lunes, 16 de julio de 2012

Acta da Asamblea ordinaria 2012


-->
Asamblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón
Auditorio Casa do Mar, 20120701, 12:00, con asistencia de 6 socios.

Lémbrase a Morte de Pepe o pasado ano e de Gilberto hai uns días.
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
Dáse lectura e é aprobada por unanimidade.
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Por ausencia da tesoureira e falta de datos, decídese prorrogar os orzamentos, incorporando posteriormente en todo caso os movementos do pasado ano.

A continuación, preséntase a memoria de actividades, destacando:
Seguimos esperando a reactivación do regulamento de participación cidadá, parado despois dunha aprobación inicial e a nosa apelación a que fixeran as cousas mellor.
Fíxose, dentro das posibilidades, seguemento da tramitación de PXOM e outras actividades, incluído a nova liña eléctrica ou a subestación de próxima construcción.
Seguiuse a preguntar de xeito máis ou menos sistemático nos plenos do concello, dende o paso de bicicletas pola ponte dos Santos ó custe de mantemento do ascensor da Atalaia, pasando polo estado das pesquisas en relación ás vidrieiras do cemiterio ou o material e informe do Castro das Grobas, sendo contestados en case tódalas circunstancias de xeito que consideramos deficiente. Neste punto houbo intervencións varias sobre as vidrieras, e a suxerencia de aumentar ás pregutnas algunha sobre o buceo efectuado hai poucos anos pola mariña de guerra en relación cun pecio atopado na ría.
Non se continuou coas xuntanzas da mesa de asociacións, ó prestar apoio á comisión da Residencia e tendo o plantexamento de que sería convinte interferir o menos posible xa que a mesa de asociacións está constituída prácticamente polas mesmas asociacións que apoian a construcción da resisdencia.
Tentouse facilitar a aportación de ideas e difundir a historia de O Tesón, pero non se da feito.
Representantes da asociación asistiron a diversos actos de diversas institucións, da comisión da residencia á comisión da muller, pasando pola comisión de seguemento do hospital. O último, a asamblea da asoc. Ponte dos Santos, coa única intervención fóra da diretiva, preguntando entre outras cousas por que non había na convocatoria o punto de planeamento.
En canto a peticións, seguimos sen perder de vista ó desenvolvemento sobre responsabilidade pola destrucción das vidrieiras, tentando de que a xente non esqueza, e así a imaxe usada na lotería de Nadal. O apoio á campaña da residencia é total, seguindo na comisión correspondente. Xunto co comentario de apoio para tentar que non se desmantele o Hospital da Costa, houbo diversas intervencións en relación ó xulgado, incluída a viaxe a Madrid de Pancho Campos, quen espuxo unha relación de accións para tentar que o xulgado regrese a Ribadeo, lendo diversos documentos.
Coméntase que tivemos un cambio de sé da Casa da Xuventude ata o local do antigo lavadoiro ... mentras que a antiga alxinatos segue infrautilizado
O tema do ruído vai tomando novas formas e lugares, e seguimos a facerlle un seguemento tendente a que remate o problema.
En canto a cultura e actividades, as dúas principais poden considerarse éxitos moderados: ó resumo do 2º ciclo de charlas 'Ribadeo e ... a saúde', incluíu as de Rocío Botana, sobre medicinas alternativas, Chiquinquirá Dorado, sobre a saúde e os cambios de estación, Carmela Pérez, sobre medicina académica, e Mar González sobre promoción de hábitos de vida saudables. O cine fórum, a proxección das películas 'Taking root', 'Una verdad incómoda', 'Inside Job' e 'La doctrina del shock'. Engádese ó feito o ánimo para unha nova tanda, debido ós bós resultados obtidos
En canto a actividades sociais, coméntase a viaxe a Sto. Estevo, S. Martiño e a Frouxeira, actuando José Mª como guía, resultou moi ben, aínda que con poucos socios participantes.
Adiouse a posibilidade de facer un facsímil co exemplar de Bandera Católica no que aparece a primeira imaxe da torre dos Moreno.
Por último, coméntase o cambio do nome da ría a Ría de Ribadeo, logrado en Google maps despois de moito tempo don 'río de Ribambo', pero non en Facebook, onde segue aparecendo 'perto de Castropol'
As memorias foron aprobadas por unanimidade.
3.Presentación de orzamento e programa de actividades
No desenvolvemento da memoria xa se anunciaron diversos puntos que terán continuidade. En liñas xerais, preténdese continuar con actuacións que se veñen mantendo.
Solicitarase un recoñecemento a Gilberto. A instancias de José Mª, que invoca unha recomendación da ONU, farase petición dun recoñecemento á espera de adicarlle un nome de algo que non o teña previamente.
Considérase necesario un maior contacto entre socios e tamén coa directiva, e a necesidade de incorporación de xente nova á directiva, cousas ambas polas que se pretende impulsar as actividades sociais, pois de continuar así a situación, a sociedade estará en crise máis pronto que tarde.
Propónse unha viaxe social para visitar Mondoñedo a mediados de setembro. Asemade, propónse continuar as charlas e cine-forum cara ó outono un ciclo e á primavera, o outro.
Faise lembranza de que non se deixarán esquecer diversos temas nos que ata o momento non se viron grandes resultados, e así:
-propónse pedir de novo ó concello que as vidrieiras sexan expostas, e estudar a realización dun obradoiro sobre vidrieiras, para concienciar á xente sobre o seu valor e mesmo axudar na súa reconstrucción.
-respecto do xulgado, seguirase, estando na actualidade pendentes dunha xuntanza con alguén da xudicitura. Acéptase a idea de José Mª Rodríguez de pedir unha xuntanza con representantes políticos.
-á plataforma da residencia de maiores, a parte do apoio xeral, daráselle unha axuda a petición, segundo as súas necesidades.
-continuarase con accións diversas para manter e impulsar o nome da ría de Ribadeo, ou a diferencia de revisión fotográfica que se establece polo Ministerio de Agricultura no seu visor do sigpac entre as dúas metades da ría.
Xunto co anterior, tentarase facer cargo dos novos temas que vaian xurdindo.
En canto ó orzamento, decídese prorogar o anterior, en consoancia co falado anteriormente.
A programación foi aprobada por unanimidade.
4.Rogos e preguntas
Non houbo a parte das diversas intervencións en puntos anteriores.
Ás 12:55 dase por concluída a Asamblea e pásase a tomar algo nun local próximo.