Mesa de asociacións de viciños de Ribadeo
Día: Venres 20081205
Hora: 20:00
Lugar: Casa da Xuventude de Ribadeo
Asistentes por: O Tesón (Pancho, José Mª e Antonio), O Cantal de Rinlo (Jesús), A Madanela de Remourelle (Mª Toni), a Atalaia (Soledad e Rocío), Vilaselán (Isabel) e Santalla de Vilaosende (José Ángel).
Comezou a xuntanza dando nota por parte de O Tesón de que non se convocara a unha asociación por non dar entrado en contacto con ela, estando as demáis avisadas. Asemade, deuse conta de que a última volta que se falara co alcalde sobre a Mesa de Asociacións quedara en convocala para mediados deste mes, sen que ata o momento estivera convocada e despois de vir arrastrando esta situación de 'pre-convocatoria' dende agosto, mes no que se quedara en convocar. É precisamente esta falta de convocatoria a que impulsou ó Tesón a promover a presente xuntanza.
Sen unha orde do día previa, pasouse a tratar o tema do Regulamento de Participación Cidadá, repartindo un borrador para facer un estudo e presentar no concello para a súa tramitación coas variacións que se estimen oportunas. Neste punto, a instancias de a Atalaia, xurdiu un debate sobre a asistencia doutro tipo de asociacións (Amas de casa, Rinlo bai, Cogami, ...) ás reunións da mesa, continuando no futuro cunha estrutura semellante á actual.
Outro punto foi o Regulamento, contrato tipo, etc, correspondente ó Hospital Asilo, en período de información pública ata xaneiro, coa recomendación de que se recolla o aprobado en primeira instancia no pleno pasado para presentar as alegacións que se estimen oportunas, algo que as asociacións que xa fixeron unha primeira letura (Tesón e Atalaia) estiman moi convinte debido as lagoas observadas.
Con posterioridade coméntase a instancias de J. Ángel (Santalla de Vilaosende) a posibilidade de aproveitar a financiación de 1 700 000 €, tendo en conta que ven destinada do goberno central ós concellos, tendo no punto de mira o desemprego. Non embargantes, debido ó pouco prazo para presentar o plan correspondente, polos concellos, sería posible para as asociacións o axudar na tarefa de paso que se tentan solventar problemas de obras nalgunha zona concreta. Nese sentido, conviría, a pesares de que as asociacións xa teñen presentado diversas peticións ó concello, retomalas de ser posible e facer para cada unha un anteproxecto valorado coas indicacións fundamentais e un orzamento, con miras a simplificar a xestión interna na casa do concello e, sen perder a subvención, dirixila ás obras que se consideran máis adecuadas.
A continuación, e dado que Pancho Campos é un dos catro representantes das AAVV na recén creada Comisión de Participación Cidadá da área sanitaria de Cervo-Burela, explicou o programa QUERES, ofrecéndose para os trámites que se podan tratar mediante o mesmo, xurdindo xa o tema da ambulancia para o tratamento no Juan Canalejo de A Coruña ou o 902.
Déuse remate á xuntanza pouco antes das 21:30 horas, quedando en facer unha próxima xuntanza en febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario