sábado, 3 de marzo de 2012

Ciclo de cine forum. 1ª sesión

AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20120302

A AVV O Tesón comeza un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Indignados'.

As películas elixidas para este ciclo de cine comprometido co planeta e a sociedade, son Taking Root e Una verdad incómoda sobre temas medioambientais, e Inside Job e La doctrina del shock sobre temas sociais.

A actividade, de participación libre e agratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propia posta en común de ideas e sentementos sobre a película.

Ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As proxeccións terán lugar os venres 9, 16, 23 e 30 de marzo no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario variable, tendo lugar o primeiro pase o venres 9 ás 20:00, coa proxección da película 'Taking Root', documental no que se presenta unha visión do que significou e significa o movemento de plantación de árbores comezado por Wangari Maathai.
Adxúntase o cartel do primeiro pase.

No hay comentarios: