Mostrando entradas con la etiqueta nota de prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nota de prensa. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de marzo de 2016

Borrador de acta e Nota de prensa das asembleas de 20160312


Nota de Prensa
20160313
Conforme ó previsto, a AVV O Tesón realizou varias asembleas onte, sábado.
A primeira asemblea, ordinaria, desenvolveuse coa expoisción das contas e actividades do pasado ano, incluíndo a resposta que o concello deu ó escrito de 28 de decembro pedindo información sobre a illa Pancha, as actividades culturales como o ciclo de primavera ou a viaxe social a Burela e San Cibro.
Suspendeuse logo a asemblea para pasar á convocada asemblea extraordinaria para renovación da directiva. Non houbo unha proposta para unha nova directiva, co que se suspendeu definitivamente a asemblea ordinaria e pasou a asemblea extraordinaria de suspensión de actividades.
Como quedou dito en diversas circunstancias, tentouse preservar a posibilidade de que no futuro alguén poda reavivar O Tesón, mais quedou xa previsto un desmantelamento ordenado, que unha comisión formada por Pancho Campos, Rocío Botana, José Ángel Salvatierra e Antonio Gregorio levará a cabo antes de fin de ano de non haber novidades. Entre as funcións desta comisión están o reparto dos bens da sociedade e a atención ás posibles propostas para que a sociedade poda seguir a funcionar no futuro, no que sería xa unha segunda época. Tamén está prevista a publicación da historia resumida de O Tesón,
Tanto dende a directiva saínte como dende a comisión formada temos claro que a asociación é de todos, de toda a sociedade, non só dos asociados, e a todos incumbe a participación, incluída a xestión dos bens comúns, mesmo inmateriais, como é o caso. Por iso, aínda nestes momentos que desexaríamos non estar pasando, poñemos a O Tesón ó servicio da sociedade, de Ribadeo.

- - -

Asemblea Xeral ordinaria e sucesivas da Asociación de Veciños O Tesón
Salón de actos da Casa do Mar, 20160312, 20:00, con asistencia de 6 socios e unha persoa invitada.

Estando previsto segundo convocatoria varias asembleas sucesivas, a tenor do desenvolvemento da asemblea ordinaria, deu en primeiro lugar comezo a asemblea extraordinaria
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
Explícase que a acta anterior corresponde á asamblea de 11 de outubro de 2014, por non terse celebrado a asemblea convocada para 10 de outubro de 2015 por falta de asistentes. Dáse lectura á acta correspondente e é aprobada por unanimidade.
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Foi presentado o desenvolvemento de actividades culturales, como as xornadas de primavera, sociais como a viaxe a Burela e San Cibrao, e xerais, mesmo a última, coa resposta do concello ó escrito sobre a illa Pancha e o informe emitido polo concello ó Ministerio de Fomento, recibido esta mesma semana.
Despois foron lidas as contas correspondentes ó ano pasado e a 2014, que en resume quedaron:
Saldo a 31/12/13: 6585,79
Entradas 2014: 1220
Saídas 2014: 2116,48
Saldo a 31/12/14: 5689,31
Entradas 2015: 1240
Saídas 2015: 415,33
Saldo a 31/12/2015: 6521,98 €
En relación ás contas, coméntase que non se pasou ó cobro os recibos pola situación na que se atopa a asociación. Asemade, que hai pequenos pagos por realizar, correspondentes ó envío das cartas desta asemblea.
A memoria e as contas son aprobados por unanimidade.
Conforme ó previsto, suspéndese temporalmente a asemblea.
-
Asemblea Extraordinaria de lección de nova directiva
Punto único: 1.Presentación de candidaturas e elección se procede de nova candidaturas
Exponse a situación e o motivo de que Elvira Posada estea na sala, como parte dun intento externo por axudar á asociación, tentando por todos os medios posibles a continuidade. Despois de diversas deliberacións entre os presentes, e ó non haber posibilidade de nova directiva nesta asemblea, pásase a Asemblea extraordinaria prevista na convocatoria, suspendendo de xeito definitivo a asemblea ordinaria.
-
Asemblea extraordinaria de supensión de actividades
Punto único: 1.Organización da suspensión de actividades
Pásase revista ó punto 37 dos estatutos, especificando que a proposta non é disolver a asociación de xeito inmediato, polo que non é aplicable, senón a suspensión de actividades, para o que debera tomarse como referencia. A pretensión é apurar ó máximo a posibilidade de recoller o testigo da asociación, polo que si se propón crear unha comisión. Asemade, pásase revista ás cousas que se estima se deben facer, como a distribución dos activos da asociación. A proposta é que, unha vez pagados os pequenos restos que quedan sen aboar, se retire unha cantidade para facer unha publicación cunha historia sucinta desta primeira época da asociación, e doar o resto. En canto ás diversas publicacións, repartilos, preferentemente ós autores. A máis, a asociación dispón dun armario metálico, que, de non ser reclamado por ninguén, quedaría no mesmo lugar que agora, en casa de Rocío Botana, onde está acubillando diverso material.
Trátase do fondo legal da situación, entendendo por este motivo que a comisión designada debe ter un límite temporal, en contra da proposta inicial.
A comisión queda formada polo actual presidente Pancho Campos, a tesoureira Rocío Botana, o secretario Antonio Gregorio e José Ángel Salvatierra, socio de número, coas misións propostas de facilitar a publicación da historia da asociación e distribución de activos, rematando a disolución en caso de que non haxa unha proposta para a súa reactivación antes de fin de ano, ou promovendo a súa reactivación mediante asamblea en caso contrario.
Ás 21:00 dáse por concluída a Asemblea.

martes, 13 de octubre de 2015

Nota de prensa Asemblea 2015


O pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a asemblea da AVV O Tesón.
Alí viuse que a asociación ven desenvolvendo as súas actividades en plena forma e con apoio de preto dunha centea de socios, pero cunha falta grave: a de participación dos propios socios, implicándose de cheo nas actividades desenvoltas.
As principais discusións xiraron precisamente sobre que os socios apoian, mesmo de xeito económico, pero non participan. A baixa participación en actividades convocadas pola asociación e a nula renovación fai pensar á directiva que, de seguir así, nun próximo futuro a asociación podería chegar a estar totalmente desligada da base social, o que se entende como algo que non se desexa, algo que hai que evitar.
Por iso se propón un novo enfoque para o futuro. Un futuro dentro da mesma asociación, se un grupo de asociados aglutina con novas ideas a ilusión que conduciu as actividades ata o momento, ó que sumariamos o apoio da actual directiva dunha sociedade en plena forma pero que necesita unha renovación para non deixar de cumprir a súa misión.
Se polo contrario os asociados estimaran que a a asociación cumpriu o seu ciclo vital non dando resposta ó desafío ó que se enfronta, a actual directiva remataría as actividades en marcha, faría un resume dos case trece anos da historia social e desprenderíase dos activos da sociedade, doándoos para maximizar o seu impacto social. O anterior, preservando a documentación básica que permitiría no futuro, se é o caso, aproveitar unha institución que estamos seguros que pode contribuír a un futuro compartido en Ribadeo, aínda que entendamos que debe renovarse coa participación e implicación social.
En calquera caso, cada membro da directiva é consciente de que lle queda por aportar moitos graos de area na construción dun Ribadeo mellor para todos, dentro de O Tesón ou con outro formato social. Por outra beira, somos conscientes de que un novo enfoque é necesario para que a nosa sociedade cumpra cos seus fins en sintonía cos asociados, como veu facendo ata agora, dun xeito do que estamos orgullosos. Agradecemos ós socios e a toda a sociedade ribadense o apoio dispensado ata o momento. É precisamente o responder do mellor xeito posible a este apoio o que nos leva a propoñer esta renovación dende a mesma directiva.
Ribadeo, 20151013

sábado, 2 de agosto de 2014

Resume da xuntanza entre representantes da Mesa de Asociacións e alcalde (20140801)

Nota de prensa
Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía
Ribadeo, 20140801

A última hora do venres 1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
A xuntanza, que durou preto de dúas horas, fora preparada por seis das asociacións participantes o pasado sábado, acordando presentar a serie de temas que foron tratados.
O ambiente foi tranquilo, de confianza e colaboración, sempre tendo en conta que é no día a día no que se poden amañar as cousas, sendo o intercambio de ideas e pareceres o xerme para ese traballo diario, para o que non soe haber solucións milagreiras.
O primeiro tema tratado foi o regulamento de participación cidadá, posto enriba da mesa polas asociacións hai máis de media década e do que houbo un proxecto que tivo aprobación inicial do pleno, pero non chegou á aprobación definitiva polas alegacións presentadas. De novo brindouse o apoio asociativo para facer un documento que se considera moi importante para a calidade democrática dun concello, pasando dunha relación fluída que depende das circunstancias a algo cunha base normativa. Nese sentido, o alcalde apuntou que o tema podería tratarse de novo no próximo pleno ordinario, se ben sen ser un compromiso. Si apuntou que daríase difusión ás convocatorias dos plenos na procura de que os veciños teñan un mínimo de información sobre a xestión dos asuntos do concello que neles se trata. Asemade, e mentres non hai novidades no regulamento, ó final da xuntanza quedouse en que o primeiro fin de semana de setembro teríase outra para tratar os temas que daquela se estimen.
Pasouse logo a outro conxunto de temas relacionado coa construción, dende a terraza con baseamento de formigón no xardín ata o tratamento das licenzas de obra, pasando pola construción da residencia, cos problemas cos acuíferos e depósito de materiais en Sta. Cruz. Sendo temas ben diferentes, e polo tanto, con solucións diferentes, pediuse en conxunto unha maior atención, e dalgún xeito, coordinación entre alcaldía, gabinete técnico e policía local. O conxunto foi rematado lembrando que varios colectivos teñen presentado alegacións contra o PEPRICH. Respecto a este último, o alcalde indicou que ó rematar o prazo de alegacións particulares pasarían a un estudo das mesmas, indicando os representantes societarios que quizais fora boa idea comezar de novo e facer as cousas ben dende o inicio, dado os múltiples erros que se estiman.
O verquido producido no CAVI e as súas consecuencias foi tratado, tendo en conta que o centro de alimentación de vacuno irmandiños (CAVI) está en Barreiros, non en Ribadeo, pero as augas verquen cara ó encoro de Lexoso, que contribúe á rede pública ribadense. Apúntase que xa hai varios anos que foron denunciados verquidos, e que en datas parellas ás últimas denuncias, apareceron peixes mortos no pequeno encoro que hai no río grande en Cedofeita, o que se ben non parece ter relación con dito verquido, tampouco é a primeira vez que ocorre. Tamén foi tratado un problema menor de medio ambiente, o cheiro dos contedores en particular nalgúns lugares das parroquias.
Denunciouse que a estrada da Deputación á entrada de Ribadeo necesita un bo repaso, xunto coa nivelación de arquetas na mesma á beira do Colexio Público.
Sendo os anteriores os temas tratados na xuntanza previa da Mesa de Asociacións, abordáronse outros, como o estado do tema dos xulgados, tanto de Mondoñedo como da hipotética volta a Ribadeo, en relación coa aparición do alcalde na prensa hai non moito tempo, o estado da rede de abastecemento de auga, necesitada dunha renovación integral, ou da relación entre Ribadeo e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

martes, 15 de julio de 2014

De Ribadeo


De Ribadeo
Festa dos indianos. Éxito total, como se esperaba. Comezo oficioso da época forte do verán ribadense, onde o tempo cambia de sentido.
Quizais pois iso, porque o tempo cambia de sentido, é polo que 'o concello' aínda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado hai... pois dende o 4 de xuño, sobre unha 'estrutura para terraza que se asenta en vigas metidas no chan, a modo de baseamento dun edificio' en terreo público, aumentando espazo e fixando unha concesión anterior removible de xeito doado. O obxectivo do escrito era 'coñecer o criterio que usou o concello para permitir a destrución do xardín para meter no mesmo as vigas onde asenta da estrutura de madeira (...) así como para permitir unha ampliación do terreo adicado á terraza'. Xa dicimos, polo momento non hai resposta, a pesar de que con anterioridade foi dado a coñecer o feito nos medios e a raíz diso un partido político preguntou sobre o tema en pleno.
Claro que a resposta ó mellor se da no seguinte pleno; ó fin, en xullo débese celebrar un pleno ordinario. O malo é que, como non se ten idea de cando se pode celebrar un pleno, pois tampouco sería doado coñecer a resposta. Unha pregunta para quen poda ler isto: cando foi a última vez que te enteraches a tempo de que había un pleno e os temas que se ían tratar? (non valen os monotemáticos anunciados a bombo e platillo para tentar de que haxa xente que poda difundir as bondades do tratado e aprobado sen oposición).
Ó mellor resulta que nese pleno é cando se aproba por sorpresa un regulamento de participación cidadá usable para que a xente podamos participar, e entón a petición de información xa será moito máis directa, e a resposta moito máis clara, ou mesmo non fará falta nin pedir información debido á transparencia que se practicará. Soa ben, e soñar non costa, pero, mentres, estamos a esperar. A esperar información sobre cousas como son diversos temas en relación a Viaqua/Aquagest.
Un verquido? Si, saíu no xornal, pero a cousa non debe ir co concello, senón coa empresa, con quen realiza o verquido, quizais coa entidade autonómica que parece que revisou algo días despois... pero non co concello, que ó fin, non ten nada que ver con Viaqua nin co subministro de auga, non?
Será por iso que cando no xornal saíu tamén a información do bo trato que algún 'técnico do concello' lle concedía a Aquagest (dende aquela cambiou o nome a Viaqua) e o xusto trato recíproco con que a empresa tratou ós técnicos, o alcalde escudouse nun 'typical political Spanish' do estilo 'non me consta', e solucionado, mesmo aínda que aparecera nos datos xornalísticos que el fora invitado e rexeitara a deferencia. Por certo, daquela o trato co concello non ía de auga, senón de converter en rúa o que antes era unha estrada.
Tampouco hai máis que falar se auga sabe a raios ou deixa a pel suave na ducha, se a empresa di que os parámetros están ben, aínda que alegue que a auga viña turbia. E que hai sobre os mesmos servizos ó cidadán que presta Viaqua? Ó que parece, cada vez se poden solucionar menos cousas en Ribadeo, perigando a mesma oficina e os técnicos que están en Ribadeo o 100% do tempo. Ou sexa, o que estamos a ver nas novas en relación a outras grandes empresas: servizo privatizado sen control público. E o poder cidadán? Que é iso?
Quedan cousas no tinteiro. Aí está para amosalo o xúbilo de comezar as obras da residencia xunto coa sorpresa de botar cascotes do derrubo (e a terra da excavación) en Santa Cruz. Pero mentras, neste acordeón de tempo que é o verán indiano, imos por outras cousas.
AVV O Tesón

jueves, 22 de mayo de 2014

Víctor Moro, en Ribadeo a Debate. Nota de prensa


AVV O Tesón
Nota de prensa 20140521
- 
3ª charla Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo.
Víctor Moro Rodríguez

As dúas semanas pasadas, o Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo recibiu ás charlas de Xosé Carlos Rodríguez Rañón, co tema 'Ribadeo visto desde fóra por un de dentro', e de Chemi Lombardero Rico, sobre 'Ribadeo; un porto, un hinterland, dúas comunidades'. En ambas carlas se presentou e debatiu a visión particular dos autores sobre aspectos de Ribadeo.
Este venres, ás oito da tarde, terá lugar a terceira charla, a cargo de Víctor Moro Rodríguez, ribadense amplamente coñecido dentro e fóra da súa patria chica, que ocupou postos como o de subdirector xeral do Banco de España, director xeral de Pescanova ou conselleiro de administración en Unión-Fenosa, no campo da economía, e Director Xeral de Pesca Marítima, Deputado por Pontevedra ou xefe da oposición no Concello de Vigo, no campo da política. Asemade, ten recibido diversas distincións, como a Orde do Mérito Constitucional, a Cruz do Mérito Naval ou a Creu de Sant Jordi, a máis de ser Fillo predilecto de Ribadeo.
Coma sempre, a charla desenvolverase no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas. A entrada será libre e gratuíta ata esgotar localidades.
Tras esta terceira charla só quedará a cuarta e última do ciclo, a cargo de D. José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández
Adxúntase un cartel correspondente á charla desta semana.

viernes, 16 de mayo de 2014

Nota de prensa sobre a ocupación dun espazo público: o Xardín, con base para unha construción fixa


Unha terraza do pobo de Ribadeo
Está en exposición o Peprich. Unha exposición así, en internet, que inclúe ata a rotonda do instituto, mesmo a zona verde de titularidade pública DE-X-08, incluída nos 1.033 m2 de superficie, de carácter público, situada nas beirarrúas da Virxe do Camiño (Plano de localización: Coordenadas UTM ETRS 89 29N X: Y: 657636 657636, Plano III.02.2 K1)... permite facer un recoñecemento de zonas concretas como a indicada. Por suposto, da tamén lugar a situacións curiosas, como que un pico do parque que da á rotonda quede fóra do Peprich.
Quizáis sexa mellor enfocalo doutro xeito: Paseando do centro de Ribadeo cara ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, en referenza á casona que alí hai. Aí se fixo o 'Parque de indianos', coa súa fonte das rás e o resto, en parte ocupando o terreo con algo que xa é matoxo, en parte con retrete libre dos cans...
Ó norte da zona, o xardín ábrese moito máis lentamente, pero chega a unha extensión de herba. Aí, no extremo, na parte máis ancha, había unha terraza. Abandoouse, e agora estase a repoñer. Pero parece que cambiaron as condicións: de chan de madeira sobre a herba estase a pasar a unha construción con base de formigón enferrado que non ten que envidiar ás dunha casa, ben chantada en terreo municipal. Fíxose un foxo, ben dispostiño e logo encheuse con vigas de ferro e botouse o formigón, sobresaíndo do nivel da herba do arredor.
A terraza é de supoñer que quede chula e apetecible para tomar algo nela, nestes momentos non se ve cal pode ser o acabado. Pero, que normativa, que control permete meter unha base así no medio dun xardín que era público, municipal, de todos? Consérvase así o público? Máis ben o que parece é algo menos de xardín, algo menos de público.
Estamos equivocados? Alguén pode explicalo?

miércoles, 15 de enero de 2014

Lembrando 2013

Nota de prensa

-->
O cambio de ano, aínda que non signifique nada de por si, da unha oportunidade de botar a vista atrás para lembrar o bó e o malo, ter unha visión de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer no que non se puido facer, ...
Dentro da AVV O Tesón tamén pasamos a vista por ese ano do que a grande maioría nos despedimos esperando poder recuperar pronto algunha das perdas. Por iso, pola esperanza, o primeiro que nos ven á cabeza é un proxecto que grazas ó realizado en 2013, este ano sairá adiante en boa parte se non hai máis contratempos: a residencia de maiores. Vaia por bo camiño. Por iso, pola súa consecución, coidamos que debemos felicitar a José Mª Rodríguez, presidente e cabeza visible da comisión veciñal encargada de promovela, sen descoidar extender a felicitación a moitas outras persoas que, en menor ou maior grao, contribuíron a facer posible este estado de boa esperanza actual.
Esta volta, a lotería que reparte a asociación -máis como motivo de comunión cos asociados e co pobo en xeral que para obter fondos (510 €)- tivo o reintegro, o que permitiu un pequeno sorriso cara ó fin do ano.
A cambio dalgunha boa nova, algunha outra non tan boa: un tema que puxemos en marcha, a volta do xulgado a Ribadeo, está totalmente parado, sen consideración algunha por parte institucional. E, mentras que nalgúns lugares xa se vai normalizando o nome de ría de Ribadeo, noutros aínda queda por facer. Aproveitamos estas liñas para ofrecer o noso apoio a quen poda ter máis ascendencia ca nós para poder solucionar istes temas.
As vidrieiras, outro dos seguementos que vimos facendo xa hai varios anos, parece que leva camiño de solucionarse. Pedimos que tan pronto esteñan reparadas sexan expostas para que a xente podamos achegarnos e ver que pasou, como foi feita a restauración, algo da súa historia ou como van ser dispostas de novo na capela do cemiterio. A súa exposición foi pedida xa por escrito o pasado outono.
A nosa asociación ten realizado diversas actividades para socios e para a poboación en xeral. Inclúese aquí o ciclo de películas -4- realizado na primavera, con temática relacionada con temas sociais e humanos, que deu lugar a interesantes debates. Tamén dentro do ámbito cultural e social se inclúe o ciclo de conferencias -asemade 4- relacionadas coa crise, a economía e falsos dogmas, que impartiron catro persoas que ofreceron con olla ampla e dende Ribadeo a súa perspectiva da crise, as súas orixes, o seu desenvolvemento, as súas consecuencias ... conferencias das que algunha xa se subiu a internet e o resto espérase subir pronto: o obtido nas conferencias merece máis difusión, o seu interese é xeral, e a formación que brinda non é doado obtela dun xeito estruturado e desmigado como foi feito.
Tamén de tipo asociativo foi a viaxe realizada, que con motivo primeiro a visita ó Castro de Coaña, permitiu coñecer máis en profundidade lugares do occidente astur como o museo de Porto de Vega, e entablar lazos doutro xeito con asociacións da zona.
A asociación fixo posible a publicación do cartaz de Cartas da ría de Ribadeo, que puxo a disposición de tódolos interesados a reprodución dun conxunto de cartas que amosan diversas percepcións do entorno da ría e ofrecen un enfoque histórico do noso entorno. Por certo que seguen a disposición exemplares nas librerías de Ribadeo.
Como difusión, tamén recomezamos a publicar máis cousas. Así, en internet, no propio blog da asociación, http://o-teson.blogspot.com.es, ou dando a coñecer á xente as preguntas realizadas nos plenos, preguntas que creemos que permiten facer unha aproximación diferente á xestión que se fai da parte comunitaria das nosas vidas. Nese camiño continuaremos.
Seguimos e tentaremos seguir participando, na procura do ben de Ribadeo, dentro das nosas posibilidades en iniciativas diversas. Estaremos en sitios tan diferentes como a Comisión de sanidade pública de A Mariña ou o Consello da Muller de Ribadeo. Insistindo na necesidade da participación cidadá, tanto por parte das persoas como procurando que a participación esteña ben regulamentada, que haxa claridade na xestión de Ribadeo, que todos teñamos a posibilidade de aportar a nosa colaboración dun xeito natural, que entre todos podamos facer un Ribadeo mellor.
A asociación en unhas contas que lle permitiron, un ano máis, non variar a cota de asociado -dende 10 €, dende o 2004- contribuíndo así a non incrementar as cargas dos asociados. O que poda pasar neste sentido de cara ó 2015, iso xa se verá.
En fin, faltan moitas pequenas cousas, pero o anterior é un resume da recompilación do feito para difundilo e que se saiba para que a xente poda colaborar. Iso é o que queremos para o que xa é iste ano: colaborar para facer un pobo mellor para vivir, e pedir colaboración para levalo a cabo do mellor xeito posible.
Continuaremos. Coa referencia da ría no nome da asociación, algo incluído no noso entorno, e co sentido que da ó dicionario á verba 'tesón'.
Mentras, esperamos un mellor ano para todos.

lunes, 14 de octubre de 2013

Crise, economía e falsos dogmas, III parte / Nota de prensa


-->
AVV O Tesón
Nota de prensa

Ciclo de charlas
Crise, economía e falsos dogmas”
3ª charla

Ribadeo, 20131011

Despois das dúas primeiras charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas, a cargo de José Mª Martínez Fernández e José Ángel Bolaño Penelo, o próximo venres 18, de novo no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo e ás 20:30, terá lugar a terceira, que manterá Mª Jesús Fernández Álvarez, e que continuará tendo como referenza para análise os segintes capítulos do libriño 'Manifesto de economistas aterrados'.

O ciclo de charlas está valorizándose por si mesmo, en base ás opinións dos asistentes, que recollemos a idea de que está a pasar en termos económicos e a súa tradución en termos sociais. Feito e tradución, en calquera caso, que son expostas non como dogma senón como elección, contrapoñéndolles outras posibilidades.

Como as pasadas semanas, terá lugar primeiro a charla e de xeito posterior un coloquio, co público como elemento fundamental, e coa presenza dos catro ponentes, sobre a temática da charla e sobre a crise en xeral.

Lembramos que o ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou máis baixo: un dos obxectivos das charlas é igualar os niveis por enriba os niveis de coñecemento explicando os conceptos necesarios.

Adxúntase o cartel correspondente á terceira charla.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Nota de prensa de O Tesón: charlas de economía e crise

-->
AVV O Tesón
Nota de prensa

Ciclo de charlas
Crise, economía e falsos dogmas”

Ribadeo, 20130929

Preocupada pola crise, a AVV O Tesón ten organizado para o mes de outubro un ciclo de charlas sobre 'crise, economía e falsos dogmas', no que colaboran persoas do noso entrono que poden ampliar as nosas miras e aumentar o noso coñecemento e a nosa conciencia do que está a pasar na economía actual, a súa relación coas finanzas e os efectos que sentimos como sociedade.

O días venres 4, xoves 10, venres 18 e venres 25 de outubro ás 20:30 terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo as charlas e posterior coloquio, dirixida cada unha delas por unha persoa diferente, coordinados dende o comezo para facilitar un mellor aproveitamento.

O fío condutor ó longo das charlas serán os puntos do 'Manifesto de economistas indignados', documento que foi dado a coñecer por un nutrido grupo de economistas que non deixaron de recibir adhesións dende entón, e que trata de debuxar un esquema claro que facilite a comprensión da crise, porqués, consecuencias e alternativas.

A estrutura de cada charla consistirá nunha moi breve presentación, a exposición de cada poñente e posterior debate sobre os temas tratados, en particular, e sobre a situación de crise, en xeral.

O ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou máis baixo: preténdese igualar os niveis por enriba explicando os conceptos necesarios.

Adxúntase o cartel correspondente á primeira charla.

lunes, 15 de julio de 2013

Nota de prensa: presentación de 'ría de Ribadeo'

 
AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20130714

A AVV O Tesón ten rematada xa unha nova actividade cultural. O próximo luns 22 de xullo, ás 20:00 no Local de Asociacións do Lavadoiro da Rúa dos Fornos de Ribadeo será presentado o documento 'Ria de Ribadeo'.

Cada unidade de 'Ría de Ribadeo' consiste nun cartaz coa reprodución de 10 cartas e planos da ría, xunto cunha introdución e dous documentos anexos.

As cartas levan datas dende mediados do século XIX (cando comeza a maior expansión da actividade portuaria de Ribadeo) en diante, ata a construción do ferrocarril de Vilaodriz. Son reproducidas en formato A3 en papel nobre, levando por tras unha trascrición (completa ou parcial, segundo o caso) dos datos que aparecen como definitorios da carta. Mesmo nun caso aparece transcrita unha relación das indicacións de 150 puntos marcados na carta que, por seren con letra antiga, non son doados de interpretar.

Xunto coas cartas, preséntase un texto introdutorio en formato A4 e reproducido castelán, francés e inglés, a máis de en galego. Acompaña a este texto a reprodución de dous documentos máis: o “Informe sobre la decisión adoptada por la Comisión Especializada de Nombres Geográficos, del Consejo Superior Geográfico, con relación al topónimo 'Ría de Ribadeo'”, e máis o texto no BOE do R.D. 591/2002, polo que se concede o título de 'Marqués de la ría de Ribadeo' a Calvo-Sotelo.

A tirada é de 250 exemplares. As unidades distribuiranse a 10 € para os socios na mesma presentación, e a partir do luns, calquera poderá recollelas nas librerías a cambio de 15 €.

Notas:


Un dos mapas reproducidos, de 1787

sábado, 29 de junio de 2013

Nota de prensa sobre o nome da ría de Ribadeo


AVV O Tesón
20130629
Nota de prensa


Dende a directiva da AVV O Tesón queremos facer unha reflexión con calma e perspectiva sobre os movementos que teñen tido lugar a pasada semana en relación ó nome da ría.
En primeiro lugar, dende a asociación, quedamos desconcertados coas primeiras novas que falaban en termos absolutos de que un partido, o PSOE, presentara unha iniciativa para o cambio de nome da ría de Ribadeo. Nela, aceptando o nome histórico a reganadentes, o importante era sinxelamente a vontade do cambio de nome, e non a súa xustificación.
Despois de facernos unha idea da situación, puxémonos en contacto co PSOE local que veu a asegurarnos no que xa críamos: o que resultou ser oficialmente unha proposición non de lei sobre o selo conmemorativo onde unha aprezación sobre o mesmo daba pé a potenciar o cambio de nome foi impulsado de xeito unilateral por tres diputados asturianos do grupo socialista no Congreso. Cando contactamos co representante local da agrupación, xa se puxera en marcha a resposta, tanto a nivel de difusión da postura da agrupación local nos medios como en relación ós mecanismos internos do partido.
Así foi como o mesmo 26 de xuño, un escrito de José Blanco á portavoz socialista no Congreso derivou na retirada da proposición.
Dende a directiva da asociación, recollemos o sentir que nos fixeron chegar diversos asociados, agradecendo á agrupación local do PSOE a sua rápida e eficaz resposta para evitar unha polémica sobre un tema xa resolto pola Comisión Especializada de Nomes Xeográficos do Consello Superior Xeográfico (como di o escrito citado), ó tempo que estimamos que se poden sacar varias conclusións de todo este asunto. A primeira, que un pobo unido no consenso pode conseguir cousas ó tempo que a xente que ocupa postos de responsabilidade se sinte máis apoiada: saben que teñen o pobo detrás.
Ribadeo, a 29 de xuño

lunes, 24 de junio de 2013

Nota de prensa da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo


Nota de prensa
Mesa de asociacións do concello de Ribadeo
20130621
Representantes de varias entidades reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
-En primeiro lugar, como introducción ós puntos a tratar, pasouse revista ó feito na xuntanza anterior.
-Pasouse logo á participación das asociacións na xestión da Reserva da Biosfera, onde se analizou diversa documentación e se viu que na actualidade a Reserva da Biosfera está na fase de alegacións ó plan por parte dos concellos integrantes, algo que se podía facer extensivo a todo o mundo, asociacións incluídas, tendo en conta que xa na xuntanza anterior saíra á palestra o aínda inexistente plan de ordeación de recursos naturais da ría (PORNA). Acordouse pedir ó alcalde os datos da normativa de participación.
-En relación á adhesión ó escrito da plataforma da área sanitaria da Mariña, acordouse a adhesión. En relación ó tema sanitario, falouse tamén do Centro de Saúde de Ribadeo, no que hai oito prazas de medicina xeral e 4 de urxencias. Non obstante,hai un médico de medicina xeral de baixa sen substituír hai un ano, co correspondente reparto de pacientes entre os outros e lento trasvase de cartillas a outros médicos, o que indica un desdeixamento da praza e unha posible supresión no futuro, na liña de deterioramento da sanidade pública. Quedouse en facer un escrito denunciando o feito e apoiando a que o servizo prestado en Ribadeo sexan as oito prazas acordadas.
-En relación ó nome da ría, a AVV O Tesón manifestou estar a facer unha publicación que espera ter lista este verán.
-Pasouse logo á participación cidadá, onde se acordou retomar o tema, tomando como punto de partida a documentación xa xerada pola mesa hai varios anos, de cara a unha nova proposta na próxima xuntanza, que será celebrada a comezos do outono.
Xa fóra da orde do día, falouse do pouco uso que está a ter a ordeanza de medio ambiente e das consecuencias dalgunha política seguida no concello e relaciondaco anterior, como o pacto de boa vontade para os depósitos previos ós permisos, e a obtención de permisos, para a saca de madeira, que a pesares das dificultades para a obtención de datos en relación a outros concellos, sábese que non funciona.

lunes, 27 de mayo de 2013

Nota de prensa da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo (20130524)

Nota de prensa
Mesa de asociacións do concello de Ribadeo
20130524
Representantes de sete entidades (as asociacións de veciños de Remourelle, Rinlo, Santalla, Vilela, a Plataforma de defensa da ria de Ribadeo e a convocante AVV O Tesón, máis un representante da coordinadora pro residencia) reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
En primeiro lugar, fíxose un breve resume da historia da mesa de asociacións, que tivo a última xuntanza en outubro do 2010 para tratar do regulamento de participación cidadá. A partires daquel momento, e dado que foron as asociacións as que puxeron en marcha o grupo pro residencia en Ribadeo, a mesa non se voltou reunir para non interferir. Con anterioridade,  a historia da mesa recolle a desconsideración dos alcaldes, reacios a ter interlocutores diferentes que os encadrados en partidos políticos, na liña de non considerar a implicación dos veciños na vida pública do concello.
Na xuntanza tratáronse diversos temas, en particular
- O estado actual do regulamento de participación cidadá, que non variou dende a última xuntanza da Mesa, e no que foi exposta a experiencia de Allariz, con plenos radiados ou preguntas de viva voz no pleno por parte dos veciños.
- A área médica da mariña, punto no que se acordou distribuír o manifesto para expresar a adhesión, e ter listo para a próxima xuntanza un informe, incluíndo o estado da cuestión nos temas da concentración, e as restriccións, tanto en atención primaria como en hospitalaria.
- A polémica sobre o nome da ría, tema sobre o que houbo unanimidade no apoio ó nome legal e no que xurdiron algunhas propostas.
- A integración na xestión da reserva da biosfera, tratada recentemente nos medios como unha necesidade para seguir desfrutando de axudas, pero sen vislumbrar unha querencia por unha participación real por parte das autoridades que están a levar o tema, acordando facer un escrito.
Asemade, tocáronse outros temas dos que se viu o interese e se decidiu manter por diversas razóns nun segundo plano, como o xulgado ribadense, o uso de herbicidas en autovías, estradas ou mesmo por parte de empregados municipais, ou o mesmo mantemento do local de asociacións, que foi necesario limpar e ordear en parte para comezar a xuntanza.
Conscientes da necesidade de reorganización da mesa, así como da conveniencia de aumentar a representación, mesmo da procura dos teléfonos ou correos electrónicos para contactar algunhas novas directivas de asociacións, os reunidos acordaron voltar a xuntarse o día 21 de xuño ás 21 horas no mesmo lugar, o lavadoiro da rúa dos Fornos.

sábado, 10 de noviembre de 2012

2ª película do ciclo de cine 'Novelando a presión social'

Nota de prensa:
-->
Ribadeo, 20121110

A AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Novelando a presión social'.

O ciclo pretende achegarse á actualidade da presión que sofre (e tamén exerce) a sociedade a traverso da expresión no sétimo arte. Foi proxectada a película 'La Ola', sobre a posibilidade dunha deriva autoritaria, amntendo despois un interesante debate no que os participantes conectamos a película con diversas instancias da realidade social, española e internacional.

Das películas restantes, Network, Un mundo feliz e El Acorazado Potemkin, este venres 16, novamente ás oito do serán, será proxectada a primeira, 'Network, un mundo implacable', interesante visión extrema sobre a presión dos medios e a súa interacción coa sociedade.

O ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de actuación: repartirase unha pequena introducción escrita e comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas e sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.

O desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de participación libre e gratuíta.

Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres16, 23 e 30 de novembro.

Ribadeo, 10 de novembro de 2012.

viernes, 9 de marzo de 2012

O Tesón, en fusionasturias

Xunto con Ribadeo, claro.
O texto para O Tesón:

Asociación de Vecinos O Tesón

Los vecinos se movilizan


Fomentar la participación ciudadana, y generar reivindicaciones unidas al día a día. Esos son algunos de los objetivos de la Asociación de Vecinos O Tesón, que desde el año 2003 se moviliza en el entorno urbano de Ribadeo. Antonio Gregorio Montes es su portavoz y secretario.

-El nombre, "O Tesón", ya lo dice todo...
-Tiene un doble significado. Por un lado se refiere al tesón según su significado en castellano, pero también hace referencia a los tesones, que es como se llama a los bancos de arena de la ría de Ribadeo. Entonces por un lado habla de que queremos ponerle voluntad a las cosas, pero también que nos centramos en las cuestiones locales, porque somos una asociación de vecinos.
-Los fines de la asociación son contribuir a resolver los problemas que surjan, y a mejorar la convivencia de los vecinos. ¿De qué manera?
-El objetivo que nos hemos marcado es mejorar la vivencia en Ribadeo, y eso lógicamente pasa por mejorar la convivencia y mover iniciativas que contribuyan a eso. Por eso reivindicamos cosas como que el parque no esté continuamente con carpas, o a que el edificio del Cantón de los Moreno desaparezca del espectro público para pasar a ser totalmente privado. También, muy cerca del núcleo urbano, pensamos que hay que potenciar el castro de As Grobas, porque podría dar mucho de sí en plan histórico y turístico. Siempre intentamos tener iniciativas de desarrollo social y cultural, y desde luego si se puede, también económico.
-Entre otras cosas, se plantea aumentar la colaboración con el Ayuntamiento.
-En general pretendemos que la actividad del Ayuntamiento sea mucho más abierta y clara, que la ciudadanía sepa lo que se está tratando. Llevamos tiempo pidiendo un reglamento de participación ciudadana, pero por el momento no ha salido. Hubo un intento hace no mucho tiempo que fracasó, y menos mal, porque desde nuestro punto de vista podía haber dado al traste con una auténtica participación.
-¿Cómo se organizan las actividades de la Asociación?
-Los miembros de la junta directiva nos reunimos dos veces al mes, excepto en agosto, y además tenemos dos asambleas generales al año. Aparte vamos llamando a los socios a participar en diferentes temas, y también ampliamos el llamamiento a los no socios en muchos temas; por ejemplo, cuando convocamos alguna manifestación. Tratamos de acercar posiciones con todo el mundo, para ganar fuerza en nuestras propuestas y nuestros apoyos. Siempre estamos buscando formas de participación alternativa, enviando artículos a la prensa cada cierto tiempo o moviéndonos en internet, básicamente a través del blog de la asociación y de los socios.

jueves, 11 de agosto de 2011

Sobre o xulgado. Nota de prensa 20110810

Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con sinaturas, con 1376 sinaturas, encamiñado a conseguir o retorno do xulgado de primeira instancia a Ribadeo, nunha campaña que foi promovida pola asociación veciñal. A prensa testemuñou daquela a presenza de representantes de tódolos grupos políticos, presentes naquel momento e na actualidade nos plenos municipais. As sinaturas foron enviadas por correo o primeiro día do ano, e foi notificada ós medios e tamén de xeito oficial a súa consecución e o seu significado.
Dende o fin de ano pasaron moitas cousas en Ribadeo e en España. Non só o tempo, máis de sete meses, senón tamén cambios na corporación muncipal despois das eleccións, ou a convocatoria de eleccións xerais a nivel estatal para o próximo 20 de novembro. Pero, no tema do xulgado, que pasou? Dende aquel momento, e despois dunha campaña pola nosa parte encamiñada a conseguir o máximo de sinaturas e impulsar a petición, non se soubo nada máis do tema. Que información hai sobre os trámites seguidos pola corporación ou outra instancia diferente do concello, en relación a conseguir a volta do xulgado a Ribadeo? Ningunha. Que se fixo? Temémonos que nada. Suxiriuse no seu momento unha moción de apoio no pleno, procurouse unha unidade para que os políticos saíran na foto manifestando o seu apoio. Ata agora, nada. E, mesmo pasado un mes da presentación do último escrito, tampouco resposta a el polo momento.
Sabemos que a recuperación do xulgado, despois de case medio século, non é cousa pequena. Así, houbo iniciativas anteriores, sen procurar o apoio popular, de cara a conseguir a súa volta, sen éxito. Pero tamén sabemos que se pode facer. Naquel momento, tamén a Viveiro reitrouselle o xulgado. E retornou ó cabo dun tempo. A Ribadeo, non.
Mentras, temos unha oficina xudicial na Praza de Abaixo de Ribadeo, cun Xuíz de Paz, cargo ocupado na actualidade por Victor Manuel Sanjurjo Láncara, Choupín. Ocupa unha casa enteira. E está destartalada. Calquera que se achegue alí a algunha das poucas xestións xudiciais que se poden facer, poderá atoparse un edificio que foi magnífico nun estado de abandono que non encamiña a pensar na consecución dun nivel superior de servizo. Quizáis por aí se podería comezar a manifestar a querencia do xulgado por nosos representantes: urxindo a que as instalacións actuais sexan mantidas e adecuadas, facilitando de paso o acceso á xente maior ou impedida, facilidade que nunca tiveron.
Outro 'mentras': Mentras o que se busque sexa o non moverse para saír na foto, non será doado que Ribadeo volte a ter un xulgado que a poboación reclama.
Por último, un detalle: Pode ser que Ribadeo non teña dereito ó xulgado. Nese caso, debería demostrarse que ten menos dereito que outras poboacións que si o teñen. Pode ser que as novas tecnoloxías o fagan innecesario. Iso é voltar á mesma resposta anterior: sería menos necesario que noutras poboacións que si o teñen? Mentras esa demostración non teña lugar, os políticos que nos representan non están facendo os seus deberes nesta materia.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Nota de prensa: Nove meses sen resposta

* Un caso relativo ó tratamento da información no concello, coido que unha curiosidade -máis que un non querer facelo-, pero de calquera xeito, un non facilitar información corrente que debera ser facilitada. *
Hai nove meses, a comezos de novembro pasado, O Tesón fixo dúas preguntas para ser respondidas ó finalizar o pleno daquel mes. Non se contestaron e comezou unha situación que da como resultado que se teñan contestado preguntas posteriores pero non as prantexadas daquela, mesmo tendo coincidido en parte con preguntas relacionadas por algún grupo político en plenos posteriores. Non vou detallar aquí algún detalle do transcorrido nos nove meses: algúns deles terían servido como atenuantes, outros como agravantes, pero a cousa é que algo presentado o 11 de novembro pasado aínda non ten resposta.
Por partes. Hai anos que, a instancias de O Tesón, viu a luz en Ribadeo unha regulamentación mínima de resposta por parte dos integrantes no pleno á cidadanía. A parte correspondente da acta onde se aprobou esa participación descafeinada (correspondente ó pleno de 13 de setembro de 2004) está recollida en http://ribadeo-historia.blogspot.com/2008/05/acta-do-pleno-do-concello-de-ribadeo-de.html. O sistema de preguntas así permitido, con todas as restriccións impostas, foi usado polo Tesón de xeito consistente pleno tras pleno, na grande maioría dos plenos ordinarios.
Así as cousas, as preguntas presentadas ó pleno do pasado novembro de 2010 eran:
"1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación."
En canto ó punto primeiro, a dicir de xeito complementario que nalgún pleno foron expostas contas parciais correspondentes a consumos do ascensor, é dicir, o pago de diversas facturas soltas, pero non un cálculo consolidado (previsión ou sinxela constancia de datos pasados) do que costa mantelo e conxunto. E a petición, de diversas formas, xa fora prantexada con abonda anterioridade ó pleno, mesmo á súa construcción.
Mentras, tense dito de manter cerrado o mamotreto en época de pouca afluenza de visitantes, pero aí segue.
En canto ó servizo para que as bicicletas podan atravesar a ponte dos Santos, trataríase de que o paso fora o máis fluído posible. Calquera que atravese a ponte en bici, e hai unha morea de casos, sabe que o espazo, a anchura, é reducida, incrementándose aínda a estreitez nalgún punto debido ó sistema de colocación do valado separador entre o paso habilitado para peóns en bicis e o de automóbiles. No Tesón somos tamén conscientes de que non é tampouco normal que unha autovía teña un paso de peóns súa beira, pero tampouco é o único caso.
Mentras, non hai alternativa, e esta é unha cuestión que incide na afluencia ás praias aturianas ou na visita de xente residindo nas Figueiras, por exemplo, e súmase ó deficiente acceso a Ribadeo dende Asturias nas glorietas de Vilaselán, aínda sen noticia de solución.

sábado, 28 de mayo de 2011

Nota prensa 20110528

Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se prantexou públicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e no pobo diversas informacións que fan pensar nunha variación total de plantexamentos respecto a antes das eleccións.
Nesta situación, a directiva da AVV O Tesón quere aportar unha idea que non é nova, pero que polo momento non se aplicou en Ribadeo. Noutros lugares, algunha formación declarou antes e despois das eleccións que a súa misión principal no consistorio sería observar e transmitir á cidadanía o trascorrer diario do que alí ocorre, facendo transparente a política municipal. Para poder facelo dun xeito ecuánime, terían que complementalo co aporte da súa opinión máis que con tratar de tomar a iniciativa nos plenos ou a outros niveis políticos no respectivo concello.
De igual xeito, en Ribadeo na actualidade, e antes de que coñezamos como se clarifica a situación final destes dous partidos, consideramos que sería bó que algunha persoa, allea ó goberno e sen exercer tampouco como oposición belixerante, tomara unha iniciativa semellante: o manter á cidadanía informada do que se coce no interior do Pazo de Ibáñez, á espera dun regulamento de participación cidadá que permita realmente á cidadanía isa participación que se está a pedir cada vez máis ó longo do estado. Evidentemente, o exercer unha misión así, implica unha obxectividade que presupón á renuncia dalgúns prantexamentos previos que se soen asumir implícitamente nos partidos. É dicir, unha xenerosidade de cara ó pobo de Ribadeo que pedimos a ditos partidos que teñan en conta.
Ribadeo, a 28 de maio de 2011.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Respostas ás preguntas de O Tesón no pleno de 20110322

AVV O Tesón
Nota de prensa
20110322

A AVV O Tesón ten presentado ó pleno do concello de Ribadeo este luns 21 de marzo as seguintes preguntas:
1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para o que se chamou a representantes dos partidos políticos e no que se falou do apoio do concello, solicitamos coñecer se se fixo algo por parte do pleno ou do concello en xeral para apoiar dita petición, así como o coñecemento de calquera nova sobre o tema e, se hai previsto un amaño do edificio que presta acubillo ás oficinas xudiciais actuais.
2.Tendo recibido queixas de que mentras se ten normalizado o pago de cotas no mercado á xente que se sitúa tradicionalmente nel, hai novos colectivos que non aboan cota e instalan pequenos tenderetes, solicitamos coñecer se se teñen tomado medidas para evitar dita discriminación.
3.Tendo xurdido nos medios a nova da existencia dunha nova comisión de festas ó tempo que algún representante da anterior comunica que segue a existir e que está legalizada, en contra do que ocorre coa nova, solicitamos coñecer a situación dende o concello.

Como está establecido, deuse contestación das mesmas ó final, fóra de acta, se ben hai que aclarar que non foron respondidas as preguntas prantexadas en novembro (conxunto de preguntas detallado ó final desta nota)
En canto ás preguntas contestadas, en relación ó xulgado, a resposta foi sinxela: non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado ó xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as eleccións e poderíase comprometer un futuro equipo de goberno. Cabe engadir que tampouco se presentou ningunha moción conxunta de apoio, como foi dito no seu momento.
No relativo ó mercado, o alcalde entende que a pregunta é referente a manteiros actuando nel, e di que a policía Local e o encargado do cobro teñen orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.
Respecto ás dúas comisións, aclara que non é responsable do que digan os representantes das mesmas, pero que lle consta que a nova comisión está ben constituída, aínda que non ten todos os detalles. A subvención de 2010 serálle pagada á anterior comisión, e aclara asemade que non quere entrar en polémica sobre o tema.
Hai que dicir asemade que xusto no momento de comezar a contestar as preguntas un edil do grupo socialista levantouse e marchou.
Quedan pois por responder as preguntas prantexadas en novembro, a pesares de que no pleno tratáronse puntos relacionados coa primeira delas:
Preguntas prantexadas en novembro:
1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inuguración ata a actualidade.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os conductores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a siñalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación.