sábado, 21 de noviembre de 2009

Carta da Conselleira á Plataforma da Área Sanitaria da Mariña

Abaixo,a carta de envcabezamento que foi enviada pola conselleira á Plataforma (de xeito correspondente á resposta recibida polas asociacións), co escrito parlamentario da súa resposta.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Resposta da Xunta sobre a área sanitaria

O Tesón uniuse á Plataforma pola defensa da área sanitaria da Mariña e asinou a petición dunha definición escrita sobre a súa pervivencia. A resposta remátase de recibir:


lunes, 2 de noviembre de 2009

unha cousa vella: posicionamento sobre a piscifactoría de Pescanova

SOBRE A UBICACIÓN DA PISCIFACTORÍA DE PESCANOVA EN RIBADEO

Ante o acordo do Consello da Xunta de declarar a incidencia supramunicipal do proxecto de piscifactoría de peixes planos en Pena do Corvo (Ribadeo), dende ADEGA e dende a asociación de veciños O TESÓN de Ribadeo, -á espera de coñecer con máis detalle o proxecto-, queremos facer as seguintes precisións ante a opinión pública:
Unha.- A ubicación desta piscifactoría que agora se propón en Pena do Corvo (Ribadeo) é o resultado das negociacións entre a Administración e Pescanova para reubicar a piscifactoría prevista en cabo Touriñán e que o actual governo decidíu non autorizar por afectar a un espazo protexido da Rede Natura.

Dúas.- Valoramos moi acertada e positivamente que a protección dos espazos da Rede Natura deixe de ser unha virtualidade de papel e empece a adquirir rango de realidade; por isto, manifestamos que sería inaceptábel que dita piscifactoría poidera, nesta nova ubicación, afectar aos nosos espazos protexidos. Temos que facer constar que, por un lado, a esta zona de Pena ou Penedo do Corvo (Ribadeo) chega o espazo protexido de AS CATEDRAIS e, por outro, existe na mesma zona un castro no que aínda son perfectamente identificábeis tres dos seus fosos e muros de protección e, para o que a Lexislación preve un perímetro de protección a 200 m da súa parte máis exterior.

Tres.- Entendemos que este tipo de instalacións industriais de cría de peixe, -de enorme impacto paisaxístico sobre o litoral-, caben perfectamente dentro dun polígono industrial. Polo tanto, nun momento, no que se está a tramitar un polígono industrial en Ribadeo cunha reserva de solo de 1.000.000 de metros cadrados, consideraríamos máis acertado que esta instalación se ubicase no polígono industrial, onde ademáis podería beneficiarse doutros servizos do polígono, como as comunicacións, a enerxía eléctrica, etc, de forma que ben se compesase o sobrecoste que poidera resultar desta maior distancia do mar. En todo caso agardamos da administración o máximo rigor na avaliación e corrección de todos os impactos ambientais, especialmente no que se refire á depuración de residuos.

En Ribadeo, a 1 de Agosto do 2006

viernes, 16 de octubre de 2009

Carta da Plataforma sanitaria ó Sergas (a diferentes personas)

A Plataforma cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte conformada por veciños e veciñas, organizacións de distinto tipo, alcaldes, partidos políticos e organizacións sindicais pertencentes a comarca da Mariña manifesta como principios xerais da mesma:
A necesidade de manter a Área de Saúde da Mariña para asegurar unha calidade digna de asistencia sanitaria de toda a poboación. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, e ante a intención da supresión da mesma para integrala na de Lugo, a Plataforma manifesta a súa oposición a esta supresión, e a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como garante dunha asistencia sanitaria de calidade.
A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdad de condicións.
A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria da Mariña coa mellora continua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas desta comarca reciban coidados sanitarios sen discriminacións nin diferenzas con respecto a outras.
E a vista dos diferentes comentarios que aparecen nos medios de comunicación, así como das distintas declaracións que os representantes do goberno fan sobre este tema, solicitamos a Sra. Conselleira nos remita por escrito que é o que vai acontecer ca Área Sanitaria da Mariña.
Burela, 14 de outubro de 2009
Asdo. P.A.
Pilar Méndez Arias
Plataforma Área Sanitaria Norte

A/Á SRA. CONSELLEIRA DE SANIDADE.
--

A/Á ILM.SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA.
--

A/Á SRA.XERENTE DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE.

martes, 21 de julio de 2009

E houbo asamblea

O domingo foi a asamblea de O Tesón. Xa está no seu blog a acta (provisional polo momento, mentras non se aprobe) levantada no acto,
Como a calquera acta, fáltalle algunha das cousas faladas de xeito máis rápido (xa me dixeron máis dunha). Pero queda clara a traxectoria da asociación ata o momento e no próximo futuro, principalmente en prol da consecución da participación nos veciños na vida do concello. Tanto insistindo pola regulamentación que o concello debe ter para adaptar normativa de rango superior como por parte dos veciños, coa concienciación pertinente para exercer esa participación nun terreo que nos afecta a todos.
Moitas veces levo falado no blog sobre cousas semellantes, e coido que, se ben o avance é a paso de caracol (lento, cunha compoñente errática que ás veces leva ó retroceso, ...), o feito é que se produce, e iso polas dúas compoñentes, tanto pola institucional como pola social. O que non quita que sempre haxa que tentar de presionar, de dicir que existen os veciños en máis ocasións que nas votacións de inicio de mandato, para seguir adiante nese camiño.
Na traxectoria de O Tesón, despois do paso do ecuador deste goberno municipal, e múltiples documentos razoados que foron enviados ó concello, queda o comezar a referilos un a un de xeito público (pola prensa) tamén comentados, pedindo unha resposta e deixando tempo para dala. Non se dixo na asamblea e non sei se se vai facer, pero o certo é que facéndoo de quince en quince días xa hai tema na práctica ata a próxima cita electoral local.

lunes, 20 de julio de 2009

20090719, dúas asambleas

Deixo o borrador das actas, pendente de aprobación.
Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
19/07/2009, Casa do Mar, 12:30h

Asistencia, 11 socios
Antes da xuntanza, o Presidente, Pancho Campos, fai un comentario sobre o futuro do Programa Queres, dicindo que parece que non se vai voltar a convocar, co que as reclamacións só poderán seguir a via do Servizo ó Paciente. A parte da diferenza pòlítica, parece que hai unha excusa legal para non seguir co proxecto.

1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
Dase letura á acta, resultando aprobada por unanimidade.
2.Actividades 1º semestre ano 2009
Pásase á relación de actividades realizadas sobre diversos temas. O ascensor da Atlaia ocupa o primeiro lugar e coméntase o estado actual da cuestión.
Dase unha relación incompleta das preguntas ós plenos realizadas este semestre, comentando algunha delas, sobre a fonte do parque, o estado da Atalaia, as bicicletas de paseo do concello (sobre o que non se especificou nada na resposta), as ocupacións de rúas e os pedigüeños (temas nos que se deu largas), o custe dos carteis do plan E (1 300€/un), os cadros cedidos polos expositores ó concello (dos que pouco se sabe), etc.
Exponse o resultado do reparto de libros sobre os castros, o acto de reparto ós socios nas catro calles e coméntase as novas solicitudes de socios habidas e as ventas de libros.
Expónse o resultado da última xuntanza da Mesa de Asociacións, á que asistiu Pancho Campos, destacando que debe voltarse ó plantexamento antigo, pois co actual non hai solucións: chega o alcalde e solta un discurso, e logo hai demasiados particularismos. É dicir, habería que ter unha normativa de funcionamento e seguir un regulamento, funcionar como unha federación e nomear representantes da Mesa en troques de ir moito número de xente sen coordinar previamente. Tómase nota para tentar cambiar a estrutura, como promotores deste tipo de eventos.
Dase información sobre a Asoc. Puente de los Santos, que parece renacer pola petición de novas subvencións. Estarase atentos ó seu devir, para ver se se convirte nunha asociación recomendable.
Apúntase por parte de Gilberto Suárez a posibilidade de pedir axudas, tomando nota a diretiva.
José Mª Rdguez da información do estado actual do referente ó Castro das Grobas, as catas habidas, o estado actual, valadas, e prevé que ata setembro non haxa máis novas, se ben se daquela non as hai, haberá que voltar a poñerse en movemento de novo.
Dase informaicón sobre o desenrolo da visita ó Castro de Viladonga e a comida social.
Vóltase brevemente á información sobre o programa Queres.
Por parte de Rocío Botana dase información sobre o seguemento das accións relacionadas co Festival de primavera, para o que se recolleron 180 sinaturas.
Por último, déuse un repaso xeral a outras cuestións e apostouse por continuar no futuro nunh aliña semellante, se ben tratando sempre de conestar máis coa xente, algo que segue a ser unha materia pendente.
3.Sobre a diretiva: renovación de cargos
Lémbrase que a continuación hai unha nova asamblea para renovación de cargos, onde se espera a incorporación de socios á Xunta Directiva.
4.Rogos e preguntas
Interviu Mª Carmen Rodríguez, informando dun xeito pormenorizado da necesidade de dúas actuacións do concello na r/Pasarón y Lastra.
Remata a sesión sendo as 13:30.
--
Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
19/07/2009, Casa do Mar, 12:30h

Asistencia, 9 socios
1.Punto único: Renovación da Xunta Diretiva
Expónse que tocaría renovar a Presidencia, a Vicesegredaría e dous dos catro vogais. Nas actuais circunstancias, só afecta a un membro da directiva, o Presidente.
Renóvase a Pancho Campos no cargo de Presidente e incorpórase Arturo Linares Martínez.
Asemade, quedan previstos para incorporación en próximas asambleas Gilberto Suárez e José Emilio Amor, do que se da fe aquí para evitar unha asamblea extraordinaria e prazos estatutarios.
Conforme os estatutos, continúan nos seus postos, sen ser sometido a votación José Mª Rodríguez (Vicepresidente), Antonio Gregorio (Secretario) e Rocío Botana (vocal, en funcións de tesoureira)
Remata a sesión sendo as 13:37.

Acta da Asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón' 31/01/2009

Unha vez aprobada en asamblea onte, pásase a acta da asamblea de xaneiro:
Asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
31/01/2009, Casa do Mar, 12:30h

Asistencia, 9 socios
Antes da xuntanza, reparto de libros “Sobre os Castros de Ribadeo”, ós asistentes.

1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
Dase letura á acta, resultando aprobada por unanimidade.
2.Memoria de actividades ano 2008
Comézase repasando o estado dos temas anteriores, segundo a acta lida.
Dase conta das preguntas que seguen a realizarse para ser contestadas ó remate dos plenos.
Pásase á substitución do estudo e alegacións ó PXOM polos correspondentes ó Plan Sectorial de Vivenda e a postura mantida de benvida á idea dun plan, pero considerando que hai moitas cousas que modificar no mesmo, sendo presentadas alegacións. Consideramos ademáis que a liña de urbanismo/construcción vai seguir dando traballo abondo á asociación no futuro.
En relación coa nave no porto dáse relación das actuacións mantidas dende a última asamblea, como a manifestación ou a recollida de sinaturas, e o resultado ata o momento, indicando que por informacións verbais non se descarta que no futuro próximo se presente unha nova versión da polémica sobre o futuro do porto.
Sobre o tema dos cortes de luz, relacionouse a protesta do ano pasado contra BEGaSA e o corte debido á tormenta da semana pasada, dando nota das actuacións seguidas e a nota de prensa enviada.
Sobre as relacións co Concello, consideramos que son boas, pero segue sen recibir á Mesa de Asociacións, que se xuntou de xeito independente e se seguirá a xuntar aínda que non sexa convocada polo alcalde. Dase información doutras cousas relacionadas como a última xuntanza do Consello da Muller.
Sobre a Asociación Ponte dos Santos, parece que finalmente deixou de funcionar, pero non se descarta a súa resurección para aproveitar novas subvencións.
En relación ó ruído, dase conta de que se liberou un informe relativo ó ano pasado, estando ademáis ó tanto dos movementos para dotar ó concello dunha nova normativa, e lembrando que xa se presentaron no seu momento alegacións, comentando que non se comprende como despois de abondo máis de dous anos se retire do orden do día o tema ó non ter tempo de revisalo.
Referente a homenaxes, avísase dunha consulta que se fará noutro dos puntos da orde do día.
Pancho da nota da participación na comisión de seguemento do Sergas, o que significa (plan 'Queres') e a nosa postura dentro del. Neste momento pregunta E. Díaz sobre o 902, explicándose que hai un número alternativo e que xa se tratou o tema nunha xuntanza co SERGAS.
Dase conta asemande das iniciativas en relación ó RRI do Hospital Asilo, ó que foron presentadas alegacións e a día de hoxe non sabemos as que foron aceptadas a pesares de estar xa aprobado en pleno, e en relación á opacidade administrativa, o tratamento dado ó Regulamento de participación cidadá, que xa temos preparado dende hai varios meses pero que non foi presentado para a súa consideración no concello ó ter novas de que a nivel estatal prevese a votación dunha lei que viría a poñer novas normas xerais que poderían deixar atrasada a nosa proposta.
En relación á nova liña eléctrica para alimentar a subestación que se pretende para Ribadeo, damos conta da desinformación actual e tómase como un dos temas dos que a bo seguro se tratará con máis profundidade próximamaente. Por estar relacionado cos campos elećtricos tamén, dase conta de que non se esquece un seguemento da actualidade das antenas de telefonía en Ribadeo, sobre as que esperamos resposta do concello a escritos nosos xa no mandato anterior.
Deixando outros temas menores, dase conta de que se mantén unha política de agasallos ós socios tentando de que sexan ditos agasallos tamén información e alicerce sobre temas que trata a asociación, como neste caso o libro sobre os castros.
A memoria é aprobada por unanimidade.
3.Aprobación balance anual
Preséntanse as contas a 31 de decembro, dando conta dos movementos dende a Asamblea pasada e aclarando que con posterioridade hai xa importante facturas a pagar (libro) e asemade hai que comprobar os recibos devoltos:
Ingresos:
Remanente anterior.....................................4 442,36
Intereses...................................................... 0,35
Lotería......................................................... 250
Recibo ano anterior..................................... 10
Recibos........................................................1 260
Total............................. 5 962,71€
Gastos:
Varios.......................................................... 754,
Tramitación recibos..................................... 115,46
Remanente...................................................5 093,25
Total............................. 5 962,71€
Apúntase que non entran nos números anteriores todo a superávit da lotería ou o libro, números imputables dentro do ano en curso ó igual que algún recibo devolto, que deberá ser comprobado para dar ou non de baixa.
Apróbanse por unanimidade.
4.Aprobación orzamento anual
Coas salvedades anteriores, e co acordo da asamblea, varíase a orde do día para que queden as análises de contas o máis próximos posibles no tempo.
Ingresos:
Remanente......................................................... 5 093,25
Recibos.............................................................. 1 280
Outros................................................................ 300
Total …............................................. 6 673,25€

Gastos:
Comisións.......................................................... 300
Correos.............................................................. 500
Imprenta............................................................ 3 000
Donacións......................................................... 200
Remanente........................................................ 2 673,25
Total.................................................. 6 673,25€
É aprobado por unanimidade.
5.Proposta xeral de actividades 2009
Comézase a proposta deixando claro que a directiva cre prioritario a dinamización dos veciños, a partires dun obxectivo claro da asociación: a mellora de vida dos veciños.
Por elo, tentarase facer actividades que xunten ós asociados e que faciliten o intercambio e a información. É o caso do libro que se comezou a repartir hoxe, e esperamos que ó longo do ano sexa o caso de algunha comida de confraternización, viaxe, charlas, máis publicacións ou a presentación pública do libro.
Asemade, terá lugar unha próxima asamblea na que haberá que renovar cargos, segundo os estatutos, para o que se aproveita para facer un chamamento, debido ademáis a que algún cargo xa deixou as súas funcións e na presente asamblea despídese J.M. Bao como tesoureiro, cargo que aceptara por un ano, levando case dous.
A asociación ten previsto seguir cos temas propios que vemos que se van encadeando dun xeito ou outro, como os de tipo urbanístico ou os que tratan sobre o ruído, polo que non prevé, salvo as actuacións sociais, ningúnha folla de ruta especial para tratar temas concretos de antemán.
Prantéxase neste punto a participación da asociación como tal na homenaxe a Calvo Sotelo, parte na que intervén a práctica totalidade dos asistentes, recollendo diversas opinións entre outras:
Se se toma o acordo, libraría do compromiso individual
O concello é o propoñente, que se molle o concello
Hai que ter conta que se vai facer de calquera xeito, garánteo o concello
Non se sabe que se vai facer exactamente a día de hoxe
Débeselle agradecemento a Calvo Sotelo
O agradecemento está grantido
Hai que separar agradecemento do que é unha petición do concello ós veciños, o único que en todo caso 'traizoaríamos' se non respondemos
Os socios presentes somos unha mínima parte do total para tomar unha decisión
Sería posible unha cuestación entre socios enviando un correo?
Que fará cos cartos o concello se sobran?
Despois das moitas intervencións, queda adiada unha resolución sobre o tema. Polo demáis, apróbase a proposta de actividades.
6.Rogos e preguntas
Non hai excepto as xa citadas polo medio dos puntos anteriores.
Remata a sesión sendo as 13:20.

miércoles, 15 de julio de 2009

Convocatoria de Asamblea

Pola presente comunicación, convócaselle á Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón', que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 19 de xullo de 2009, domingo, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou ás 12:30 na segunda, coa seguinte orde do día:
1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
2.Actividades 1º semestre ano 2009
3.Sobre a diretiva: renovación de cargos
4.Rogos e preguntas
Asemade, ó remate da anterior, terá lugar en Asamblea Xeral Extraordinaria a Elección Parcial de Cargos Diretivos, segundo está establecido nos estatutos.
En Ribadeo, a 1 de xullo de 2009

lunes, 13 de julio de 2009

Preguntas ó pleno de xullo de 2009

Quen abaixo asina, Antonio Gregorio Montes, Secretario da Asociación de Veciños 'O Tesón' de Ribadeo, en representación da dita sociedade e facendo uso do acordado polo Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004, formula ó sr. Alcalde do Concello de Ribadeo as seguintes cuestión:
1.Dado o crecente uso das novas tecnoloxías, os erros observados na información subministrada (tanto na web do concello como noutras que afectan a Ribadeo) e a necesidade de achegar administración e administrados, solicitamos coñecer o plan de desenvolvemento da web do concello, o protocolo de corrección de erros na información da mesma e os pasos que se teñen pensado da no futuro para a introducción na administración electrónica.
2.Dado o tamaño e manufactura dos carteis correspondentes ó Plan E, mesmo para obras relativamente pequenas, solicitamos coñecer cal é o custe de cada un e o número deles instalado.
En Ribadeo, a 3 de xullo de 2009.

domingo, 7 de junio de 2009

Visita ó castro de Viladonga

Onte tivo lugar a comida social da AVV O Tesón. Este ano, á xuntanza social uníuse a visita organizada ó Castro de Viladonga, realizada pola mañá. Coido que é interesante para poder establecer unha relación co que se avance no castro das Grobas. A dicir como introducción que que a escavación en Viladonga comezou no 1971, logo o que se pode observar hoxe é froito de preto de corenta anos de actuacións, e hai que miralo en tal perspectiva se nos queremos facer unha idea do que pode ser o futuro nas Grobas.
A visita comezou coa visualización dun vídeo introdutorio, despois do que se pasou á visita ó castro propiamente dito, aproveitando un momento sen choiva, e logo rematou voltando ó museo e rematando alí a mañá.
Poderíase dicir moito sobre as dúas horas que o grupo pasou alí, polo que supuxo de descobrimento e aprendizaxe sobre a temática castrexa e Viladonga en particular, pero tamén é cousa de fixarse en detalles relevantes e non en facer unha descrición completa da mesma.
En canto a detalles, só dous, ben diversos, relacionados con Ribadeo e a actualidade:
- En Viladonga están expostos os restos dun xeito organizado. Despois de ver o tempo que leva sendo escavado, non se pode pretender ter xa algo semellante aquí, pero pódese apuntar que sería desexable que os máis de 300 restos atopados deran lugar a unha pequena exposición en Ribadeo a finais do presente ano ou comezos do próximo. Por varias razóns, entre as que cabe nomear que non caia en esquecemento o froito obtido nas Grobas ou o evitar que as pezas sexan adxudicadas a algún lugar, museo ou entidade allea a Ribadeo, poidendo mesmo, no futuro, pretender que pouca relación teñen con Ribadeo (como pasa con outros achádegos ribadenses, como a diadema ou restos atopados na ría)
- Aparece nunha das vitrinas o feito de que o vidro atopado correspondente á derradeira época do castro fora de peor calidade que o correspondente á anterior época. Nun momento en que se pensa que a historia só pode ir 'cara adiante' (aínda que se esteña pasando por unha crise económica e social), é ilustrativo e correspondente con produtos de peor calidade ou consideracións sociais descendentes.

martes, 19 de mayo de 2009

Preguntas ó pleno ordinario de maio

1.Dado o alto número de solicitudes que os veciños presentan no concello e das que non se recibe resposta, solicitamos saber se é debido a unha aplicación consciente do silencio administrativo, a falta de funcionarios para respostarlas ou a outra razón.
2.Dado a alta porcentaxe de días que o parque está ocupado con carpas, segundo as nosas contas do orde de 1/3 dos días que levamos do ano, ademáis de instalacións diversas de outros usos, complementando unha pregunta anterior sobre o tema, solicitamos coñecer se existe algún estudo de usos do parque e a súa influencia no mantemento e uso primario, isto é, desfrute como parque propiamente dito.
En Ribadeo, a 6 de maio de 2009.

jueves, 7 de mayo de 2009

Escrito ó concello - peticións menores varias

Expón
Que está abandoado un canón a carón do Centro de Día,
Que a fonte instalada de hai anos no parque da Praza de España leva máis de un ano mutilada e sen prestar servizo, sen saber se hai algunha razón para mantela nese estado,
Que a nova fonte do parque ten unha certa profundidade e un uso ó parecer aleatorio, constituíndo polo tanto un perigo para os pequenos,
Que parece que as obras do parque xa remataron, non obstante o cartel anunciador das mesmas segue alí,
Polo que
Pregámoslle faga as xestións oportunas para a recuperación do canón e a súa colocación no sitio mais axeitado para o disfrute da xente e a decoración da vila,
Suxerimos, salvo obstáculo patente, que a fonte se poña novamente en servizo, cumprindo co cometido co que foi concebida,
Suxerimos asemade que se considere la oportunidad de protexer a nova fonte cun cercado para evitar o perigo de que caia algún pequeño,
E que se retire o letreiro que anuncia as pasadas obras no parque.
En Ribadeo, a 6 de maio de 2009

Preguntas para o próximo pleno ordinario

1.Dado o alto número de solicitudes que os veciños presentan no concello e das que non se recibe resposta, solicitamos saber se é debido a unha aplicación consciente do silencio administrativo, a falta de funcionarios para respostarlas ou a outra razón.
2.Dado a alta porcentaxe de días que o parque está ocupado con carpas, segundo as nosas contas do orde de 1/3 dos días que levamos do ano, ademáis de instalacións diversas de outros usos, complementando unha pregunta anterior sobre o tema, solicitamos coñecer se existe algún estudo de usos do parque e a súa influencia no mantemento e uso primario, isto é, desfrute como parque propiamente dito.
En Ribadeo, a 6 de maio de 2009.

martes, 31 de marzo de 2009

Nota de prensa sobre o carril bici

AAVV O Tesón
Nota de prensa
Dende hai tempo a AVV O Tesón ten seguido a evolución do parque de bicicletas do concello. Lembramos que a súa posta en marcha acompañouse da propaganda da ruta turística dos miradores, os lugares de aluguer inaugurados e a esperanza dun funcionamento continuado. Despois viñeron as épocas de falta de atención, descuido e así ata o presente. Todo elo, sen ser acompañado dunha mínima infrastrutura de circulación de bicicletas.
Visto en conxunto e coa precepción dun esquecemento e unha falta de actuación sobre o tema, a AVV presentou no concello a finais da pasada semana un escrito con suxerencias destacando os seguintes puntos:
...
Que xa hai varios anos que Ribadeo dispón de bicicletas de aluguer,
Que ditas bicicletas, anunciadas a bombo e platillo, foron inmediatamente deixadas de man, descoñecendo na actualidade a poboación o seu paradeiro, posibilidades de uso ou mesmo estacións de parada,
Que ditas bicicletas foron postas en marcha de xeito acorde coa promoción de rutas turísticas, pero ditas rutas non foron adecuadas para o tránsito en bicicleta,
Que en Ribadeo o tráfico rodado sufre de carencias diversas, complicándose no verán e sendo desexable o subministrar alternativas,
Que o desenvolvemento de viais para bicicletas redunda tamén na saúde cidadá,
Que na actualidade diversas actuacións que se están a dar en Ribadeo poderían facilitar a existencia de carrís bici
Polo que
Solicita que se comece a proxectar e realizar un entramado de carrís bici para o pobo, incluíndo:
* conexión do centro urbano coa zona escolar (por exemplo, Avda. Asturias-Avda. Galicia e Rosalía-San Roque-Virxe do Camiño para entroncar coa Deputación-S. Lázaro e Alfredo Deaño respectivamente)
* conexión coa piscina (r. Pintor Fierros)
* colexio das Monxas (Lazúrtegui)
* zonas turísticas (Paseo Rdguez. Castelao e baixadas limítrofes, estrada ó faro, estrada Vilaselán-castro Grobas)
E se potencie de xeito consecuente o préstamo de bicicletas, modelo que estimamos debe ser revisado.
...
Todo o que poñemos en coñecemento do pobo para potenciar o efecto da nosa petición, e esperando que nun próximo futuro o uso da bicicleta facilite a circulación no pobo, axude ós desprazamentos na vila, e contribúa tanto a mellorar a vida saudable dos ribadenses como a mellorar as posibilidades de atracción turística.

sábado, 28 de marzo de 2009

Ría de Ribadeo, non Río de Ribambo; Ove, non Obeso


Coidamos que paga a pena tentar cambiar un mapa que se ve moito por internet:
..."Que dende hai xa anos o principal sitio de mapas na internet, Google maps, apunta a ría de Ribadeo como 'río de Ribambo' (ver ilustración, obtida en http://maps.google.es )
Que hai outros lugares da xeografía Ribadense, ós que se lle asigna nomes incorrectos, como Ove, designado como 'Obeso' (ver asemade ilustración)
Que hai xa tempo que a asociación, por medio dalgún dos seus socios, se puxo en contacto coa entidade que xestiona os mapas para tentar enmendalos, sen resultado polo momento
Que dito sitio en internet ten moitos máis accesos que poda ter calquera outro sitio de Ribadeo, tendo a capacidade de aportar abonda máis información e dar unha visión de Ribadeo non acorde coa realidade nin cos intereses do pobo, o que consideramos grave,
Polo que
Solicita se fagan os trámites correspondentes para que o nomenclátor de dito sitio internet corresponda coa realidade."

Carril bici

Unha proposta de O Tesón realizada esta semana:
... "Que xa hai varios anos que Ribadeo dispón de bicicletas de aluguer,
Que ditas bicicletas, anunciadas a bombo e platillo, foron inmediatamente deixadas de man, descoñecendo na actualidade a poboación o seu paradeiro, posibilidades de uso ou mesmo estacións de parada,
Que ditas bicicletas foron postas en marcha de xeito acorde coa promoción de rutas turísticas, pero ditas rutas non foron adecuadas para o tránsito en bicicleta,
Que en Ribadeo o tráfico rodado sufre de carencias diversas, complicándose no verán e sendo desexable o subministrar alternativas,
Que o desenvolvemento de viás para bicicletas redunda tamén na saúde cidadá,
Que na actualidade diversas actuacións que se están a dar en Ribadeo poderían facilitar a existencia de carrís bici
Polo que
Solicita que se comece a proxectar e realizar un entramado de carrís bici para o pobo, incluíndo:
conexión do centro urbano coa zona escolar (por exemplo, Avda. Asturias-Avda. Galicia e Rosalía-San Roque-Virxe do Camiño para entroncar coa Deputación-S. Lázaro e Alfredo Deaño respectivamente)
conexión coa piscina (r. Pintor Fierros)
colexio das Monxas (Lazúrtegui)
zonas turísticas (Paseo Rdguez. Castelao e baixadas limítrofes, estrada ó faro, estrada Vilaselán-castro Grobas)
E se potencie de xeito consecuente o préstamo de bicicletas, modelo que estimamos debe ser revisado."...

jueves, 19 de febrero de 2009

Apuntes para un regulamento de participación cidadá

Estando o antigo regulamento de participación cidadá de Ribadeo sen aplicar, e tendo cambiado a lexislación ata o momento, O Tesón deixou esta mañá un documento con diversos puntos acompañado da proposta de regulamento adxunto para ser considerado, proposta que pode ser vista como un primeiro borrador para actual sobre el. (A lembrar que as imaxes pódense ampliar premendo co botón dereito do rato sobre elas)





lunes, 16 de febrero de 2009

16/02/2009 Comunicado de Prensa

Dende a AVV de Veciños O Tesón vemos con preocupación que, dende que se finalizou a autovía ó paso por Ribadeo, foise esquecendo un feito que é importante para a nosa vila: se se ven dende Galicia, é doado pasar de largo sen decatarse que a única saída para Ribadeo está antes do mesmo pobo, mesturada coa indicación de 'porto de Ribadeo' e 'Vegadeo'.
Á polémica xerada en principio por este feito, seguiu un cada vez máis profundo esquecemento do tema. Nin a precampaña electoral, nin os inicios da campaña variaron esta tendencia, só amañable con vontade política. Isto significa que se está a escamotear polo tanto mesmo as promesas da súa solución.
Sabemos que non é o único caso que afecta a infrastructuras de estradas, pois aí está nunha situación parella o entronque entre a circunvalación e a estrada que vertebra toda a zona rural interior do concello. Sen esquecer ieste dato, tamén sabemos o dano que representa para Ribadeo que unha porcentaxe apreciable de xente pase de largo por non ter que dar a volta na autovía unha vez cruzada a ponte.
Así, pedimos ós partidos que a saída para Ribadeo no cruce de Vilaselán teña presencia nos mítines e no futuro. Despois dista petición, polo momento quedamos á espera de que sexa recollido o testigo: estamos dispostos a apoiar a petición, sexa cunha recollida de sinaturas ou mesmo promovendo unha manifestación, dúas posibilidades que cremos que terían éxito. Tamén o estamos para poñernos en posición e enfrontarnos, en caso necesario, para conseguir canto antes algo que cremos moi convinte para Ribadeo.
Ribadeo, a 16 de febreiro de 2009.

lunes, 9 de febrero de 2009

Acta da Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón' 31/01/2009 (borrador)

Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
31/01/2009, Casa do Mar, 12:30h

Antes da xuntanza, reparto de libros “Sobre os Castros de Ribadeo”, ós asistentes.

1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
Dase letura á acta, resultando aprobada por unanimidade.
2.Memoria de actividades ano 2008
Comézase repasando o estado dos temas anteriores, segundo a acta lida.
Dase conta das preguntas que seguen a realizarse para ser contestadas ó remate dos plenos.
Pásase á substitución do estudo e alegacións ó PXOM polos correspondentes ó Plan Sectorial de Vivenda e a postura mantida de benvida á idea dun plan, pero considerando que hai moitas cousas que modificar no mesmo, sendo presentadas alegacións. Consideramos ademáis que a liña de urbanismo/construcción vai seguir dando traballo abondo á asociación no futuro.
En relación coa nave no porto dáse relación das actuacións mantidas dende a última asamblea, como a manifestación ou a recollida de sinaturas, e o resultado ata o momento,, indicando que por informacións verbais non se descarta que no futuro próximo se presente unha nova versión da polémica sobre o futuro do porto.
Sobre o tema dos cortes de luz, relacionouse a protesta do ano pasado contra BEGaSA e o corte debido á tormenta da semana pasada, dando nota das actuacións seguidas e a nota de prensa enviada.
Sobre as relacións co Concello, consideramos que son boas, pero segue sen recibir á Mesa de Asociacións, que se xuntou de xeito independente e se seguirá a xuntar aínda que non sexa convocada polo alcalde. Dase información doutras cousas relacionadas como a última xuntanza do Consello da Muller.
Sobre a Asociación Ponte dos Santos, parece que finalmente deixou de funcionar, pero non se descarta a súa resurección para aproveitar novas subvencións.
En relación ó ruído, dase conta de que se liberou un informe relativo ó ano pasado, estando ademáis ó tanto dos movementos para dotar ó concello dunha nova normativa, e lembrando que xa se presentaron no seu momento alegacións, comentando que non se comprende como despois de abgondo máis de dous anos se retire do orden do día o tema ó non ter tempo de revisalo.
Referenta a homenaxes, avísase dunha consulta que se fará noutro dos puntos da orde do día.
Pancho da nota da participación na comisión de seguemento do Sergas, o que significa (plan 'Queres') e a nosa postura dentro del. Neste momento pregunta E. Díaz sobre o 902, explicándose que hai un número alternativo e que xa se tratou o tema nunha xuntanza co SERGAS.
Dase conta asemande das iniciativas en relación ó RRI do Hospital Asilo, ó que foron presentadas alegacións e a día de hoxe non sabemos as que foron aceptadas a pesares de estar xa aprobado en pleno, e en relación á opacidade administrativa, o ttratamento en relación ó Regulamento de participación cidadá, que xa temos preparado dende hai varios meses pero que non foi presentado para a súa consideración no concello ó ter novas de que a nivel estatal prevese a votación dunha lei que viría a poñer novas normas xerais que poderían deixar atrasada a nosa proposta.
En relación á nova liña eléctrica para alimentar a subestación que se pretende para Ribadeo, damos conta da desinformación actual e tómase como un dos temas dos que a bo seguro se tratará con máis profundidade próximamaente. Por estar relacionado cos campos elećtricos tamén, dase conta de que non se esquece un seguemento da actualidade das antenas de telefonía en Ribadeo, sobre as que esperamos resposta do concello a escritos nosos xa no mandato anterior.
Deixando outros temas menores, dase conta de que se mantén unha política de agasallos ós socios tentando de que sexan ditos agasallos tamén información e alicerce sobre temas que trata a asociación, como neste caso o libro sobre os castros.
A memoria é aprobada por unanimidade.
3.Aprobación balance anual
Preséntanse as contas a 31 de decembro, dando conta dos movementos dende a Asamblea pasada e aclarando que con posterioridade hai xa importante facturas a pagar (libro) e asemade hai que comprobar os recibos devoltos:
Ingresos:
Remanente anterior..................................... 4 442,36
Intereses...................................................... 0,35
Lotería......................................................... 250
Recibo ano anterior..................................... 10
Recibos........................................................ 1 260
Total............................. 5 962,71€
Gastos:
Varios.......................................................... 754,
Tramitación recibos..................................... 115,46
Remanente................................................... 5 093,25
Total............................. 5 962,71€
Apúntase que non entran nos números anteriores todo a superávit da lotería ou o libro, números imputables dentro do ano en curso ó igual que algún recibo devolto, que deberá ser comprobado para dar ou non de baixa.
Apróbanse por unanimidade.
4.Aprobación orzamento anual
Coas salvedades anteriores, e co acordo da asamblea, varíase a orde do día para que queden as análises de contas o máis próximos posibles.
Ingresos:
Remanente......................................................... 5 093,25
Recibos.............................................................. 1 280
Outros................................................................ 300
Total …............................................. 6 673,25€

