lunes, 26 de noviembre de 2012

Fiin do ciclo de cine forum: Un mundo feliz



AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20121125

A AVV O Tesón comezou o 9 de novembro de 2012, e continuou os pasados venres 16 e 23 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Novelando a presión social'.

O ciclo pretende achegarse á actualidade da presión que sofre (e tamén exerce) a sociedade a traverso da expresión no sétimo arte. Este venres foi proxectada a película 'Acorazado Potemkin', un dos films considerados mellores de tódolos tempos. A narración da rebelión no Potemkin da lugar a un estudo do que pode ser unha revolución, as súas causas, a súa xénese, o seu desenvolvemento, ata os seus esfectos. Se ben cabe lembrar que a súa realización foi en clave de propaganda, o impactante das imaxes e do desenrolo fan posible unha letura moito máis aló do que se ve nas imaxes, ancladas na Rusia pre-soviética. E diso tratou o foro, que tamén xurdiron diferentes ideas sobre outros temas, como mili vs exército profesional.

A próxima, o venres 30 de novembro, 'Un mundo feliz', estaba pensada para ser proxectada antes de 'Acorazado Potemkin', pero foinos imposble ofrecela nesa orde. A película, versionada da novela homónima de Aldous Huxley, presenta un mundo de humanos deshumanizados que se creen perfectos, fronte á humanidade da vida corrente que se sabe imperfecta, e modelando ás persoas no primeiro caso, a sociedade, moi diferente daquela outra na que as persoas seguen a modelala.

É a última película do ciclo, que, en cada unha das catro semanas, está a ter o mesmo esquema de actuación: repártese unha pequena introducción escrita e coméntase de xeito breve antes do inicio do pase da película, e despois da mesma, ábrese o foro de comentario de ideas e sentementos en relación co film e a evolución social.

O desenvolvemento é no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de participación libre e gratuíta.

Ribadeo, 25 de novembro de 2012.

No hay comentarios: