Embaixo aparece, por orde, as diapositivas usadas na charla do ciclo sobre crise, economía e falsos dogmas organizada pola AVV O Tesón e impartida por José Mª Martínez Fernández, seguidas dos audios, tamén en orde, e os apuntes usados.
Apuntes
Un resume da charla
Aviso da charla
domingo, 20 de octubre de 2013
Foi a terceira charla do ciclo Crise, economía e falsos dogmas
-->
AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ribadeo, 20131020
Antonte
venres tivo lugar a terceira das catro charlas sobre Crise, economía
e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de Mª
Jesús Fernández Álvarez, quen despois de marcar cales ían ser os
pasos durante a súa intervención, abordou abordou a temática da
crise.
A
charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e
seguida por diverso público, desembocou nunha construtiva discusión
final.
Ó
Igual que as charlas anteriores, foi grande a extensión da temática
tratada, comezando pola política social e a mercantilización da
mesma, sobrepasando nesa dirección as reivindicacións dos
colectivos, de feministas a ecoloxistas, por poñer dous exemplos
significativos. Asemade, foron tratadas e contrapostas as garantías
sociais contempladas no norte de Europa co benestar social sustentado
na rede familiar do sur, ou posta de manifesto a creación de
desigualdades sociais a nivel internacional.
Pasouse
despois á intervención do desfase no ciclo económico entre
diferentes países de Europa e a súa incidencia ó entrar no euro,
así como as dificultades de mobilidade de man de obra propiciadas
pola mentalidade nestes pagos, ou a inexistencia dun auténtico banco
central para poder manexar a crise dun xeito eficiente.
Foron
contrapostas no período anterior á crise as medidas estuturais como
a baixada de impostos coas coxunturais, como o incremento de
recadación polo desmesurado auxe da construción. E logo, analizado
o seu efecto.
No que
respecta ó balance de ingresos e gastos públicos, púxose de
manifesto que se baixaron os ingresos por sociedades, patrimonio ou
grandes fortunas, e non os que teñen relación co traballo, irpf ou
ive; mentras, o groso da reducción de gastos foi en sanidade,
educación ou servizos sociais, precisamente temas que afectan máis
ós traballadores.
Entre
as moitas cousas máis que se trataron, saltou nidia nas
intervencións no debate a idea de que todos participamos na
corrupción, e que temos que corrompernos para participar e ó tempo,
con elo, destruír toda resistencia a este cambio que vai contra nós,
e enmascarar e xustificar a corrupción que está atenazando á
sociedade.
A
próxima charla, e última da serie organizada este outono, será
retrasada ó xoves 31 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de
Anxo Martínez Pérez
Asemade,
para quen non teña podido asistir e esteña interesado, xa se están
comezando a cargar os audios das charlas e outro material O primeiro
paquete, correspondente á charla dada por José Mª Martínez, pode
obterse en
http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/10/lembrando-unha-charla-sobre-crise-jose.html
lunes, 14 de octubre de 2013
Crise, economía e falsos dogmas, III parte / Nota de prensa
-->
AVV
O Tesón
Nota
de prensa
Ciclo
de charlas
“Crise,
economía e falsos dogmas”
3ª
charla
Ribadeo,
20131011
Despois das dúas primeiras charlas sobre Crise, economía e falsos
dogmas, a cargo de José Mª Martínez Fernández e José Ángel
Bolaño Penelo, o próximo venres 18, de novo no Salón de Actos da
Casa do Mar de Ribadeo e ás 20:30, terá lugar a terceira, que
manterá Mª Jesús Fernández Álvarez, e que continuará tendo como
referenza para análise os segintes capítulos do libriño 'Manifesto
de economistas aterrados'.
O ciclo de charlas está valorizándose por si mesmo, en base ás
opinións dos asistentes, que recollemos a idea de que está a pasar
en termos económicos e a súa tradución en termos sociais. Feito e
tradución, en calquera caso, que son expostas non como dogma senón
como elección, contrapoñéndolles outras posibilidades.
Como as pasadas semanas, terá lugar primeiro a charla e de xeito
posterior un coloquio, co público como elemento fundamental, e coa
presenza dos catro ponentes, sobre a temática da charla e sobre a
crise en xeral.
Lembramos que o ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en
saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das
mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou
máis baixo: un dos obxectivos das charlas é igualar os niveis por
enriba os niveis de coñecemento explicando os conceptos necesarios.
Adxúntase o cartel correspondente á terceira charla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)