Nota de Prensa AVV O Tesón
Onte, dia 3-12-08, coa participación do presidente de O Tesón, Pancho Campos, realizouse a primeira reunión da Comisión de Participación Cidadán da área Cervo-Burela, da que se fai a continuación un pequeno resumo dende a perspectiva da asociación.
Asistiron un representante dos empresarios, varios de diversos sindicatos, dous alcaldes, catro das AAVV da zona, e algúns máis doutras entidades. Todos os membros estaban de tal xeito escollidos, para que en principio todas as áreas de poboación se atopen representadas, se ben exceptuando os representantes das AAVV, todos tiñan relación co estamento médico.
Os puntos tratados foron:
1. Constitución
Foi declarada constituída por D. José Manuel Casdelo Filgueiras, director xerente do Hospital da Costa, quen informou sobre o programa QUERES (QUeixas, REclamacións e Suxerecias) e a comisión, salientando principalmente:
As perspectivas de futuro,
Que non é función da Comisión o sistema administrativo, pero si a é o transmitir os problemas xerais que se ven na cidadanía.
Que os problemas a denunciar pola Comisión deben de ser xerais, e documentados, tendo presente que é un Organismo Asesor e non un Organismo Executivo, polo que actuará como canal e non como actor, o que corresponde á administración.
2. Decisión sobre as xuntanzas
Por votación a man optouse por ter 4 xuntanzas ó ano.
3. Rogos e preguntas.
Neste punto contestáronse a preguntas concretas, se ben de xeito xeral. O representante de O Tesón, Pancho Campos, tratou o tema do teléfono 902, abrindo a porta á reflexión interna sobre o seu custe e en xeral o funcionamento do sistema, que estes días está tendo reflexo en Ribadeo coa recollida de sinaturas por parte de varias asociacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario