-->
Asamblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Auditorio Casa do Mar,
20120701, 12:00, con asistencia de 6 socios.
Lémbrase
a Morte de Pepe o pasado ano e de Gilberto hai uns días.
1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior
Dáse
lectura e é aprobada por unanimidade.
2.Presentación,
e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Por
ausencia da tesoureira e falta de datos, decídese prorrogar os
orzamentos, incorporando posteriormente en todo caso os movementos do
pasado ano.
A
continuación, preséntase a memoria de actividades, destacando:
Seguimos
esperando a reactivación do regulamento de participación cidadá,
parado despois dunha aprobación inicial e a nosa apelación a que
fixeran as cousas mellor.
Fíxose,
dentro das posibilidades, seguemento da tramitación de PXOM e outras
actividades, incluído a nova liña eléctrica ou a subestación de
próxima construcción.
Seguiuse
a preguntar de xeito máis ou menos sistemático nos plenos do
concello, dende o paso de bicicletas pola ponte dos Santos ó custe
de mantemento do ascensor da Atalaia, pasando polo estado das
pesquisas en relación ás vidrieiras do cemiterio ou o material e
informe do Castro das Grobas, sendo contestados en case tódalas
circunstancias de xeito que consideramos deficiente. Neste punto
houbo intervencións varias sobre as vidrieras, e a suxerencia de
aumentar ás pregutnas algunha sobre o buceo efectuado hai poucos
anos pola mariña de guerra en relación cun pecio atopado na ría.
Non
se continuou coas xuntanzas da mesa de asociacións, ó prestar apoio
á comisión da Residencia e tendo o plantexamento de que sería
convinte interferir o menos posible xa que a mesa de asociacións
está constituída prácticamente polas mesmas asociacións que
apoian a construcción da resisdencia.
Tentouse
facilitar a aportación de ideas e difundir a historia de O Tesón,
pero non se da feito.
Representantes
da asociación asistiron a diversos actos de diversas institucións,
da comisión da residencia á comisión da muller, pasando pola
comisión de seguemento do hospital. O último, a asamblea da asoc.
Ponte dos Santos, coa única intervención fóra da diretiva,
preguntando entre outras cousas por que non había na convocatoria o
punto de planeamento.
En
canto a peticións, seguimos sen perder de vista ó desenvolvemento
sobre responsabilidade pola destrucción das vidrieiras, tentando de
que a xente non esqueza, e así a imaxe usada na lotería de Nadal. O
apoio á campaña da residencia é total, seguindo na comisión
correspondente. Xunto co comentario de apoio para tentar que non se
desmantele o Hospital da Costa, houbo diversas intervencións en
relación ó xulgado, incluída a viaxe a Madrid de Pancho Campos,
quen espuxo unha relación de accións para tentar que o xulgado
regrese a Ribadeo, lendo diversos documentos.
Coméntase
que tivemos un cambio de sé da Casa da Xuventude ata o local do
antigo lavadoiro ... mentras que a antiga alxinatos segue
infrautilizado
O
tema do ruído vai tomando novas formas e lugares, e seguimos a
facerlle un seguemento tendente a que remate o problema.
En
canto a cultura e actividades, as dúas principais poden considerarse
éxitos moderados: ó resumo do 2º ciclo de charlas 'Ribadeo e ... a
saúde', incluíu as de Rocío Botana, sobre medicinas alternativas,
Chiquinquirá Dorado, sobre a saúde e os cambios de estación,
Carmela Pérez, sobre medicina académica, e Mar González sobre
promoción de hábitos de vida saudables. O cine fórum, a proxección
das películas 'Taking root', 'Una verdad incómoda', 'Inside Job' e
'La doctrina del shock'. Engádese ó feito o ánimo para unha nova
tanda, debido ós bós resultados obtidos
En
canto a actividades sociais, coméntase a viaxe a Sto. Estevo, S.
Martiño e a Frouxeira, actuando José Mª como guía, resultou moi
ben, aínda que con poucos socios participantes.
Adiouse
a posibilidade de facer un facsímil co exemplar de Bandera Católica
no que aparece a primeira imaxe da torre dos Moreno.
Por
último, coméntase o cambio do nome da ría a Ría de Ribadeo,
logrado en Google maps despois de moito tempo don 'río de Ribambo',
pero non en Facebook, onde segue aparecendo 'perto de Castropol'
As
memorias foron aprobadas por unanimidade.
3.Presentación
de orzamento e programa de actividades
No
desenvolvemento da memoria xa se anunciaron diversos puntos que terán
continuidade. En liñas xerais, preténdese continuar con actuacións
que se veñen mantendo.
Solicitarase
un recoñecemento a Gilberto. A instancias de José Mª, que invoca
unha recomendación da ONU, farase petición dun recoñecemento á
espera de adicarlle un nome de algo que non o teña previamente.
Considérase
necesario un maior contacto entre socios e tamén coa directiva, e a
necesidade de incorporación de xente nova á directiva, cousas ambas
polas que se pretende impulsar as actividades sociais, pois de
continuar así a situación, a sociedade estará en crise máis
pronto que tarde.
Propónse
unha viaxe social para visitar Mondoñedo a mediados de setembro.
Asemade, propónse continuar as charlas e cine-forum cara ó outono
un ciclo e á primavera, o outro.
Faise
lembranza de que non se deixarán esquecer diversos temas nos que ata
o momento non se viron grandes resultados, e así:
-propónse
pedir de novo ó concello que as vidrieiras sexan expostas, e
estudar a realización dun obradoiro sobre vidrieiras, para
concienciar á xente sobre o seu valor e mesmo axudar na súa
reconstrucción.
-respecto
do xulgado, seguirase, estando na actualidade pendentes dunha
xuntanza con alguén da xudicitura. Acéptase a idea de José Mª
Rodríguez de pedir unha xuntanza con representantes políticos.
-á
plataforma da residencia de maiores, a parte do apoio xeral,
daráselle unha axuda a petición, segundo as súas necesidades.
-continuarase
con accións diversas para manter e impulsar o nome da ría de
Ribadeo, ou a diferencia de revisión fotográfica que se establece
polo Ministerio de Agricultura no seu visor do sigpac entre as dúas
metades da ría.
Xunto
co anterior, tentarase facer cargo dos novos temas que vaian
xurdindo.
En
canto ó orzamento, decídese prorogar o anterior, en consoancia co
falado anteriormente.
A
programación foi aprobada por unanimidade.
4.Rogos
e preguntas
Non
houbo a parte das diversas intervencións en puntos anteriores.
Ás
12:55 dase por concluída a Asamblea e pásase a tomar algo nun local
próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario