![]() |
| Vista parcial nun momento da presentación |
martes, 23 de julio de 2013
Presentación do cartaz 'ría de Ribadeo'
Onte foi a presentación, no local de asociacións da rua dos Fornos, do cartaz 'ría de Ribadeo', a última (polo momento) publicación da AVV O Tesón.
Deixo a ligazón ó ficheiro de presentación que colguei en internet.
Falamos Pancho Campos, que fixo un repaso de feitos históricos e actuais
en relación á ría, e eu, que pedín un paréntese de lembranza nos datos
recibidos de Pancho e tentei de amosar sentimentos en relación á ría e o
por que da publicación. Por un 'fallo técnico' non tivemos proxector de
diapositivas, co que a presentación preparada quedou só como un mero
apoio. De calquera xeito, coido que é doado de ver como foi este segundo
apartado pola copia da pequena presentación informática que remato de colgar en internet.
lunes, 15 de julio de 2013
Nota de prensa: presentación de 'ría de Ribadeo'
AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ribadeo, 20130714
A
AVV O Tesón ten rematada xa unha nova actividade cultural. O próximo
luns 22 de xullo, ás 20:00 no Local de Asociacións do Lavadoiro
da Rúa dos Fornos de Ribadeo será presentado o documento 'Ria de
Ribadeo'.
Cada
unidade de 'Ría de Ribadeo' consiste nun cartaz coa reprodución de
10 cartas e planos da ría, xunto cunha introdución e dous
documentos anexos.
As
cartas levan datas dende mediados do século XIX (cando comeza a
maior expansión da actividade portuaria de Ribadeo) en diante, ata a
construción do ferrocarril de Vilaodriz. Son reproducidas en formato
A3 en papel nobre, levando por tras unha trascrición (completa ou
parcial, segundo o caso) dos datos que aparecen como definitorios da
carta. Mesmo nun caso aparece transcrita unha relación das
indicacións de 150 puntos marcados na carta que, por seren con letra
antiga, non son doados de interpretar.
Xunto
coas cartas, preséntase un texto introdutorio en formato A4 e
reproducido castelán, francés e inglés, a máis de en galego.
Acompaña a este texto a reprodución de dous documentos máis: o
“Informe sobre la decisión adoptada por la Comisión Especializada
de Nombres Geográficos, del Consejo Superior Geográfico, con
relación al topónimo 'Ría de Ribadeo'”, e máis o texto
no BOE do R.D. 591/2002, polo que se concede o título de 'Marqués
de la ría de Ribadeo' a Calvo-Sotelo.
A
tirada é de 250 exemplares. As unidades distribuiranse a 10 € para
os socios na mesma presentación, e a partir do luns, calquera poderá
recollelas nas librerías a cambio de 15 €.
Notas:
![]() |
| Un dos mapas reproducidos, de 1787 |
sábado, 29 de junio de 2013
Nota de prensa sobre o nome da ría de Ribadeo
AVV O Tesón
20130629
Nota de
prensa
Dende a
directiva da AVV O Tesón queremos facer unha reflexión con calma e
perspectiva sobre os movementos que teñen tido lugar a pasada semana
en relación ó nome da ría.
En
primeiro lugar, dende a asociación, quedamos desconcertados coas
primeiras novas que falaban en termos absolutos de que un partido, o
PSOE, presentara unha iniciativa para o cambio de nome da ría de
Ribadeo. Nela, aceptando o nome histórico a reganadentes, o
importante era sinxelamente a vontade do cambio de nome, e non a súa
xustificación.
Despois
de facernos unha idea da situación, puxémonos en contacto co PSOE
local que veu a asegurarnos no que xa críamos: o que resultou ser
oficialmente unha proposición non de lei sobre o selo conmemorativo
onde unha aprezación sobre o mesmo daba pé a potenciar o cambio de
nome foi impulsado de xeito unilateral por tres diputados asturianos
do grupo socialista no Congreso. Cando contactamos co representante
local da agrupación, xa se puxera en marcha a resposta, tanto a
nivel de difusión da postura da agrupación local nos medios como en
relación ós mecanismos internos do partido.
Así
foi como o mesmo 26 de xuño, un escrito de José Blanco á portavoz
socialista no Congreso derivou na retirada da proposición.
Dende a
directiva da asociación, recollemos o sentir que nos fixeron chegar
diversos asociados, agradecendo á agrupación local do PSOE a sua
rápida e eficaz resposta para evitar unha polémica sobre un tema xa
resolto pola Comisión Especializada de Nomes Xeográficos do
Consello Superior Xeográfico (como di o escrito citado), ó tempo
que estimamos que se poden sacar varias conclusións de todo este
asunto. A primeira, que un pobo unido no consenso pode conseguir
cousas ó tempo que a xente que ocupa postos de responsabilidade se
sinte máis apoiada: saben que teñen o pobo detrás.
Ribadeo,
a 29 de xuño
lunes, 24 de junio de 2013
Nota de prensa da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo
Nota de prensa
Mesa de asociacións do
concello de Ribadeo
20130621
Representantes
de varias entidades reuníronse o pasado venres no ribadense local do
lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
-En
primeiro lugar, como introducción ós puntos a tratar, pasouse
revista ó feito na xuntanza anterior.
-Pasouse
logo á participación das asociacións na xestión da Reserva da
Biosfera, onde se analizou diversa documentación e se viu que na
actualidade a Reserva da Biosfera está na fase de alegacións ó
plan por parte dos concellos integrantes, algo que se podía facer
extensivo a todo o mundo, asociacións incluídas, tendo en conta que
xa na xuntanza anterior saíra á palestra o aínda inexistente plan
de ordeación de recursos naturais da ría (PORNA). Acordouse pedir ó
alcalde os datos da normativa de participación.
-En
relación á adhesión ó escrito da plataforma da área sanitaria da
Mariña, acordouse a adhesión. En relación ó tema sanitario,
falouse tamén do Centro de Saúde de Ribadeo, no que hai oito prazas
de medicina xeral e 4 de urxencias. Non obstante,hai un médico de
medicina xeral de baixa sen substituír hai un ano, co correspondente
reparto de pacientes entre os outros e lento trasvase de cartillas a
outros médicos, o que indica un desdeixamento da praza e unha
posible supresión no futuro, na liña de deterioramento da sanidade
pública. Quedouse en facer un escrito denunciando o feito e apoiando
a que o servizo prestado en Ribadeo sexan as oito prazas acordadas.
-En
relación ó nome da ría, a AVV O Tesón manifestou estar a facer
unha publicación que espera ter lista este verán.
-Pasouse
logo á participación cidadá, onde se acordou retomar o tema,
tomando como punto de partida a documentación xa xerada pola mesa
hai varios anos, de cara a unha nova proposta na próxima xuntanza,
que será celebrada a comezos do outono.
Xa fóra
da orde do día, falouse do pouco uso que está a ter a ordeanza de
medio ambiente e das consecuencias dalgunha política seguida no
concello e relaciondaco anterior, como o pacto de boa vontade para os
depósitos previos ós permisos, e a obtención de permisos, para a
saca de madeira, que a pesares das dificultades para a obtención de
datos en relación a outros concellos, sábese que non funciona.
lunes, 27 de mayo de 2013
Nota de prensa da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo (20130524)
Nota de prensa
Mesa de asociacións do concello de Ribadeo
20130524
Representantes
de sete entidades (as asociacións de veciños de Remourelle, Rinlo,
Santalla, Vilela, a Plataforma de defensa da ria de Ribadeo e a
convocante AVV O Tesón, máis un representante da coordinadora pro
residencia) reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro
dos fornos con varios puntos na orde do día.
En
primeiro lugar, fíxose un breve resume da historia da mesa de
asociacións, que tivo a última xuntanza en outubro do 2010 para tratar
do regulamento de participación cidadá. A partires daquel momento, e
dado que foron as asociacións as que puxeron en marcha o grupo pro
residencia en Ribadeo, a mesa non se voltou reunir para non interferir.
Con anterioridade, a historia da mesa recolle a desconsideración dos
alcaldes, reacios a ter interlocutores diferentes que os encadrados en
partidos políticos, na liña de non considerar a implicación dos veciños na vida pública do concello.
Na xuntanza tratáronse diversos temas, en particular
-
O estado actual do regulamento de participación cidadá, que non variou
dende a última xuntanza da Mesa, e no que foi exposta a experiencia de
Allariz, con plenos radiados ou preguntas de viva voz no pleno por parte
dos veciños.
-
A área médica da mariña, punto no que se acordou distribuír o manifesto
para expresar a adhesión, e ter listo para a próxima xuntanza un
informe, incluíndo o estado da cuestión nos temas da concentración, e as
restriccións, tanto en atención primaria como en hospitalaria.
- A polémica sobre o nome da ría, tema sobre o que houbo unanimidade no apoio ó nome legal e no que xurdiron algunhas propostas.
-
A integración na xestión da reserva da biosfera, tratada recentemente
nos medios como unha necesidade para seguir desfrutando de axudas, pero
sen vislumbrar unha querencia por unha participación real por parte das
autoridades que están a levar o tema, acordando facer un escrito.
Asemade,
tocáronse outros temas dos que se viu o interese e se decidiu manter
por diversas razóns nun segundo plano, como o xulgado ribadense, o uso
de herbicidas en autovías, estradas ou mesmo por parte de empregados
municipais, ou o mesmo mantemento do local de asociacións, que foi
necesario limpar e ordear en parte para comezar a xuntanza.
Conscientes
da necesidade de reorganización da mesa, así como da conveniencia de aumentar a representación,
mesmo da procura dos teléfonos ou correos electrónicos para contactar algunhas novas
directivas de asociacións, os reunidos acordaron voltar a xuntarse o día
21 de xuño ás 21 horas no mesmo lugar, o lavadoiro da rúa dos Fornos.
martes, 26 de febrero de 2013
Hoxe cumbrimos 10 anos
Hai dez anos, o 26 de febreiro de 2003, mantíñase a primeira
xuntanza, da que saiu a Acta Fundacional da AVV O Tesón. Foi no Cantón
Bar, comezando ás 20:00 e participando Concepción Redondo Lastra, Pedro
Monteserín Díaz, Gilberto Suárez Méndez, Antonio Gregorio Montes, Pedro
Moreda Marful, Mª Aurelia Rodriguez Rey e Amadeo Arango Moreno. Nela
quedaron claron os fins da asociación, dentro dos estatutos aprobados na
mesma xuntanza:
a)contribuír á resolución dos problemas que xurdan e mellorar a convivencia dos veciós do concello
b)cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns do vecindario
c)A asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.
Asemade, foron designados de xeito provisional:
Presidente, Antonio Gregorio Montes
Secretario, Pedro Moreda Marful
Tesoureiro, Gilberto Suárez Méndez
Máis tarde, despois das xestións realizadas por Gilberto, o 8 de abril faríase a inscrición provisional no Rexistro Provincial de Asociacións co nº 2003/006278-1 (LU)
a)contribuír á resolución dos problemas que xurdan e mellorar a convivencia dos veciós do concello
b)cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns do vecindario
c)A asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.
Asemade, foron designados de xeito provisional:
Presidente, Antonio Gregorio Montes
Secretario, Pedro Moreda Marful
Tesoureiro, Gilberto Suárez Méndez
Máis tarde, despois das xestións realizadas por Gilberto, o 8 de abril faríase a inscrición provisional no Rexistro Provincial de Asociacións co nº 2003/006278-1 (LU)
domingo, 3 de febrero de 2013
Acta (provisional, sen ter sido aprobada) da asamblea de o Tesón - 20130202
Asamblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Lavadoiro rúa dos fornos,
20130202, 20:00, con asistencia de 8 socios.
1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior
Dáse
lectura e é aprobada por unanimidade.
2.Presentación,
e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
En
resume:
A continuación, preséntase a memoria de actividades, destacando, a máis do xa dito na asamblea semestral da que se remata de aprobar a acta:
A continuación, preséntase a memoria de actividades, destacando, a máis do xa dito na asamblea semestral da que se remata de aprobar a acta:
A
Felicitación de Nadal foi feita como un un resumo tanto da
actividade recente como da próxima.
Seguimos
sen ter regulamento de participación cidadá, nin polo momento está
previsto para un tempo próximo, polo que movímonos e seguiremos
movéndonos nese sentido.
Fíxose,
dentro das nosas posibilidades, seguemento de diversas actividades do
concello.
Apúntase
que, debido ó soporífero dos plenos e o perfil das respostas, que
se dan ó final (e non sempre), non se seguiu a preguntar de xeito
continuado, se ben si se fixo preguntas nalgún pleno
Sobre
a Residencia, informa José Mª dun xeito máis amplo.
Polo
momento, non se reactivou a mesa de asociacións.
Representantes
da asociación asistiron a diversos actos de varias entidades, como
por exemplo, para facer o seguemento da área de saúde, do que da
informe Pancho Campos.
Fálase
da situación actual da loita por ter o Xulgado, así como das
vidrieiras e do nome da ría, que deu lugar a diversas actuacións
puntuais e a unha publicación que será comentada despois.
Seguimos
sen sé, e por elo, por exemplo, non podemos atender de xeito
corrente ós socios e contribúe a que suframos unha falta de
contacto. Este tema podería ser amañado en breve.
En
canto a actividades sociais, coméntase a viaxe a Mondoñedo,
actuando José Mª como guía, resultou moi ben, levando este ano un
bus por primeira vez neste tipo de viaxes da asociación.
Coméntase
o éxito comedido do 2º ciclo de cineclub, que levou por título
'novelando a presión social'.
As
memorias foron aprobadas por unanimidade.
3.Presentación
de orzamento e programa de actividades
Entendendo que a retirada de fondos se refire a fondos de reserva, e esperando que as comisións bancarias podan estar por debaixo dos 100 euros presupostados.
No
desenvolvemento da memoria xa se anunciaron diversos puntos que terán
continuidade. En liñas xerais, preténdese continuar con actuacións
que se veñen mantendo.
Farase
un libro con cartas sobre a ría de Ribadeo, que será presentado o
16 de marzo, anuncio que se fai para non ter que enviar as cartas
correspondentes ós socios, polo que sairá só nos medios. Na
presentación falarase doutros temas relacionados, como unha carta da
universidade de Oviedo. Asemade, axústase que podería ser seguido
máis adiante por outras publicacións, como sobre as aves da ría ou
sobre a rota do ferrocarril.
A
viaxe social deste ano prantéxase ó Castro de Coaña, máis aínda
está sen rematar de decidir, sendo outras opcións unha viaxe a
Viveiro ou á zona de Caaveiro e Monfero, como apunta José Mª.
Asemade,
estase a pensar para un paseo co bo tempo en facer a Ruta dos castros
costeiros (Louselas, Grobas, Fornelos), e a ruta do ferrocarril.
Ambas necesitan de algo máis de investigación para a súa proposta
defoinitiva.
Xunto
co anterior, e os temas aínda no tinteiro dende hai tempo, tentarase
facer cargo dos novos temas que vaian xurdindo.
A
programación foi aprobada por unanimidade.
4.Rogos
e preguntas
Non
houbo, a parte de varias intervencións en puntos anteriores.
Ás
20:45 dase por concluída a Asamblea, avisando que mañá a acta
provisional estará no blog de O Tesón,
http://o-teson.blogspot.com.es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