Gastos:
Comisións.......................................................... 300
Correos.............................................................. 500
Imprenta............................................................ 3 000
Donacións......................................................... 200
Remanente........................................................ 2 673,25
Total.................................................. 6 673,25€
É aprobado por unanimidade.
5.Proposta xeral de actividades 2009
Comézase a proposta deixando claro que a directiva cre prioritario a dinamización dos veciños, a partires dun obxectivo claro da asociación, a mellora de vida dos veciños.
Por elo, tentarase facer actividades que xunten ós asociados e que faciliten o intercambio e a información. É o caso do libro que se comezou a repartir hoxe, e esperamos que ó longo do ano sexa o caso de algunha comida de confraternización, viaxe, charlas, máis publicacións ou a presentación pública do libro.
Asemade, terá lugar unha próxima asamblea na que haberá que renovar cargos, segundo os estatutos,para o que se aproveita para facer un chamamento, debido ademáis a que algún cargo xa deixou as súas funcións e na presente asamblea despídese J.M.Bao como tesoureiro, cargo que aceptara cpor un ano, levando case dous.
A asociación ten previsto seguir cos temas propios que vemos que se van encadeando dun xeito ou outro, como os de tipo urbanístico ou os que tratan sobre o ruído, polo que non prevé, salvo as actuacións sociais, ningúnha folla de ruta especial para tratar temas concretos de antemán.
Prantéxase neste punto a participación da asociación como tal na homenaxe a Calvo Sotelo, parte na que intervén a práctica totalidade dos asistentes, recollendo diversas opinións entre outras:
Se se toma o acordo, libraría do compromiso individual
O concello é o propoñente, que se molle o concello
Hai que ter conta que se vai facer de calquera xeito, garánteo o concello
Non se sabe que se vai facer exactamente a día de hoxe
Débeselle agradecemento a Calvo Sotelo
O agradecemento está grantido
Hai que separar agradecemento do que é unha petición do concello ós veciños, o único que en todo caso 'traizoaríamos' se non respondemos
Os socios presentes somos unha mínima parte do total para tomar unha decisión
Sería posible unha cuestación entre socios enviando un correo?
Que fará cos cartos o concello se sobran?
Despois das moitas intervencións, queda adiada unha resolución sobre o tema. Polo demáis, apróbase a proposta de actividades.
6.Rogos e preguntas
Non hai excepto as xa citadas polo medio dos puntos anteriores.
Remata a sesión sendo as 13:20.

domingo, 1 de febrero de 2009

Acta da asamblea de xullo de 2008 (aprobada en xaneiro de 2009)

Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
12/07/2008, Casa do Mar, 12:30h

Asistencia, 12 socios

1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
Dase letura á acta, resultando aprobada por unanimidade
2.Actividades da asociación e estado de contas
Comézase dando conta das preguntas ó pleno: Sobre a aplicación da lei de dependencia, espazo concedido ás terrazas e acceso ó concello das persoas discapacitadas (marzo); as multas por construcción ilegal e “Ante a nova da licitación de terreo no porto para construír unha nave no peirao de Mirasol, solicitamos coñecer oralmente e por escrito as posturas neste momento de cada un dos grupos sobre a construcción dunha nave das características que se barallan”, polo momento sen atender por escrito (maio); horario da biblioteca e funcionamento/mantemento do ascensor da Atalaia e aspectos económicos (xullo)
Alegacións ó PXOM: graves deficiencias nos datos e os planos, alturas en exceso e indefinición do Ribadeo que queremos, a parte doutras que se poden considerar menores como non declaración de zonas acústicas. José Mª Rodríguez e Antonio fixeron ademáis reseña de diversas cousas consideradas inconvintes no plan. Relacionado co tema, Mahía presentou unha querella contra o concello e iste requeriunos por se queriamos personarnos. Consideramos convinte expresar o apoio, pero non personarnos.
Nave no porto. Segue adiante a burocracia. Campaña en marcha xunto coa Plataforma de defensa da ría; xa realizada mesa informativa e reparto de papeis informativos, domingo petición de sinaturas, en agosto, manifestación.
Cortes de luz: xuntámonos 10 asociacións para facer un escrito, e está en trámite o expediente en industria mentres BeGaSA di que todo vai ben.
Relacións co concello: boas, mellorando, cunha nova dinámica de relación. Estamos sendo invitados a diversos actos (que non facemos en xeral extensivo ós socios por non vir a conto). Facemos un seguemento dos plenos dentro do posible.
Consello sectorial da muller: piden ideas para desenvolver e nomes de mulleres para rúas, así como entrevistas para o boletín.
Ponte dos Santos: tivo lugar o que se pode chamar 'asamblea semifinal'.
Mesa de asociacións: (5/4/2008), con participación de Plataforma, Vilaselán, Rinlo, Obe, a Atalaia e Tesón. Posterior xuntanza co alcalde, con interrupcións no seu desenvolvemento. Esperamos ter sucesivas xuntanzas pŕoximas, con bo futuro.
Outras asociacións: damos por morta a asociación galega contra o ruído. Hai contestación da Cons. Da Presidencia e Xustiza a un escrito sobre actuacións, presentando diversos datos, entre eles que o concello non tramitou ningún expediente sancionador por infracción do horario de peche o ano pasado. Presentado escrito algando contra concesión de licenza municipal ó taller de marmolería en apoio da asociación formada contra o ruído producido por ela.
Outros. Facilitouse o curso de talla de madeira. Comunicación recibida da nova diretiva do PSOE.
Tiñamos pensado promover unha pequena homenaxe a Ana Ferradás, pero adiantouse o Concello.
Altas e baixas. Houbo 1 baixa dende a última xuntanza. A numeración de socios chega a 156, estando de baixa (incluído por defunción) neste momento 28. É dicir, somos 128 socios.
J.M.Bao: Estado de contas ata o 30/6/2008
Entradas:
Exercicio anterior.................................. 2 442,36
Intereses......................................................... ,18
Cobro de recibos debidos............................ 10,00
Total.............................. 4 452,54
Saídas:
Correos........................................................ 57,68
Outros.......................................................... 30,30
Total................................... 87,98
Saldo.....................4 364,56€
3.Informes da directiva
Pídense voluntarios para a directiva, dando conta de que podemos movernos de xeito individual, pero se temos unha asociación é precisamente porque nos movemos con mellores resultados de xeito conxunto.
Intervén José Mª remarcando a futura compra dun armario, e a relación con a Consellería de Industria e Begasa polo tema dos apagóns.
Pancho ten unhas verbas finales de resume da xuntanza.
4.Rogos e preguntas
Pregunta M.Carmen Rodríguez sobre o ascensor da Atalaia, contestanto J.M.Rodríguez.
Asemade, fai un apunte sobre a ocupación da beirarúa polos coches.
Embarúllase un pouco a participación, falando dos olores nalgunhas alcantarillas, do calexón entre a fonte vella e a rúa peonil e outros.
José Mª Fai un novo alegato á participación.
Remata a sesión sendo as 13h e 20 minutos

sábado, 31 de enero de 2009

Convocatoria de Asamblea

Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón', que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 31 de xaneiro de 2009, sábado, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou ás 12:30 na segunda, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.

  2. Memoria de actividades ano 2008

  3. Aprobación balance anual

  4. Proposta xeral de actividades 2009

  5. Aprobación orzamento anual

  6. Rogos e preguntas

En Ribadeo, a 17 de xaneiro de 2007

lunes, 26 de enero de 2009

Nota de prensa sobre o corte de electricidade

Nota de prensa
AVV O Tesón

Despois do temporal da noite de vernres a sábado, Ribadeo sumiuse na obscuridade. Case corenta horas despois retornou a enerxía eléctrica e, salvo pequenos cortes ó longo da tarde do domingo, permitiu achegarse pouco a pouco á normalidade.
A destrucción causada polo temporal en Ribadeo foi grande, pero os efectos económicos da falta prolongada de subministro elećtrico non foron menores ós do temporal. Agora cabe esperar que a compañía de subministro eléctrico se faga cargo de gastos xerados pola falta de enerxía: empresas que non poideron abrir ou o fixeron con deficiencias, gandeirías compartindo xeradores por turnos para poder muxir, aínda que non se poidera conservar e se perdera despois o leite ou conxeladores desconxelándose son algunhas das formas nas que se notou a falla da electricidade, nun retorno de máis dun día ó século XIX sen estar preparados para elo.
Por que a resposabilidade da compañía? Xa o ano pasado O Tesón e outras asociacións de veciños tentaron de que as autoridades fixeran cumprir coas súas obrigas ós subministradores eléctricos, quenes responderon que xa as cumprían, sen outra acción por parte das autoridades. O certo é que despois da protesta a racha de cortes de luz que viña sufrindo Ribadeo diminuiu. Neste caso, hai que considerar que a falta de corrente, unha volta que pasou o temporal, debe achacarse a dous factores. Un son os propios destrozos que de xeito aleatorio causou o tempo. Outro, o estado de mantemento e a resposta da compañía.
Dificilmente se poderá evitar que unha torre sexa tirada polo vento, pero pode asegurarse que a torre foi colocada como é debido, usando os materiais asemade debidamente especificados, cun anclaxe abondo e mantida en bó estado. E non se poderá evitar que unha árbore caiga e tire abaixo un tramo de tendido eléctrico. Pero si está nas mans de quen administra as liñas o poñer as circunstancias para evitar que unha árbore poda caer sobre delas. E tamén está nas mans o dispoñer dunha estrutura que permita unha resposta rápida. Puxéronse os medios? Poucos días despois da entrega de sinaturas por parte de veciños para saber algo sobre unha nova liña de alta tensión sobre a que a estas alturas aínda non se sabe máis que a vai haber, parece que non. Logo hai responsabilidade.

lunes, 19 de enero de 2009

Preguntas ó pleno - xaneiro de 2009

Esperando que sexan respondidas no pleno de hoxe, a pasada semana entregouse no concello un documento no que foron propostas as seguintes preguntas:
1. Despois de ter pedido a tódolos grupos do consistorio a creación dun Regulamento de Participación Cidadá, algo que o propio BNG está a pedir en lugares onde non goberna, solicitamos coñecer se o goberno municipal está levando a cabo ou ten pensado desenvoltar algunha iniciativa neste sentido.
2. Ante o parón observado na execución das obras do xardín de Sela e do parque de Santa María, no que falta por rematar a fonte e algunhas islas de céspede, solicitamos coñecer que xestións están a facerse para a súa finalización e uso.
3. O parque de Santa María vénse usando para instalar nel ó longo do ano diversas carpas co trastorno e molestia para os viciños usuarios e o dano para os xardíns que recentemente estiveron en obras. Ténse pensado de cara o futuro algún xeito de evitar os trastornos que causa a instalación das carpas e/ou o estudo dun lugar alternativo?
4. Ante o conflito xurdido no mercado os mércores, e o espazo con que contan os feirantes, ténse pensado en solucións de espazo alternativo, como podería ser a rúa peonil recén feita ou zona do matadoiro que a Xunta pretende edificar, e os seus pros e contras para iste fin?
En Ribadeo, a 7 de xaneiro de 2009.

viernes, 16 de enero de 2009

Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008

Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008

Introducción
Seguindo un camiño comezado no ano 2006 (ver http://ruido.pbwiki.com/Informe-ruído-2006), cun informe que a día hoxe segue a ter plena validez, este ano vóltase a confeccionar un documento curto pero rigoroso, contrastable, sobre o que foi a evolución da contaminación acústica en Ribadeo o pasado 2008.

A modo de síntese
Sirva como resume que o día 1 de xaneiro de 2009 perto do mediodía, nalgunha zona os villancicos navideños tentaban competir de xeito infrutuoso coa música dos locais de copas e o ruído da xente que saía deles. E, nalgún local cerrado mesmo con verxa, continuou a música dentro (pero audible fóra) ata horas despois.
No contexto nacional, cabe a cita “A pesar de que ao redor dun cincuenta por cento dos españois sofre molestias de ruído ambiental en súas casas e máis dun 17% recoñece haber visto afectada a súa actividade por esta razón, non se propoñen tomar medidas para reducilo.” (Conclusións do Estudo Anual sobre os Efectos do Ruído Ambiental na Sociedade e a súa percepción por parte da cidadanía, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación. Madrid, abril 2008)
... É dicir, o resume de novidades é que non hai novidades.

Botellón
Seguen sen producirse grandes botellóns e continúan os pequenos, illados e que logo soen rematar confluíndo cos locais de copas.

Hostalería nouturna
O funcionamento non parece ter variado de xeito apreciable dende hai anos. A produción de ruído polos locais estaría dentro das técnicas de mercado.
A crise económica fai estragos e diminúe a cantidade de xente nas noites dos sábados, pero a promoción da noite dos venres foi contínua ó longo do ano.
Segue sen ser concebida como tal a responsabilidade normativa dos locais pola actuación da xente ó entrar e saír.
Continúan os incumprimentos á hora de manter pechadas as dobres portas.
Aínda se arrastran deficiencias na aplicación da normativa sobor a adecuación dos locais (o concello elaborou hai anos un listado de deficiencias dos locais, secreto ata o momento)

A industria e o comercio
Había en Ribadeo en anos anteriores unha industria produtora de ruídos xunto con outras molestias. Despois de sentencia xudicial, no tocante ó ruído o problema amorteceuse grandemente, se ben aínda segue sen estar totalmente solventado.
Hai asemade, novos focos, nos que o concello parece inhibirse polo momento, como o caso dun local comercial inaugurado no 2008.

Os ruídos varios
Segue a haber villancicos máis de 10 horas diarias no Nadal (mesmo en días e horas nos que o comercio está cerrado) sen control.
Ó longo do ano fóise confirmando unha tendencia de anos anteriores: rara foi a semana na que un coche con altofalantes non facía recorridos con anuncios diversos, mesmo a conta do concello.
Este ano penalizouse xudicialmente a algún concello por ruído producido ó recoller o lixo. En Ribadeo, o facer prantexamentos polo estilo aínda cadra moi lonxe.

As institucións e o ruído
Séguese sen dar (nin pedir) aumento de horario para os locais nouturnos no verán. Non consta tampouco que fora pedido nas festas, nas que si foi efectivo, despois de ter xustificada a oposición veciñal xa hai un par de anos.
Que se saiba, tampouco se deu ningún paso para a vixiancia sistemática de horarios ou mantemento sen uso da dobre porta. Así, os incumprimentos están á orde do día. Por exemplo, se un establecemento ten que comezar a desaloxar ás 4:30, e pechar completamente ás 5:00, entre esas horas segue a funcionar a música e a entrar xente nel sen que sexa tomada medida algunha para aplicar a lei, actuando na práctica como se dun vacío legal se tratara. Asemade, parece que os grupos que se recollen ó mencer non estiveran en ningures ata esa hora.
Hai permisividade en relación cos permisos concedidos ou a aplicación dos sistemas de sancións, tanto en Ribadeo como a nivel provincial.
O horario de servizo da Policía Local segue sen cubrir, as noites que hai patrulla, o horario de apertura dos locais.
O concello segue sen ter declarada ningunha zona acústicamente saturada a pesares das peticións mantidas polos viciños.
A contaminación acústica segue a rexirse por unha 'normativa tipo', sen ser substituída aínda por unha regulamentación revisada e apropiada.
Segue sen haber resposta do concello a numerosos escritos e denuncias, así como falta información sobre as actuacións do concello.

Nos xulgados
Séguese a arrastrar de anos anteriores a solución ó primeiro xuízo por ruídos en Ribadeo, co pago mensual dunha exigua cota pero sen solucionar o problema.
O concello foi condenado a subministrar información sobre o estado de diversas denuncias, das que algunhas non foron tramitadas.
Asemade, o concello recibiu outra condena para retirar a música dun local que estaba usándoa despois dun proceso de concesión de licenza nada claro.
Ás anteriores súmase a condena por o ruído dunha instalación industrial, como xa foi tamén dito.

Cara ó futuro: algunha consideración
Dada a dirección que marcan os tempos (e diversas sentencias xudiciais), é de esperar unha maior transparencia, colaboración cos veciños e avance na aplicación da normativa.
É de esperar que tarde ou cedo o concello faga un mapa sonoro realista e unha análise da contaminación acústica, xunto co deseño definitivo da normativa e a declaración de zonas acústicamente contaminadas, axustando a vixiancia do ruído dun xeito metódico.
Ademáis, serían desexables accións de formación tendentes a evitar a producción de ruídos e a comprensión dos efectos do ruído: demostracións de sonometrías, exposicións das molestias do ruído, etc.

Ribadeo, Xaneiro de 2009

miércoles, 14 de enero de 2009

Nota de prensa - Plan Sectorial Galego de Solo Residencial en Ribadeo

AVV O Tesón
Nota de Prensa
Plan Sectorial Galego de Solo Residencial en Ribadeo

A Directiva da AVV O Tesón, en relación coa aplicación en Ribadeo do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial e as modificacións a contemplar no futuro, considera que, entre outros puntos, o Plan debe recoller:
a) o respecto á propiedade. Non se pode pensar en facer a imposición dunha expropiación xa de principio, comentando que se non se vende, exprópiase. E resulta curioso que se pretenda pola administración unha transferencia de solo moi particular: dende os actuais propietarios, solo privado, que xa se adiantou que pode ser expropiado para que pase a ser público, e logo, a unha empresa privada para o seu desenvolvemento a instancias públicas.
b) a necesidade de consenso social. O plan non foi consensuado. Non se contou para nada co pobo, e pola análise da documentación, diríase que tampouco co entorno e o espazo dispoñible. Un plan para Ribadeo non se pode facer dende unha oficina non se sabe ben onde.
c) a revisión da estrutura final para asegurar servizos (como por exemplo unha entrada adecuada) ás zonas previstas. Polo momento, non se di en ningún sitio como se pretende solucionar o tema.
d) a necesidade dunha tipoloxía de vivenda acorde co entorno. O plan non fala moito diso. Non fala nada. Que vivendas se pretenden como tipo? Que adaptación van ter ó entorno onde se prentede instalalas? Temos visto en moitas ocasións que tal adaptación sinxelamente non existe.
e) a salvedade previa a calquera xestión, de que hai que paliar un descoñecemento do tema na poboación. Desinformación? Non, nin iso, sinxelamente, unha volta máis por parte da administración, a falta total de información. Baste como exemplo da mesma que o documento base do plan nestes momentos, en internet, deixa acceder a 50 páxinas de presentación para a área funcional de Ribadeo e só un a plano/foto aérea na que é cando menos difícil poder ver os límites que se pretenden do chan afectado. Pola vila circulan rumores de todo tipo sobre o que afecta e o que non, as modificacións que xa tivo dende a súa 'presentación', os permisos que agora se concederían e os que non se concederon no pasado (mesmo con sentencias xudiciais enfrontadas á concesión de licenzas)
f) que queremos o noso tipo de vila, non o que nos impoñan. De novo vense no plan unha tipoloxía de defectos que se apreciou xa na exposición pública do PXOM, como a falta de definición de futuro, a inflacción de literatura de situación e superflua a efectos práticos ou a falta de seriedade nos propios plantexamentos.

domingo, 4 de enero de 2009

Reunión coa Federación de AA.VV. Lugo para Temas Sanitarios

Foron convocados en Lugo a esta reunión, como representación da Mariña:
Manuel Maseda da AA.VV. barrio de Forxán de Foz
Carlos Saa de Burela
Pancho Campos por “O Tesón” de Ribadeo
Foron recibidos na Federación de AA.VV. Lugo c/ Luis Ameijide, 10 Entr. (Lugo) por Jesús Vazquez Varela Presidente da Asoc.Ve.Comer. da Milagrosa e por José Manuel Carballo da AA.VV. Porta de Lugo. Sagrado Corazón
Había outros representantes de AA. VV. diversas no acto de presentación informal solo para toma de contacto entre nos, para coñecernos e poñer sobre da mesa, as primeiras directrices para empezar a navegar xuntos en temas do SERGAS que nos competen en común. Falouse de:
1) Tratar de unificar criterios nos temas sanitarios.
2) Crear un punto de encontro (teléfono de aviso, web, outros) Sobre deste punto non se quedou en nada en concreto. Houbo intercambio de correos electrónicos e difundiuse o enderezo http://ciudadanodelugo.blogspot.com (onde se pode ver xa acta da xuntanza e comparar co que aquí se pon), así como o correo de ciudadanodelugo.
3) Propoñer de que antes de que o SERGAS faga unha convocatoria, ter algún coñecemento previo dos temas que se van a tratar para telos preparados de antemán nas asociacións, e non chegar as charlas sen saber que dicir. Intentar que as propostas das AA.VV. que se leven por escrito a estas reunións, se axunten a Acta da Reunión, para que así poida constar o proposto meses mais tarde, e poder esixir a execución de algún incumprimento. Así, ademais de constatar de que a activa Participación Cidadán se fai realmente, tamén é con obxecto de recordar cada volta que o movemento veciñal está aí sempre, e que a representación dos axentes do SERGAS cambia cada catro anos. Cousa que non debe de esquecerselles.
4) José Manuel Carballo falou da necesidade de paralizar a iniciativa da Xunta sobre da Empresa de Xestión GALARIA que se vai a dedicar a “explotación” dos centros sanitarios. Esta empresa si non se pon remedio, vai xestionar nada menos que 1.316 millóns de €. Esta Empresa tamén é a que xestiona o do número 902 (ver explicacións en http://ciudadanodelugo.blogspot.com e no artigo publicado El Pais)
Faláronse outros temas máis polo xeral, como:
a) as listas de espera nas diferentes especialidades.
b) ¿Qué criterios se seguen para asignar o número de camas que lle corresponde a cada Hospital de Galicia, posto que se ven grandes diferenzas, por exemplo: entre o Hospital de Ferrol 3,4 camas por cada mil habitantes mentres que no Hospital da Costa está en 1,8 camas por cada mil habitantes ¿por qué?
c) Ausentismo nos postos de traballo. Parece ser que o ano pasado faltaron 16 enfermeiros diarios durante todo o ano por ¿baixa médica? naide sabe exactamente porqué.
De cara a próximas xuntanzas, queda indagar que deficiencias temos en Ribadeo, estrutura e servizos do Sergas, estando ó tanto de particularidades como poden ser as probas citolóxicas para a vacina das nenas (pois parece haber chanchullo nalgúns lugares co prezo (2,9€)

Cita previa do Sergas

Na polémica sobre os 902 do Sergas para pedir cita, recollemos unha entrada de cidadáns de Lugo.