Unha terraza do pobo de
Ribadeo
Está
en exposición o Peprich. Unha exposición así, en internet, que
inclúe ata a rotonda do instituto, mesmo a zona verde de
titularidade pública DE-X-08, incluída nos 1.033 m2 de superficie,
de carácter público, situada nas beirarrúas da Virxe do Camiño
(Plano de localización: Coordenadas UTM ETRS 89 29N X: Y: 657636
657636, Plano III.02.2 K1)... permite facer un recoñecemento de
zonas concretas como a indicada. Por suposto, da tamén lugar a
situacións curiosas, como que un pico do parque que da á rotonda
quede fóra do Peprich.
Quizáis
sexa mellor enfocalo doutro xeito: Paseando do centro de Ribadeo cara
ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde
comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, en referenza á
casona que alí hai. Aí se fixo o 'Parque de indianos', coa súa
fonte das rás e o resto, en parte ocupando o terreo con algo que xa
é matoxo, en parte con retrete libre dos cans...
Ó
norte da zona, o xardín ábrese moito máis lentamente, pero chega a
unha extensión de herba. Aí, no extremo, na parte máis ancha,
había unha terraza. Abandoouse, e agora estase a repoñer. Pero
parece que cambiaron as condicións: de chan de madeira sobre a herba
estase a pasar a unha construción con base de formigón enferrado
que non ten que envidiar ás dunha casa, ben chantada en terreo
municipal. Fíxose un foxo, ben dispostiño e logo encheuse con vigas
de ferro e botouse o formigón, sobresaíndo do nivel da herba do
arredor.
A
terraza é de supoñer que quede chula e apetecible para tomar algo
nela, nestes momentos non se ve cal pode ser o acabado. Pero, que
normativa, que control permete meter unha base así no medio dun
xardín que era público, municipal, de todos? Consérvase así o
público? Máis ben o que parece é algo menos de xardín, algo menos
de público.
Estamos
equivocados? Alguén pode explicalo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario