principalmente trata de que o “individuo” unha vez sea chamado “paciente” non teña que “pegar saltos” entre uns e outros profesionais, que no “sistema vertical” actual o mandan de atención primaria a especializada, sin ningúnha intervención primaria, só co diagnóstico do médico familiar.
Co novo modelo querse facer un “sistema horizontal” (sin escalóns) ¿cómo? aumentando a capacidade de resolución dos Hospitais Comarcais, evitando “peregrinacións” de uns a outros hospitais. Para esto, ten que gañar participación a asistencia Primaria, para non repetir probas que alargan o tempo de espera do paciente e encarecen a xestión sanitaria.
Esto non é fácil de desenrolar. Necesítase tempo e “liderazgo”, pois as “inercias” do “sempre se fixo así”, as resistencias os cambios, os medos a perder parcelas de poder, son motivo de fortes debates que precisan “acomodos” según se avance na execución dos protocolos.
¿Qué se necesita?
a) Organización
(motores incentivos; cambios culturales; implicación dos profesionais; traballo en equipo; formación e información de todos actores partícipes no desenrolo dos
diagnósticos e terápias)
b) Informatizar.
Área de Ferrol - 20 concellos (205.122 habitantes)
A Coruña – 39 concellos (556.367 habitantes)
Santiago – 43 concellos (444.846 habitantes)
....
A Mariña - 14 concellos, en este semestre, casi seguro que se acaban de informatizar os Historiales Clínicos. Hai lentitude en algunhas áreas debido principalmente a problemas de ampliación da banda ancha (ADSL), o cual debe ser unha laboura prioritaria da Xunta, xa que o bon funcionamento e axilización da Sanidade Pública vai depender en boa medida das boas comunicacións electrónicas.
c) Accesibilidade os Servicios
Xestión dos tempos de espera. Hai que ter en conta que o problema non son as listas (xa que son imprescindibles o Sistema) o problema radica no Tempo de Espera.
-E ¿Quén xenera a Espera?
– A falta de axuste entre a Oferta e a Demanda. A Demanda é maior que a Oferta. Pero paradóxicamente. “canto mellor é a Oferta...maior é a Demanda”.
-¿Por qué hai maior demanda?
-Porque hai un alongamento da vida
-Porque hai boa saúde o se mellora a calidade de vida a idade avanzada, xa que se ofertan prácticas quirúrxicas que antes non se facían (como curar un dor de cadera mediante o implante de unha prótese os maiores de 80 anos)
-Porque hai unha mellor ténica de diagnóstico
-Porque hai unha mellor ciruxía
-Porque hai técnicas de anestesia que non necesitan de tempo de ingreso do paciente, como por exemplo en Oftalmoloxía, donde aumentan as listas de espera porque se practican operacións de cataratas no día, e se diagnostica a súa operación con “laser”, cando antes, pacientes con peor visión, non se operaban.
-¿Por qué e debida a persistencia nas Listas de Espera?
-Por un funcionamiento indebido ou insuficiente
-Por unha ineficiente utilización de Recursos
....
Os Recursos deben ser aumentados de forma permanente. ¿pero cómo? Debe haber un “Plan de Choque”, no que se aumenten as “xornadas de tarde” sempre que a súa utilización sexa acorde as necesidades, pois por experiencia sábese, que normalmente, as “peonadas” de tarde dos profesionais, “reducen a productividade da mañá” e priorizan “patoloxías leves” para facelas de tarde...
- Cando se fala de priorizar ¿cal vai diante? ¿un paciente en activo ou un xubilado?
- Depende da mellora da “calidade de vida” (non é o mesmo o sufrimento da persoa que ten un mal doloroso ou dun que non lle doe)
- Depende do beneficio esperado (moi desigual)
As Listas de Espera sufren unha “depuración periódica”, pois hai casos en que logo de moita espera (máis de seis meses) hai pacientes que deciden non operarse.
O Sistema Sanitario debe garantir a equidade; un compromiso de tempos máximos de espera e unha información transparente.
A páxina web do SERGAS actualiza e publica as Listas de Espera cada 3 meses
¿Cómo entra un paciente na Lista de Espera?
O funcionamiento é o seguinte:
1) O médico propón unha intervención (signada por el)
2) O paciente da a Aceptación (signada por el)
3) Se entrega a folla da intervención a Administración (e inmediatamente se entra en Lista de Espera)
As Listas de Espera clasifícanse en categorías:
Categoría 1 (en 30 días a intervención)
Categoría 2 (en 90 días)
Categoría 3 (non – urxentes)
¿Como se clasifican os Pacientes en Espera?
De forma “estructural” que son aqueles que esperan por motivos da xestión e que son motivos alleos o propio paciente.
De forma “non estructural” que son aqueles que non queren operarse ou que teñen problemas alleos o sistema e que se refiren a protocolos clínicos, como por exemplo: un señor que se iba operar de unha cadera e que tuvo un infarto, polo que por protocolo da enfermedade, antes de volver a poder ser anestesiado totalmente, teñen que pasar al menos 6 meses.
Pódense sacar conclusións da exposición anterior, para mellorar o funcionamento do sistema:
1)Debe haber unha Garantía de Tempos Máximos de Espera
2)Polo que é necesario máis eficiencia ou mellor rendimento, para esto:
a)Hai que aproveitar os recursos, mellorando a programación
b)Control do uso dos quirófanos
c)Mellorar a programación das tardes
3)Facer procesos máis xustos e personalizados
4)Preferenciar os pacientes
5)Protocolos homoxéneos
6)Dispoñer os Médicos de Familia con máis capacidade para diagnósticar e tratar os pacientes
7)Implicar o personal sanitario na Xestión
8)Está en estudio o crear en Galiza, un novo corpo sanitario que xa hai en Europa chamado “Enfermeiras Xestoras”, que teñen estudios de especialización específica que incluso poden traballar a domicilio.
9)Debe haber un Compromiso Político para que os Sistema Funcione.

