domingo, 4 de enero de 2009

Reunión coa Federación de AA.VV. Lugo para Temas Sanitarios

Foron convocados en Lugo a esta reunión, como representación da Mariña:
Manuel Maseda da AA.VV. barrio de Forxán de Foz
Carlos Saa de Burela
Pancho Campos por “O Tesón” de Ribadeo
Foron recibidos na Federación de AA.VV. Lugo c/ Luis Ameijide, 10 Entr. (Lugo) por Jesús Vazquez Varela Presidente da Asoc.Ve.Comer. da Milagrosa e por José Manuel Carballo da AA.VV. Porta de Lugo. Sagrado Corazón
Había outros representantes de AA. VV. diversas no acto de presentación informal solo para toma de contacto entre nos, para coñecernos e poñer sobre da mesa, as primeiras directrices para empezar a navegar xuntos en temas do SERGAS que nos competen en común. Falouse de:
1) Tratar de unificar criterios nos temas sanitarios.
2) Crear un punto de encontro (teléfono de aviso, web, outros) Sobre deste punto non se quedou en nada en concreto. Houbo intercambio de correos electrónicos e difundiuse o enderezo http://ciudadanodelugo.blogspot.com (onde se pode ver xa acta da xuntanza e comparar co que aquí se pon), así como o correo de ciudadanodelugo.
3) Propoñer de que antes de que o SERGAS faga unha convocatoria, ter algún coñecemento previo dos temas que se van a tratar para telos preparados de antemán nas asociacións, e non chegar as charlas sen saber que dicir. Intentar que as propostas das AA.VV. que se leven por escrito a estas reunións, se axunten a Acta da Reunión, para que así poida constar o proposto meses mais tarde, e poder esixir a execución de algún incumprimento. Así, ademais de constatar de que a activa Participación Cidadán se fai realmente, tamén é con obxecto de recordar cada volta que o movemento veciñal está aí sempre, e que a representación dos axentes do SERGAS cambia cada catro anos. Cousa que non debe de esquecerselles.
4) José Manuel Carballo falou da necesidade de paralizar a iniciativa da Xunta sobre da Empresa de Xestión GALARIA que se vai a dedicar a “explotación” dos centros sanitarios. Esta empresa si non se pon remedio, vai xestionar nada menos que 1.316 millóns de €. Esta Empresa tamén é a que xestiona o do número 902 (ver explicacións en http://ciudadanodelugo.blogspot.com e no artigo publicado El Pais)
Faláronse outros temas máis polo xeral, como:
a) as listas de espera nas diferentes especialidades.
b) ¿Qué criterios se seguen para asignar o número de camas que lle corresponde a cada Hospital de Galicia, posto que se ven grandes diferenzas, por exemplo: entre o Hospital de Ferrol 3,4 camas por cada mil habitantes mentres que no Hospital da Costa está en 1,8 camas por cada mil habitantes ¿por qué?
c) Ausentismo nos postos de traballo. Parece ser que o ano pasado faltaron 16 enfermeiros diarios durante todo o ano por ¿baixa médica? naide sabe exactamente porqué.
De cara a próximas xuntanzas, queda indagar que deficiencias temos en Ribadeo, estrutura e servizos do Sergas, estando ó tanto de particularidades como poden ser as probas citolóxicas para a vacina das nenas (pois parece haber chanchullo nalgúns lugares co prezo (2,9€)

4 comentarios:

veciño dijo...

Xa parece que nos esquencemos do caracter provisional e pouco representativo co que se elixiron os representantes veciñais, que en principio, estaban designados "transitoriamente". Sete asociacións pouco e mal representan os veciños da mariña. Que non se vos esquenza, por que parece que agora xa sodes eternos: (os representantes do sergas mudaran, pero non a representación veciñal). Quen van a elexir os representantes dos veciños?, como podemos votalos fora? canto dura o seu mandato? a quen van dar conta?. A participación ben entendida empeza polo posto de un mesmo.

KnighT dijo...

Yo tengo ADSL con telefónica, con lo que tengo gratis las llamadas a los fijos, sigo llamando al 982 y me siguen dando cita (la última el viernes 2 de enero).

El día que me obliguen a llamar a un 902, pues los denuncio y punto. En caso de que el único teléfono que se pueda llamar sea el 902, tendremos que denunciarlo, pero todos los vecinos.

pardo de cela dijo...

considerado veciño: los representantes vecinales, ni fueron elegidos con carácter provisional ni gozan de poca representatividad. Cada uno representa a una AV de las que se mostraron interesadas en este asunto. El periodo de representación es por cuatro años, y solo los puede echar quién les nombra, La Consellería. Lo importante está en la cuestión. A quen van dar conta? Pues va a depender de como desarrollen su actividad. Si lo hacen de una manera "profesional" deberían hacer pública su actividad remitiendo información periódica a todas las AAVV de los 14 Concellos que integran el área sanitaria de la Mariña. Pero antes, veciño, tienen que procurarse en método que les permita hacer su trabajo, que nada fácil será lograrlo, por varias y diversas razones. Cuando se escribió aquello de "transitoriamente" no se conocía realmente el "mecanismo" de elección, ni siquiera se sabía si se obtendría esa representación. Démosles 90 días de gracia, y luego hablemos ¿No te parece lógico

veciño dijo...

Onde van os 90 días e que fixeron? querido pardo de Cela coñecendo o percal non fai falla ser adiviño, E a quen deron conta do que fixeron? dígocho eu: a ninguén. Nin queren que se lles moleste, vaia representantes veciñai