Despois de presentar hoxe martes no concello dous escritos sobre a asignación de fondos e sobre a normativa do hospital asilo, e debido á importancia que revisten esta vez, queremos dar nota dos mesmos á sociedade de Ribadeo, polo que se transcribe a continuación a parte fundamental de ambos.
Ademáis, en relación ós fondos estatais, resaltamos que de xeito doado, o fondo estatal de promoción local pode ser outra ocasión perdida máis para Ribadeo, e non comprendemos o secretismo que destilou a nota de prensa sobre a xuntanza de portavoces na que se acordou o reparto e deuse nota á sociedade nada máis de que se habían repartido fondo, sen máis.
En Relación ó regulamento do hospital-asilo, se ben non pedimos a súa retirada, remarcamos que as variacións que necesita son profundas.
//
Que recentemente foron asignados fondos ós concellos para o seu uso na promoción de emprego (Fondo Estatal de Promoción Local),
Que temos novas dunha xuntanza entre partidos políticos na que se decidiu sobre esos fondos sen, que nós saivamos, consultas previas de ningún tipo ós axentes sociais, e realizada despois de ser notificada a xuntanza da Mesa de Asociacións na que se ofreceu axuda,
Que cremos que as asociacións podemos participar activamente aportando ideas e facendo notar deficiencias,
Polo que
Protestamos enérxicamente por non contar coas asociacións de veciños para a decisión sobre os fondos
E solicitamos sexan incorporados para dita intervención
A renovación/uniformización da rúa Antonio Otero diante da Casa da Xuventude, para que quede co mesmo aspecto que o tramo aínda en obras na actualidade. Para este tramo só habería que aplicar de eito proporcional o orzamento correspndente ó tramo en relziación.
A restitución de solos nas rúas de baixada entre s. Miguel e Porcillán para evitar os resbalóns, case inevitables na actualidade a pouco de humidade que haxa, e ós que igualmente hai que aplicarlles orzamenteos como noutras zonas de xeito proporcional á cantidade de chan a renovar. Igualmente pasa con solos de rúas de circulación rodada noutros lugares do pobo, como en Lazúrtegui-Carlos III.
O adecentamento e sinalización da zona da antiga casa de baños, á que se lle pode obter un rendemento turístico, con orzamento de xito case único en man de obra.
A reparación da Casa da Ría,
O repaso das beirarúas de toda a poboación, en particular pola zona escolar, na que numerosas baldosas están soltas e ó encharcarse e seren pisadas constitúen auténticas zonas de baño para ostranseúntes,
O recheo dos rexistros de alcantarillado da zona IES Gamallo Fierros-via FEVE, que supoñen un perigo ó atoparse moitos deles con forte desnivel,
Así como o retoque de mantemento e adecuación de acceso de inmobles públicos que o necesitan, como a biblioteca Viejo Pancho,
Actuacións todas ellas para as que brindamos o noso apoio e colaboración.
//
Que no pasado pleno de 17 de novembro de 2008 tivo lugar a aprobación preliminar do RRI do Hospital-asilo de Ribadeo (hospital-residencia San Sebastián e San Lázaro),
Que unha vez revisado por membros da asociación, atópanse diversas necesidades que fan convinte a súa adaptación,
Polo que solicita sexan incluídas as seguintes variacións:
Revisión lingüística en xeral, tanto para evitar faltas ou verbas inadecuadas como sentidos equívocos en frases ou mesmo adecuacións á legalidade e condicións vixentes.
Art.. 2.- Fai falla unha definición de 'servizo básico' e 'servizo complementario', en particular no tocante á obriga de ditos servizos, pois tal como está, por exemplo, terían mesma obriga e servidume por ámbalasdúas partes o servizo relixioso que a atención especializada. Por outra banda, non están distinguidos os servizos para residente independente e dependente, mentras que si o están no prezo.
Neste mesmo artigo, sería necesario engadir que o centro elaborará un protocolo de prestación dos servizos, feito público anualmente coas reformas pertinentes, aprobadas polo pleno do concello ou a institución na que delegue, para tentar incrementar pouco a pouco a calidade dos mesmos servizos e evitar que a sua prestación sexa condicionada á entidade ou persoa que esteña de encargado no momento ou sinxelamente decaia a calidade de servizo ó non ter unha referencia.
Asemade, a prestación de servizos debe ter a posibilidade de ser supervisada por algún tipo de organismo no que podan participar os mesmos internos, organismo de xestión que non só redundaría no mellor funcionamento da institución senón tamén na mellor percepción da calidade de vida dos residentes.
Art.. 3.- De novo, o detalle dos servizos deixa a porta aberta a que os complementarios sexan de pago tamén complementario, a pesares de que na ordenanza de prezos se diga 'todos os servizos'.
Art.. 8.- O horario de saídas, se remata, ten tamén que comezar.
Art.. 10.- Engadido dun apartado co dereito á convivencia marital no caso de matrimonios un parellas de feito.
Art.. 11.- Engadir a posibilidade de dirimir a contenda mediante un tipo de recurso arbitral, tendendo a evitar arbitrariedades.
Nas estipulacións do contrato:
3ª: Mentras non esteña incapacitado o residente, e debido ó establecido sobre confidencialidade de datos, non ten por que dárselle ningunha referencia a ningún titor, a menos que o permita o residente, e de xeito independente de que teña ou on medios. Neste mesmo punto, tampouco están claras a consideración do que é débeda, aporte do concello, condicións para o aporte, etc, en circunstancias diferentes ou mesmo en relación coa postura que poda manter a familia respecto do aporte pecuniario debido.
4ª: Se non hai antes definición concreta de artigos de uso no réxime da residencia, tampouco quedan definidos cales ten que aportar o 'familiar responsable' (concepto que xa está especificado antes que debe ser redefinido)
5ª: Síntese como necesaria a referencia a un protocolo de actuación para evitar problemas sobre a percepción de existencia de 'problemas mentais'
7ª: É necesaria unha definición de condicións de 'reserva de praza' para evitar arbitrariedades.
A parte, debe especificarse tanto no contrato como no regulamento que o persoal deberá ser cualificado e ter a formación adecuada.
Ademais, dados os antecedentes no manexo da facenda do hospital, as doacións recibidas con anterioridade, e a indefinición actual de réxime da facenda, sería necesario establecer un documento contendo a definición da situación economica de partida e o réxime económico a observar, de cara a poder presentar no futuro unha contabilidade clara e con base. Definición que se debe acompañar dun protocolo sobre xestión de débedas, ó estar implicadas en principio diferentes persoas con diferentes compromisos, dereitos e deberes.
Asociación de Veciños O Tesón
Aptdo. 92
Ribadeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario