AVV O Tesón
Nota de prensa
Ribadeo, 20101018
Unha volta realizada a segunda charla do ciclo “Ribadeo e ...”, protagonizada por Iván Rodríguez Lombardero, o próximo sábado 23 de outubro, ás 20:30 na Casa das Letras ribadense, Celia Castro Fernández falará sobre 'Ribadeo e ... a pintura de Dionisio Fierros'.
En canto a “Ribadeo e ... o medio ambiente”, a charla, que situo o medio ambiente ribadense a partir de conceptos conceptos como a pegada ecolóxica ou das opcións de protección medioambiental ou mesmo das condicións para un mundo sostible, constituíu un éxito de público e atención, que se proxecta xa sobre o conxunto do ciclo e fai pensar nunha próxima tanda de charlas de cara á primavera.
En relación a 'Ribadeo e ... a pintura de Dionisio Fierros', a protagonista, ribadense de nacemento e de corazón, é licenciada en Xeografía e Historia, especialista en arte antigo e medieval e museoloxía. Catedrática de historia do arte na escola 'Ramón Falcón', é autora do libro “Estudio Iconográfico y Estilístico de los Capiteles de la Catedral de Mondoñedo”, e autora asemade de diversos artigos sobre arte, como as súas intervencións en “Pintores lucenses del s. XX” e “Pintores lucenses en la segunda mitad del s. XX”. Membro fundador da Asociación do Camiño de Santiago en Lugo e do Camiño norte, ten participado na montaxe de diversos museos. Na actualidade está estudando a obra de Dionisio Fierros.
Despois da charla sobre Dionisio Fierros, queda unha cuarta charla deste ciclo, o 30 de outubro, sábado, de Luciano Zubillaga Zubillaga, que tratará sobre 'Ribadeo e ... o tempo'.
Lémbrase que as charlas están pensadas para unha duración variable, pero menor que unha hora, e unha rolda de preguntas posterior. A entrada é libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario