AVV O Tesón
20130629
Nota de
prensa
Dende a
directiva da AVV O Tesón queremos facer unha reflexión con calma e
perspectiva sobre os movementos que teñen tido lugar a pasada semana
en relación ó nome da ría.
En
primeiro lugar, dende a asociación, quedamos desconcertados coas
primeiras novas que falaban en termos absolutos de que un partido, o
PSOE, presentara unha iniciativa para o cambio de nome da ría de
Ribadeo. Nela, aceptando o nome histórico a reganadentes, o
importante era sinxelamente a vontade do cambio de nome, e non a súa
xustificación.
Despois
de facernos unha idea da situación, puxémonos en contacto co PSOE
local que veu a asegurarnos no que xa críamos: o que resultou ser
oficialmente unha proposición non de lei sobre o selo conmemorativo
onde unha aprezación sobre o mesmo daba pé a potenciar o cambio de
nome foi impulsado de xeito unilateral por tres diputados asturianos
do grupo socialista no Congreso. Cando contactamos co representante
local da agrupación, xa se puxera en marcha a resposta, tanto a
nivel de difusión da postura da agrupación local nos medios como en
relación ós mecanismos internos do partido.
Así
foi como o mesmo 26 de xuño, un escrito de José Blanco á portavoz
socialista no Congreso derivou na retirada da proposición.
Dende a
directiva da asociación, recollemos o sentir que nos fixeron chegar
diversos asociados, agradecendo á agrupación local do PSOE a sua
rápida e eficaz resposta para evitar unha polémica sobre un tema xa
resolto pola Comisión Especializada de Nomes Xeográficos do
Consello Superior Xeográfico (como di o escrito citado), ó tempo
que estimamos que se poden sacar varias conclusións de todo este
asunto. A primeira, que un pobo unido no consenso pode conseguir
cousas ó tempo que a xente que ocupa postos de responsabilidade se
sinte máis apoiada: saben que teñen o pobo detrás.
Ribadeo,
a 29 de xuño
No hay comentarios:
Publicar un comentario