-->
Asamblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Lavadoiro rúa dos fornos,
20131130, 20:00, con asistencia de 8 socios.
1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior
Dáse
lectura a acta anterior e é aprobada por unanimidade.
2.Memoria
de actividades e balance económico do ano ata o presente
En
canto ó balance económico, é saneado, presentando unha opción en
canto á previsión de ingresos no próximo punto. Asemade indícanse
os datos sobre a venda do cartafol de Cartas da ría de Ribadeo e a
venda de lotería que se está a realizar.
A
memoria de actividades realizadas ata o momento no ano preséntase en
resume, salientando en primeiro lugar a contribución da asociación
na consecución da residencia de maiores para Ribadeo, punto que foi
resumido ó final por José Mª Rodríguez, presidente da comisión
veciñal encargada de promovela.
Fíxose,
dentro das nosas posibilidades, seguimento de diversas actividades do
concello.
Apúntase
que ó final da asemblea falarase de xeito máis particular das
respostas a un par de preguntas de O Tesón ó alcalde, sobre as
vidreiras da capela do cemiterio e o canón lanzacabos como exemplo
da actividade da asociación preguntando no pleno, no que foi
asociación pioneira despois de insistir na participación, e case
única usuaria. Nese sentido, seguimos sen ter regulamento de
participación cidadá, e tentando que o haxa
Indícase
asemade que polo momento, non se reactivou a mesa de asociacións.,
así como que seguimos sen sé, despois da esperanza que se nos dera
a comezos de ano para conseguila.
Como
ven sendo tradicional, representantes da asociación asistiron a
diversos actos e xuntanzas de varias entidades, como o Consello da
Muller.
Fálase
da situación actual da loita por ter o Xulgado, así como das
vidreiras e do nome da ría, que deu lugar a diversas actuacións
puntuais e a unha publicación que será comentada despois.
En
canto a actividades sociais, coméntase a viaxe a Coaña, Navia e
Porto de Vega, que resultou unha interesante actividade na que se
levou un bus e se tivo contacto coa asociación 'Casa Azul' de Navia.
Co
comentario do éxito do ciclo 'crise, economía e falsos dogmas',
rematou o resume de actividades.
3.Próximas
actividades e previsións de ingresos e gastos
Prantéxase
unha variación na cota de asociado, decidindo que un ano máis, a
cota segan a ser os 10 € que se dispuxeron no ano 2004 da fundación
da asociación, mitigando así no posible o impacto da crise nos
asociados. Así pois, non se esperan variacións no previsto nos
orzamentos.
En
canto ás actividades, non hai ningunha programada antes de fin de
ano, pero espérase ter un novo ciclo, probablemente de cine, na
primavera do ano próximo. Falouse sobre a próxima viaxe social, que
posiblemente será a realización dun recorrido por parte dos castros
de Ribadeo tratados no libro de José Mª Rodríguez.
Polo
demais, a asociación seguirá encargándose dos mesmo tems que ata
agora non atoparon solución, dende a mesa de asociacións ás
vidreiras, pasando polo xulgado, por citar algúns dos máis
relevantes.
4.Rogos
e preguntas
Non
houbo.
Ás
20:40 dáse por concluída a Asemblea, avisando que mañá a acta
provisional estará no blogue de O Tesón,
http://o-teson.blogspot.com.es