Ponencia de Recursos económicos e gastos: (notas algo deslabazadas)
A Sanidade Pública en España ten un presuposto de 3.332 millóns de euros ano os cuales se reparten:
44% para gastos de personal
23% gastos de servicios
27% gastos en farmacias
En Centros Concertados (que teñen a mesma acreditación que o público, sinon non poden ser concertados, tanto clínicas privadas como ambulancias, etc.) gastouse en 2009 unha partida de 219.985.000 euros.

En Galiza, temos un gasto na Sanidade Pública de 484.966.769 euros
Hai unha partida de 73.605.000 euros que se desvía da Pública a Privada
(factor a ter en conta para a próxima reunión)
Outra partida de 182.000.000 euros en Farmacia
(factor a ter en conta para a próxima reunión)

No servizo público hai 400 centros e 38.000 profesionais
En Lugo hai 4.200 profesionais

Ribadeo 10-marzo-2010
Pancho Campos

sábado, 6 de marzo de 2010

Nota de prensa de mesa redonda sobre a sanidade pública

AVV O Tesón
Ribadeo
Nota de prensa

Mañá domingo, 7 de marzo de 2010, no Hotel Voar de Ribadeo, terá lugar unha mesa redonda sobre a Sanidade Pública na actualidade en Galicia.
Dito acto está convocado por diversas entidades, plataformas e sindicatos, entre as que se atopa O Tesón como participante na Plataforma en Defensa do Hospital da Costa de Burela.
A entrada é libre, podendo participar no debate que alí se xerará, na procura dun maior contraste de ideas sobre o mellor xeito de afrontar o servizo público sanitario, incluíndo a posibilidade de definición de áreas de saúde ou os sistemas de privatización sanitaria

sábado, 20 de febrero de 2010

Convocatoria asamblea 20100220

... lémbrase que se pode ampliar premendo co rato sobre a imaxe...

lunes, 18 de enero de 2010

Nota de prensa sobre a Mesa de Asociacións

O pasado sábado 16 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Asociacións co Alcalde. Asistiron 14 asociacións, entre elas, 12 de veciños, estando convocadas tódalas asociacións inscritas no rexistro do concello.
Nas tres horas que durou foron tratados os temas propostos na reunión previa entre asociacións de veciños mantida o sábado anterior, incluíndo o estatuto de participación cidadá, información sobre a reserva da biosfera, a accesibilidade a Ribadeo e o carril bici, o xulgado de primeira instancia, a fachada de Ribadeo á ría, o estado actual da polémica polo desmantelamento do hospital da costa, a central de tensión elećtrica polo polígono industrial, o centro de Alzheimer, o cumprimento da normativa de depósito sobre a tala de madeira nos montes e algún tema máis polo medio, como o incumprimento da normativa sobre o nome da ría.
A lembrar que a Mesa de Asociacións é un intento que xa ten anos de cubrir un oco na relación entre concello e pobo, que tende a armonizar dita relación pola continuación periódica de xuntanzas. Naceu no mandado municipal anterior, a partires dunha chamada do Tesón a un grupo de asociacións, e se ben non ten un estatuto oficial, representa un avance que se pretende que continúe a traverso do estatuto de participación cidadá.
Respecto ó estatuto de participación, en xuntanza de 2008 o Tesón presentou un borrador á sasociacións, que posteriormente foi trasladado ó concello, e que agora devolve para o seu estudo polas asociacions coa vista posta no seu futuro pase á aprobación polo pleno. A destacar que hai 20 anos foi aprobado de xeito previo un estatuto, non chegando á súa aprobación final e posta en marcha, e tendo sufrido cambio a lexislación relativa dende aquela.
As asociacións ofreceron ó concello o seu apoio para a recuperación do xulgado, ó tempo que pediron ó alcalde que se poña mans á obra para recuperalo despois de catro décadas.
En canto ós outros temas, o concello tamén recibiu apoio e petición para rematar co desuso da normativa oficial sobre o nome da ría de Ribadeo, dentro da discusión sobre a Reserva da Biosfera. Tema relacionado tamén foi o estado de enaxenación á Ribadeo da fachada marítima do casco urbano, tan cambiado nos últimos anos.
En canto ó acceso ó centro urbano, presentouse o feito de que a humanización das rúas non pode obviar que os coches de quen non vive no casco urbano necesitan aparcamento, e que para desprazarse no casco sería convinte un trazado de vías que permitira facelo por medios alternativos, como a bicicleta.
Como é común, esta nota de prensa está feita a partires dun resume da xuntanza, realizado por O Tesón.