Alegacións presentadas á aprobación inicial da variación do regulamento do Hospital Asilo. (Aquí, aprobación de 2008, e aquí, variacións aprobadas inicialmente este ano)
"En relación ó prazo de alegacións para a variación do Regulamento que rixe o Hospital Asilo, expón
Que a asociación considera convinte ter unha consideración cos ribadenses que tiveron que emigrar, para o que propón incorporar como requisitos nos correspondentes estatutos:
“1.Maior de 65 anos no caso xeral, ou de 60 sendo pensionista.
2.Residente no concello de Ribadeo cunha antigüidade de alomenos dous anos de empadroamento. No caso de ter emigrado, poder demostrar fehacientemente unha residencia en calquera momento da súa vida de dous anos, máis un ano por cada cinco que teña estado empadroado fóra de Ribadeo.”
A variación proposta, no punto 2, tenta favorecer ós nados ribadenses ou veciños que pasaron tempo en Ribadeo con anterioridade, de xeito que por exemplo calquera que tivera emigrado xa ós 13 anos de idade e sexa pensionista con 60 anos tería acceso a unha praza aínda que viñera direitamente de calquera outro lugar, despois de estar empadroado 47 anos consecutivos fóra de Ribadeo.
En Ribadeo, a 13 de marzo de 2010."