Nota
de prensa
20150929
A AVV O
Tesón de Ribadeo ten establecida como actividade anual unha viaxe
social aberta. Iso significa que a viaxe está pensada para
fortalecer a unión entre os socios desenvolvendo os obxectivos
sociais, e tamén pretende achegar a asociación e o conxunto da
sociedade que na que está inmersa.
No
presente ano 2015, está previsto que a viaxe se desenvolva polas
terras próximas de Burela e San Cibrao, o próximo sábado 10 de
outubro. A saída será ás 10 da mañá da praza do mercado de
Ribadeo, e ten previsto artellar o día arredor de dúas visitas
principais, en Burela e en S. Cibrao, o barco-museo e o Museo
Provincial do Mar.
As dúas
visitas complementaranse con outras, como a subida ó Monte Castelo
para abranguer o arco de costa entre a balsa de lodos de Alcoa e
Tapia. Asemade, está previsto comer de xeito conxunto, falando de
temas diversos como preparación da asemblea da asociación, que terá
lugar o mes próximo.
O custe
da viaxe será de 8€ para socios e 12€ para non socios, en ambos
casos comida aparte. Para máis información e inscricións, nos tf.
629806592, 617597062, 663749442 ou 696200678 ou con calquera membro
da directiva.
O mesmo
10 de outubro de 2015, sábado, ás 20:00 horas en segunda
convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente
non se fará por falta de quorum) tódolos socios de O Tesón están
convocados á asemblea xeral ordinaria que terá lugar no local do
lavadoiro (rua dos Fornos). Os puntos previstos na orde do día son:
1.Lectura
e aprobación se procede, da acta anterior
2.Memoria
de actividades e balance económico do ano ata o presente
3.Próximas
actividades e previsións de ingresos e gastos
4.Rogos
e preguntas
Ademais,
os socios terán unha participación da lotería de Nadal da
asociación (nº 69936). Hai tamén participacións para a súa
compra nos lugares habituais, Mercería Torviso, Foto Miguel, Estanco
Pepita da Carrilla e Sargadelos/Xeito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario