Nota de
prensa
Xuntanza
de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía
Ribadeo,
20140801
A última hora do venres
1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a
xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde,
acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
A xuntanza, que durou
preto de dúas horas, fora preparada por seis das asociacións
participantes o pasado sábado, acordando presentar a serie de temas
que foron tratados.
O ambiente foi tranquilo,
de confianza e colaboración, sempre tendo en conta que é no día a
día no que se poden amañar as cousas, sendo o intercambio de ideas
e pareceres o xerme para ese traballo diario, para o que non soe
haber solucións milagreiras.
O primeiro tema tratado
foi o regulamento de participación cidadá, posto enriba da mesa
polas asociacións hai máis de media década e do que houbo un
proxecto que tivo aprobación inicial do pleno, pero non chegou á
aprobación definitiva polas alegacións presentadas. De novo
brindouse o apoio asociativo para facer un documento que se considera
moi importante para a calidade democrática dun concello, pasando
dunha relación fluída que depende das circunstancias a algo cunha
base normativa. Nese sentido, o alcalde apuntou que o tema podería
tratarse de novo no próximo pleno ordinario, se ben sen ser un
compromiso. Si apuntou que daríase difusión ás convocatorias dos
plenos na procura de que os veciños teñan un mínimo de información
sobre a xestión dos asuntos do concello que neles se trata.
Asemade, e mentres non hai novidades no regulamento, ó final da
xuntanza quedouse en que o primeiro fin de semana de setembro teríase
outra para tratar os temas que daquela se estimen.
Pasouse logo a outro
conxunto de temas relacionado coa construción, dende a terraza con
baseamento de formigón no xardín ata o tratamento das licenzas de
obra, pasando pola construción da residencia, cos problemas cos
acuíferos e depósito de materiais en Sta. Cruz. Sendo temas ben
diferentes, e polo tanto, con solucións diferentes, pediuse en
conxunto unha maior atención, e dalgún xeito, coordinación entre
alcaldía, gabinete técnico e policía local. O conxunto foi
rematado lembrando que varios colectivos teñen presentado alegacións
contra o PEPRICH. Respecto a este último, o alcalde indicou que ó
rematar o prazo de alegacións particulares pasarían a un estudo das
mesmas, indicando os representantes societarios que quizais fora boa
idea comezar de novo e facer as cousas ben dende o inicio, dado os
múltiples erros que se estiman.
O verquido producido no
CAVI e as súas consecuencias foi tratado, tendo en conta que o
centro de alimentación de vacuno irmandiños (CAVI) está en
Barreiros, non en Ribadeo, pero as augas verquen cara ó encoro de
Lexoso, que contribúe á rede pública ribadense. Apúntase que xa
hai varios anos que foron denunciados verquidos, e que en datas
parellas ás últimas denuncias, apareceron peixes mortos no pequeno
encoro que hai no río grande en Cedofeita, o que se ben non parece
ter relación con dito verquido, tampouco é a primeira vez que
ocorre. Tamén foi tratado un problema menor de medio ambiente, o
cheiro dos contedores en particular nalgúns lugares das parroquias.
Denunciouse que a estrada
da Deputación á entrada de Ribadeo necesita un bo repaso, xunto coa
nivelación de arquetas na mesma á beira do Colexio Público.
Sendo os anteriores os
temas tratados na xuntanza previa da Mesa de Asociacións,
abordáronse outros, como o estado do tema dos xulgados, tanto de
Mondoñedo como da hipotética volta a Ribadeo, en relación coa
aparición do alcalde na prensa hai non moito tempo, o estado da rede
de abastecemento de auga, necesitada dunha renovación integral, ou
da relación entre Ribadeo e a Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario